RCP básica

Toda a poboación debería ser capaz de reaccionar de forma eficaz ante situacións de emerxencia. En España anualmente danse 30000 casos de morte súbita. As medidas de reanimación cardiopulmonar poden conseguir "recuperar" á vítima. Para iso é importante recoñecer á situación de emerxencia, coñecer o protocolo de actuación e poñelo en marcha o antes posible. Cada minuto que pasa unha persoa en parada cardíaca a súas posibilidades de recuperación diminúen nun 10%.

Neste tema imos explicar como recoñecer unha situación de emerxencia e como actuar de xeito adecuado. Trataremos o protocolo de actuación ante persoas inconscientes e ante atragantamentos.

Seguramente ó falar de paradas cardíacas e de persoas inconscientes, vénsenos á cabeza o "boca a boca" ou a coñecida posición lateral de seguridade (PLS). Antes de continuar temos que dicir que ambas actuacións xa NON SE LEVAN Á CABO no protocolo de primeiros auxilios. Polo tanto, recordade estes CAMBIOS NO PROTOCOLO:

      • NON SE FAN AS INSUFLACIÓNS (adeus ao "boca a boca")

      • NON SE UTILIZA A POSICIÓN LATERAL DE SEGURIDADE

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN ANTE UNHA PERSOA INCONSCIENTE

1.- COMPROBAR SE RESPIRA coa maniobra FRENTE-MENTÓN


    • Pódense dar dúas opcións:

      • A) RESPIRA

      • B) NON RESPIRA: Nin que decir ten, que esta é a máis complexa.

Se a persoa INCONSCIENTE RESPIRA:

2.- CHAMAMOS ÁS EMERXENCIAS (112/061)

3.- SEGUIMOS Ó LADO DA VÍTIMA, COMPROBANDO PERIODICAMENTE QUE SEGUE A RESPIRAR.

    • no caso de que vexamos que vai vomitar....poñémolo de lado e logo volvémolo á posición inicial

    • no caso de que deixe de respirar pasaremos ó protocolo de persoa inconsciente que NON RESPIRA

Se a persoa INCONSCIENTE NON RESPIRA (SITUACIÓN MOI GRAVE):

2.- CHAMAMOS ÁS EMERXENCIAS (112/061)

3.- INICIAMOS MASAXE CARDÍACA A RITMO de 100 COMPRESIÓNS POR MINUTO (falase sempre de máis de 100 e menos de 120). NON DEBEMOS PARAR ata que cheguen as asistencias médicas ou esgotemos.

    • No caso de dispoñer do DESA (DESFIBRILADOR semiautomático), utilizámolo seguindo as instruccións que nos de

      • Se temos DESFIBRILADOR, poñémolo e seguimos as instruccións. Se estamos dúas persoas unha segue a facer RCP ata que a outra o coloca. Este aparello vai facer unha análise cada dous minutos e sempre nos vai indicar o que temos que facer.

RESUMO PROTOCOLO ACTUACION PERSOA INCONSCIENTE

PROTOCOLO DE ACTUACIÓN ANTE UN ATRAGANTAMENTO

Unha persoa está sufrindo un atragantamento cando hai algo que lle está a obstruir as vías aéreas.

  • O noso corpo xa vai reaccionar tosendo, de xeito que se a persoa tose, témola que deixar que o faga. Ese é o primeiro paso.

  • No caso de que a tos NON ESTÉ A SER EFECTIVA (estamos ante unha obstrucción total) temos que pasar á seguinte fase que sería alternar 5 palmadas interescapulares (na espalda entre os omóplatos) con 5 compresións abdominais (maniobra de Heimlich).

  • Se o anterior non resulta efectivo, desgraciadamente a vítima vai entrar en parada cardio-respiratoria, polo que teríamos que actuar como xa indicamos ao principio: chamada a emerxencias e masaxe cardíaca.

RESUMO PROTOCOLO ACTUACIÓN ANTE UN ATRAGANTAMENTO

RCP básica.pdf