entornos activos

Dende o traballo coa contorna ata o coñecemento  de persoas, clubes, empresas e organizacións ligadas co deporte da nosa zona

Adrián Ben na nosa RADIO 

3 de novembro

Aproveitamos para escoitar a Adrián Ben e coñecer as súas experiencias e os seus consellos

Moita sorte, Adri!!! