INTRODUCCIÓN AOS DEPORTES DE PAS E RAQUETAS

Os deportes de pas e raquetas son aqueles nos que a pelota ou obxecto de xogo golpéase de forma alternativa polos rivais, ben sexa cun instrumento determinado chamado implemento ou coa man espida.

Dentro da clasificación xeral dos deportes, os deportes de pas e raquetas, están englobados dentro dos denominados DEPORTES DE ADVERSARIO. Recorda que os deportes de adversario caracterízanse polo enfrontamento entre dous rivais no cal as accións dunha persoa inflúen directamente nas accións da outra. A esta categoría pertencen, entre outros, o tenis, bádminton, tenis de mesa, pádel, squash etc. A continuación estudaremos este tipo de deportes dunha forma moi básica 

características comúns a estes deportes

Pensa nalgún dos deportes que citamos, tenis, bádminton etc., seguro que os viches algunha vez na televisión. Verás como é moi fácil pescudar as características propias deste conxunto de actividades:

o  O obxectivo do xogo: gañarase un punto cando a pelota ou obxecto de xogo botou un determinado número de veces no campo do adversario ou ben cando a persoa rival non é capaz de devolvela correctamente.

o  O instrumento de xogo: denominado de forma xeral implemento, serve para golpear a pelota ou obxecto de xogo. Pode ser unha raqueta, unha pa, unha paleta, unha cesta ou a man espida. Durante esta avaliación, centrarémonos naqueles que utilizan como implemento unha PA (toda a estrutura está feita practicamente co mesmo material) ou unha RAQUETA (a cabeza do implemento ten unha cordaxe)

o  O tempo de xogo: non hai cronómetro. O tempo de xogo dependerá de quen chegue primeiro a un determinado resultado.

o   O golpeo: en todos eles, o aspecto técnico básico é o golpeo da pelota ou obxecto de xogo co implemento. Neste apartado será no que nos centremos nas nosas clases de Educación Física.


golpeos básicos

Como xa vimos, o fundamento técnico máis importante é o golpeo. E a pesar de que cada deporte ten as súas características específicas, existen certos golpeos básicos que son comúns a todos eles. A continuación explicarémolos brevemente:

Ademais destes golpes básicos é importante falar dos efectos que se lle poden imprimir á pelota (rotación que se lle imprime á bola no momento de golpeala). Os efectos principais son: