O DEPORTE: algúns conceptos básicos


que é o deporte?

Segundo J. Olivera o deporte é "un conxunto de actividades físicas de carácter lúdico, suxeito a unhas normas, baixo a forma de competición, a cal haberá de rexerse por un espírito nobre (tamén chamado deportivo) que está institucionalizado* e que pode chegar ata o risco"

*institucionalizado: neste caso quere dicir que existen uns organismos - federacións, comités etc.- que velan polo cumprimento das normas de cada deporte e, en todo caso, son elas as que o modifican).

Non debemos confundir a palabra DEPORTE coa palabra XOGO. Cando xogamos estamos a realizar unha actividade para divertirnos, normalmente seguindo unha serie de normas. Cando xogamos podemos cambiar as normas cando nos apeteza sempre que todos os participantes estean de acordo. De feito, podemos empezar o xogo cunhas regras e acabalo con outras. 

No deporte, isto non sucede: as normas non se poden cambiar de forma tan sinxela. A diferenza entre ambos conceptos (xogo e deporte) está na INSTITUCIONALIZACIÓN, nese conxunto de organismos dedicados ao cumprimento das normas de forma que xogadores/as de distintos países ou lugares poidan xogar un campionato ou partido sexa onde sexa, xa que as normas son iguais e hai organismos velando polo seu cumprimento.

clasificación dos deportes

Imaxina que imos facer grupos na clase co criterio de selección da cor do pelo, saerían grupos con persoas morenas, outros roxos, outros con persoas louras... tamén podemos usar o criterio de xente con pelo curto, longo ou media melena...A que ven isto? Pois a que segundo que criterio utilicemos pódennos sair uns grupos ou outros. 

A clasificación dos deportes que imos utilizar atende ao criterio de selección do número de xogadores e á relación, se existe, cos xogadores rivais.  E así atopamos TRES tipos de deportes: 

Ademáis poden ser comparadas con outros/as, que tamén as executan en igualdade de condicións. Dentro deste tipo de deportes o dominio técnico e o traballo/esforzo físico son fundamentais.

a estructura dos deportes: regulamento, técnica e táctica

Cando practicamos un deporte, sexa no ámbito recreativo, no competitivo ou en calquera outro, necesitamos coñecer os fundamentos básicos do mesmo, necesitamos coñecer a súa estrutura. Esta estrutura, que nos vai a definir ese deporte, está composta por: o regulamento, a técnica e a táctica.

o regulamento

As regras do deporte delimitan e definen ese deporte. Sen regras non hai deporte (acórdate da "institucionalización" do deporte). As normas afectan ao número de xogadores, ao terreo ou espazo de xogo, ás accións permitidas, ao tempo de xogo etc. É necesario coñecer o regulamento básico dun deporte para empezar a practicalo. Moitas veces, en categorías inferiores ou con colectivos con necesidades específicas, pódese “modificar” para adecualo e/o facilitalo: redución do terreo, supresión dalgunha norma etc.

a técnica

Imos pensar, por exemplo, nun xogador de baloncesto. O seu obxectivo é introducir a pelota dentro do aro. Ten que lanzar. Pódeo facer de moitas formas (o regulamento xa condiciona bastante), non obstante, só algunhas formas son eficaces, é  dicir, logran entrar dentro do aro. Desas só algunhas son económicas, é dicir, supoñen un baixo custo  enerxético. Se entendemos EFICACIA+ECONOMÍA=EFICIENCIA, atopámonos con moi poucos xestos válidos.

Así pois,  técnica é "ese movemento ideal que serve para resolver un problema motor específico con EFICIENCIA". Que problemas motores nos podemos atopar? pois, por exemplo,  botar o balón,  lanzar a canasta, golpear un balón de voleibol que  ven baixo,  enfrontarse a un lanzamento dende a portería e paralo, nadar o máis rápido posible boca abaixo,  golpear  coa raqueta unha pelota e un larguísimo étcetera... 

Cada un destes "pequenos" problemas resólvense cun "xesto" ou execución distinta, que como dixemos, son os mais efectivos (ou deberiamos dicir, eficientes) para obter o éxito respetando as regras de cada deporte

Nestos dous vídeos descríbese a técnica dun tiro de baloncesto e do paso dos valos. A que non pensabas que había que facer tantas cousas???

a táctica

Continuemos co exemplo do xogador de baloncesto. Pensemos que vai botando e atópase cun xogador do equipo rival tratando de impedilo,  que pode facer? O noso xogador sabe botar, sabe pasar, sabe lanzar, sabe unha chea de cousas e fainas á perfección, e ademais sabe que os seus compañeiros van axudarlle … é suficiente?. Pois non. Unha mala elección pode dar ao traste cunha situación vantaxosa.

O noso xogador (individualmente), xunto co seu equipo (colectivamente), ten que tentar resolver os problemas xurdidos a partir das distintas situacións de xogo. Aparece o concepto de táctica que podemos definir como “o modo de utilizar correctamente todo o noso potencial –do individuo e do equipo- para lograr unha situación vantaxosa que derive no logro do obxectivo (conseguir un tanto ou punto) ou no aumento de posibilidades de conseguilo”

A que parece fácil? Pois non o é tanto, hai que facer unha correcta lectura do que está a pasar no campo de xogo para poder tomar unha decisión correcta. Nos deportes, sobre todo nos que hai máis dun participante, son moi importantes os conceptos de comunicación e contracomunicación. O primeiro establece unha serie de códigos para pasar información correcta entre os xogadores dun mesmo equipo, mentres que o segundo fai referencia a códigos para pasar información falsa e confundir aos rivais (fintas, enganos,  etc.).

