Dende o traballo coa contorna ata o coñecemento de persoas, clubes, empresas e organizacións ligadas co deporte da nosa zona
OUTUBRO
Igual que en anos anteriores o noso alumnado puido coñecer o deporte da orientacion, excelente mezcla de resistencia, sentido da orientación e contacto coa natureza. Este ano tocoulle ao alumnado de 2º da ESO.
NOVEMBRO
Viveiro é unha vila que atrae moitos campionatos nacionais de distintas categorías e deportes, así como pretemporadas. Seguramente sexa polas condicións climatolóxicas, polo acceso ás instalacións e, en xeral, polas facilidades que se deben de dar dende o Concello. Así pois, estamos, como non, ante un entorno activo.
Este ano tocounos poder disfrutar dunha fase previa do campionato de España de fútbol sala masculino sub-19 e sub-16. Ao alumnado encantoulle a experiencia.
FEBREIRO
E ainda que o voleibol goza de moi "boa saúde" no noso centro, non está de máis que o alumnado coñeza clubes onde poder practicar este deporte dun xeito máis "profesional". Desgraciadamente non temos ningún equipo no noso concello. Jorge e Fran, ambos vinculados co clube de Cervo, viñeron a falar dos horarios, dos equipos e dar tamén unhas fabulosas clases para "tentar" ao alumnado.
MARZO
Un ano máis, e aproveitando que hai bastante alumnado anotado nesta actividade, queremos seguir dando a coñecer o rugby. O ano anterior conseguimos que se anotasen moitas nenas e nenos (sobre todo rapazas). Este ano queremos conseguir que o clube siga crecendo. Óscar, adestrador do clube "Asterix" acompañounos para que o alumnado coñecese un pouco máis o deporte, os horarios e onde practicalo no noso concello.
Este ano, ao final da actividade anotáronse dúas persoas...seguro que o vindeiro curso faranno máis...!!!!
MAIO
A nosa relación co proxecto Voz Natura do centro é unha constante. Este curso o noso proxecto ía encaminado á busqueda e detección de puntos "sucios" que habelos hainos, por desgraza, máis dos que pensamos. O alumnado fixo saídas e nós acompañámolos no traxecto e diriximos parte do mesmo.
MAIO
Atención alumnado de bacharelato, este ano voltaremos ao SURF tedes ata o 14 de Maio para presentar as autorizacións
O pasado 19 de Maio, cun día espectacular, fumos a "Esteiro de Bares (ou de Barqueiro)" a practicar este apaixoante deporte que é o surf.
Algún e algunha xa practicaran un pouco pero a grande maioría non. Resultado: día increíble. Xa se fala de voltar o vindeiro curso e de quedarse a comer.... xa veremos!!!! hahahha
XUÑO
Coma ven sendo habitual no noso centro queremos coñecer os deportes que podemos practicar ao noso redor. O piragüismo é unha actividade moi completa e distinta cuxo clube todos os anos fainos unha visita para motivar ao alumnado á súa práctica. Este ano non podía ser menos.
Sesión de presentación e "teoría" pola mañá e clase práctica pola tarde. Día completo!!!!!