Toda a poboación debería ser capaz de reaccionar de forma eficaz ante situacións de emerxencia. En España anualmente danse 30000 casos de morte súbita. As medidas de reanimación cardiopulmonar poden conseguir "recuperar" á vítima. Para iso é importante recoñecer á situación de emerxencia, coñecer o protocolo de actuación e poñelo en marcha o antes posible. Cada minuto que pasa unha persoa en parada cardíaca a súas posibilidades de recuperación diminúen nun 10%.
Neste tema imos explicar como recoñecer unha situación de emerxencia e como actuar de xeito adecuado. Trataremos o protocolo de actuación ante persoas inconscientes e ante atragantamentos.
Seguramente ao falar de paradas cardíacas, vénsenos á cabeza o "boca a boca". Antes de continuar, recorda: XA NON SE FAN AS INSUFLACIÓNS (adeus ao "boca a boca") Na versión básica, é dicir, cando non é unha persoa especilista a que está a prestar axuda, os servizos médicos si que fan insuflacións.
1.- COMPROBAR SE RESPIRA coa maniobra FRENTE-MENTÓN
Pódense dar dúas opcións:
A) RESPIRA
B) NON RESPIRA: Nin que decir ten, que esta é a máis complexa.
2.- CHAMAMOS ÁS EMERXENCIAS (112/061)
3.- SEGUIMOS Ó LADO DA VÍTIMA E POÑÉMOLA EN POSICIÓN LATERAL DE SEGURIDADE:
Fíxate nas indicacións do cadro da dereita!!!
no caso de que deixe de respirar pasaremos ó protocolo de persoa inconsciente que NON RESPIRA
2.- CHAMAMOS ÁS EMERXENCIAS (112/061)
3.- INICIAMOS MASAXE CARDÍACA A RITMO de 100 COMPRESIÓNS POR MINUTO (falase sempre de máis de 100 e menos de 120). NON DEBEMOS PARAR ata que cheguen as asistencias médicas ou esgotemos. RCP (son as siglas de Reanimación Cardio Pulmonar, que agora solo utiliza a masaxe cardíaca na súa versión básica, as persoas especialistas si que utilizan as insuflacións)
No caso de dispoñer do DESA (DESFIBRILADOR semiautomático), utilizámolo seguindo as instruccións que nos de
Se temos DESFIBRILADOR, poñémolo e seguimos as instruccións. Se estamos dúas persoas unha segue a facer RCP ata que a outra o coloca. Este aparello vai facer unha análise cada dous minutos e sempre nos vai indicar o que temos que facer.
Unha persoa está sufrindo un atragantamento cando hai algo que lle está a obstruir as vías aéreas.
O noso corpo xa vai reaccionar tosendo, de xeito que se a persoa tose, témola que deixar que o faga. Ese é o primeiro paso.
No caso de que a tos NON ESTÉ A SER EFECTIVA (estamos ante unha obstrucción total) temos que pasar á seguinte fase que sería alternar 5 palmadas interescapulares (na espalda entre os omóplatos) con 5 compresións abdominais (maniobra de Heimlich).
Se o anterior non resulta efectivo, desgraciadamente a vítima vai entrar en parada cardio-respiratoria, polo que teríamos que actuar como xa indicamos ao principio: chamada a emerxencias e masaxe cardíaca.
voltar