o quentamento

Antes de empezar a realizar unha actividade física-deportiva temos que preparar o corpo e a mente...non é chegar e "besalo santo"!. Así pois, ao conxunto de actividades e exercicios que realizamos ANTES da actividade física "principal" denominámola QUENTAMENTO.

Estes exercicios ou actividades fanse por TRES RAZÓNS FUNDAMENTAIS:

1.- Aumentar o rendemento da actividade da fase principal

2.- Prepararnos "psicolóxicamente" para o esforzo posterior

3.- Diminúe o risco de lesións

Despois dun bo quentamento aumentará a túa frecuencia cardiaca, a túa respiración, a temperatura corporal e a túa capacidade de atención...

¿COMO FACER UN BO QUENTAMENTO?

Aquí cada un pode facelo de moitas formas distintas... hai xente que quenta dunha maneira e outros doutra e todas poden ser perfectamente válidas...simplemente teñen que seguir unhas pautas:

  • Ten que ser PROGRESIVO: empezamos de menos e vamos a máis coa intensidade do esforzo

  • Deberá ser AERÓBICO: exercicios de intensidade moderada

  • GLOBAL: traballando todo o corpo mediante desplazamentos, movilidade articular e estiramentos

  • Ter en conta LESIÓNS antigas o recentes e parándonos máis nesa parte do corpo

  • As PULSACIÓNS deberán oscilar entre 100 e 130 aproximadamente

  • NON ESPERAR máis de cinco minutos unha vez rematado o quentamento para empezar a actividade principal

  • ADICARLLE o tempo necesario, sen pasarse nin quedarse curto. Non menos de 5 minutos nen máis de 30...dependendo da parte principal. Ollo! se fai frío ou é primeira hora da mañá haberá que quentar máis do habitual

TIPOS DE QUENTAMENTO

  • XERAL: é polo que empezamos e traballa de xeito global todo o corpo. Trátase dun traballo común válido para todos


  • ESPECÍFICO: está orientado directamente á actividade ou actividades que fagamos na parte principal. Por exemplo, se vamos a xogar un partido de baloncesto, farase un quentamento xeral e logo, un específico cos balóns e movementos propios deste deporte .

EXEMPLIFICACIÓN DUN QUENTAMENTO

Aquí tienes la versión para imprimir este apartado en pdf

O QUENTAMENTO.pdf

VOLVER