ACTIVIDADE FÍSICA e SAÚDE

A definición de SAÚDE, según a OMS (Organización mundial da saúde) é: "un estado completo de benestar físico, mental e social e non unicamente a ausencia de afeccións ou enfermidades"

Neste tema verás como a actividade física e o exercicio vanse converter en "pilares básicos" para a adquisición ou mantenemento dunha boa saúde.

Sabías que ser unha persoa inactiva aumenta o risco de morte prematura máis que ser obeso/a, hipertenso/a, diabético/a ou ter o colesterol alto?. Pola contra, facer exercicio físico de forma regular diminúe o risco de padecer moitas enfermedades e axuda a mellorar a condición física, a saúde e a calidade de vida...

Adquirir un estilo fisicamente activo é unha das cousas máis importantes que podes facer pola túa saúde.

actividade física e exercicio: "parecidos pero non iguais"

Actividade física é andar, transportar obxectos, bailar, subir as escaleiras, etc. É calquera cousa que nos obrigue a gastar enerxía.

Exercicio é ir ao ximnasio, sair a correr, ir á piscina...

Todo exercicio é actividade física, pero non toda actividade física é exercicio.

Comezar a facer exercicio é sempre unha boa idea...

pero que moi boa...

os beneficios de ser unha persoa "activa" físicamente

Facer algo de actividade física é mellor que non facer nada.

Calquera aumento de actividade física vai ter beneficios, pero a maior cantidade maiores beneficios sobre a saúde.


Fíxate ben no concepto de condición física saudable...

as recomendacións da OMS en torno á actividade física

A organización mundial da saúde establece unhas recomendacións mínimas sobre a actividade física, o sedentarismo e o tempo "de pantalla". Estas recomendacións van por grupos de idade, vexamos primeiro as que máis vos interesan e logo as do resto da poboación.


Fíxate ben o que se entende por actividade físca moderada e por actividade física vigorosa. Ámbalas dúas son actividades aeróbicas, é dicir, entran dentro da ZONA DE ACTIVIDADE (recordas o que é?, esperamos que sí, hahaha)


Aquí tes o PDF dun pequeno libro moi interesante, que editou a Xunta de Galicia (Móvete pola túa saúde), para explicar á poboación os efectos do sedentarismo e animala a ser máis activa. Verás contidos dos que xa falamos un pouco máis arriba, conceptos moi interesantes como pode ser o MET ou como calcular o número de quilocalorías que gastas nas distintas actividades físicas...anímate a botalle unha ollada!!!

Copia de movete_general_gal.pdf