alumnado activo
Fomentar a participación de todo o alumnado nas distintas actividades lúdicas e/ou físicas propostas, tanto nos recreos, gardas e/ou conmemoracións de diversa índole.
Ao longo de todo o curso
Debido a un problema coa financiación da pista exterior, este ano vémonos na obriga de suspender os campionatos no recreo por non poder asegurar a "integridade" dos e das participantes.
Xaneiro e Febreiro
Non podemos xogar a outros deportes, pero sí ao tenis de mesa. Os recreos son un bo momento para mellorar na práctica deste deporte. Ademáis, cremos que poucos centros da nosa contorna, mesmo da nosa comunidade, que teñan un espazo tan privilexiado para a práctica do tenis de mesa. Este ano adquirimos dúas "novas mesas" que veñen a substituir a dúas que estaban en moi mal estado. Sendo un total de doce as mesas dispoñibles.
Por fin sabemos que para sacar hai que lanzar a pelota un mínimo de 16 cms para arriba!!! (hahaha)
terceiro trimestre
Tedes á vosa disposición o carro cos balóns e poñeremos as cintas de xogo todos os venres e xornadas especiais.
O voleibol é unha actividade que sempre triunfa e implica a moito alumnado. Rapazas e rapaces xogan nos recreos enchendo a pista
Podedes ver esta colaboración na páxina de entornos activos. Aproveitando a nosa contorna para facer exercicio e coñecela!!!.
Este ano estivemos á busca de puntos "sucios" que, por desgracia, hai máis dos que pensamos e moitos deles con sustancias perigosas.
O profesor Fran Basanta está a transformar a radio do noso centro, converténdoa nun apoio inestimable para o alumnado e unha ferramenta para aprender moi distinta. Nela ten cabida dende podcast cunha morea de entrevistas, cancións nos recreos, xogos diversos de búsquedas ou de "darlle ao coco", anuncios de competicións deportivas, etc... queremos que o ano que ven siga a colaborar cun espazo específico dentro do plan proxecta...
As actividades que se foron facendo non só tiñan que ver co coco tamén coas distintas habilidades do alumnado, ben sexa a nivel físico ou musical ou cómico...aquí hai sitio para todos. Iso sí: alumnado activooooooo
Por suposto para nós é importante que o alumnado disfrute no noso centro. Se hai problemas de acoso ou ciberacoso hai que resolvelo. O noso punto laranxa está para poder facelo. Se ves algo que non está ben, denúnciao. Totalmente anónimo, se ti queres que así sexa.
Que é para ti a radio?
13 de FEBREIRO
Para conmemorar este día, saímos do centro e preguntamos "que é para ti a radio?". Fumos a maioria de colaboradoras e colaboradores da radio.
As respostas foron variadas: dende a voz que escoito sempre ata as novedades dos pódcast...o que sí está claro é que hai unha radio para ti
Tamén baixo a "batuta" de Fran Basanta, o xornal escolar está a vivir unha nova etapa. Dende o "Proxecta" tratamos de axudar e colaborar nas noticias relacionadas co deporte e tamén coa difusión de estilos de vida saudables.
Na foto aparece o equipo do "provisional" nunha das moitas reunións que levaron a cabo neste curso escolar.
Sempre colaboramos e colaboran con nós os distintos departamentos de FP do noso centro. Dende aquí moitas grazas a todos por ternos arreglado canastas, porterías, altavoces, etc.
Nesta ocasión colaboramos probando nas nosas clases un vehículo que dará moito que falar porque non consume o de sempre...
Grazas por innovar!!!!
Un traballo enorme feito polo equipo de dinamización do Sarmiento no que tamén colaboramos
O noso departamento a través do plan PROXECTA sempre implicado nas actividades que, ademáis doutros contidos, podan incluir a activade física
Nesta semana houbo moitos xogos populares...ao final, todo o alumando quixo participar, dende os máis pequenos ata os maiores: brilé, xogo do pano, cordas, rá, bolos, tira da corda, etc.
Diferente alumnado quere preparar probas físicas. Neste caso, preparando as probas do INEF Coruña. O compromiso co alumnado é total neste sentido. Instalacións, consellos, material, días de práctica, ....
Mañás ou tardes para preparar o teu futuro
Por suposto que ao alumnado que ven de fóra facémolo participe dun estilo de vida saudable. A parte de paseos pola contorna tamén estivemos con eles nas clases facendo xogos que se coñecen en todas partes.
Neste caso o alumnado veu de ALEMAÑA...menos mal que nos quedaba o inglés!!! hahhaha
31 de maio
Pegamos carteis por todo o centro para que saibades cal é a composición do tabaco...
Un ano máis colocamos carteis polas aulas para explicar ao alumnado o perigo que ten fumar. Parece que xa non é suficiente con ver a caixas do tabaco. Temos que afondar máis e que comproben o que están a inhalar. E que non pensen que os vapeadores están exentos de perigo!!!