Por último, dentro do aspecto táctico dos deportes (de tipo colectivo), non podemos esquecer o concepto de sistema de xogo que fará referencia á colocación sobre o terreo, función e responsabilidade dos distintos xogadores do equipo.

Neste vídeo aparecen tácticas de xogo moi sinxelas para o baloncesto. Unha serie de "normas" que nos axudan a xogar en equipo e aproveitar o noso potencial. As tácticas dos deportes dunha mesma categoría acaban por parecerse moito.

a técnica e a táctica nos distintos deportes

Imos pensar en deportes que formen parte das tres grandes categorías que describimos. Que importancia pode ter en cada un deles a técnica e a táctica?. Parece claro que cantas mais decisións teñas que tomar, ou máis opcións de xogo haxa, máis importancia pode ter a táctica.

Nos deportes individuais, nos que ninguén pode interferir na execución, a técnica é máis importante e a táctica é pouco ou menos relevante. Nunha carreira de 100 metros, por exemplo,  hai moita técnica e adestramento físico e moi pouca táctica. Nunha carreira de 1500 con rivais correndo polas mesmas "calles" a táctica de carreira é "maior" que no caso anterior, posto que te tes que posicionar ben para non quedar "encaixonado/a", ainda así é menor que nos deportes de adversario ou de equipo.

Nos deportes de adversario, a táctica está presente porque as accións de xogo vense influídas polo adversario e, polo tanto, non só é importante unha boa execución senón unha boa decisión (que sempre será tomada en función do que faga ou rival).

Pero ou paradigma da táctica son os deportes de equipo. Neles a situación é cambiante e as decisións ou opcións a tomar son elevadas. Hai moitos/as xogadores, hai moitas posibilidades. Non obstante, neste tipo de deportes tampouco chega con ser un bo "estratega hai que dominar a técnica.

Nas nosas clases de educación física o que facemos é traballar de xeito moi global. Aprendemos os xestos básicos (técnica) e a movernos con "cabeciña" polo campo, ocupando as distintas posicións e aproveitando as opcións que nos vai dando o xogo (táctica). Para aprender a xogar ben aos distintos deportes non queda outra que ADESTRAR e ADESTRAR...nas clases o obxectivo é que coñezades distintos deportes que vos podan enganchar para...ir a adestrar!!!!

os deportes colectivos: obxectivos

Os deportes colectivos nos que se establecen relacións de colaboración entre os membros dun equipo e oposición cos membros do equipo rival xeran un alto nivel de incerteza, é decir,  hai que ter en conta un elevado número de variables. Por iso o factor táctico é máis importante que nos deportes individuais e máis complicado que nos deportes de adversario. Para simplificar un pouco definíronse as prioridades de cada equipo segundo a fase de xogo en que se atopen: ataque ou defensa.

o ataque: obxectivos

Nos deportes de equipo nos que se xogue cun balón ou pelota ou obxecto calquera que determine a anotación dun tanto, dise que se ataca cando se posúe ese balón ou obxecto. Asi pois, se alguén do noso equipo ten o balón, atacamos. 

O equipo que ataca ten uns obxectivos claros: 

Este concepto do ATAQUE aplícase sobre todo nos deportes colectivos de colaboración-oposición que se xogan non mesmo terreo. Non é válido para os deportes individuais aínda que moitas veces nunha carreira de fondo ou medio fondo oirás “iníciase un ataque por parte do corredor...”, trátase dunha forma de falar referíndose á iniciativa dun atleta ao facer un cambio de ritmo e asi deixar a outros atrás. No referente aos deportes de adversario, adoitamos dicir que un xogador ataca cando ten a iniciativa no xogo, cando está a dominar ao rival e este simplemente trata de “parar” ou “frear” devanditos ataques.

a defensa: obxectivos

Cando o noso equipo non ten o balón, defendemos.  E o mesmo que sucede co ataque, o equipo que defende, ten unhos obxectivos que quere conseguir e son exactamente os contrarios que os do ataque: 

E do mesmo xeito que sucede no caso do ataque, este concepto non ten valor cando falamos de deportes individuais. No referente aos deportes de adversario, xa vimos que cando un xogador non leva a iniciativa, senón que se limita a “parar” os ataques do rival evitando que este marque, dise que se está defendendo.

tipos de defensa

Tanto no ataque como na defensa, os membros de cada equipo deben organizarse para actuar de forma conxunta e conseguir os seus obxectivos. Existen diversos tipos de “organización” (aínda que deberiamos empregar a palabra táctica colectiva). Por non alongar demasiado os apuntamentos, imos falar unicamente das dúas disposicións tácticas máis habituais en defensa e dunha terceira que é un "mix" das anteriores.

Os distintos tipos de defensa teñen ventaxas e inconvenientes. Serán utilizadas en función do equipo rival e das nosas características.

outros conceptos importantes no deporte

Faremos un pequeno "glosario" desos termos que sempre aparecen cando estamos a practicar deporte, sobre todo, de tipo colectivo, algúns deles xa os acabamos de ver, aí van outros poucos: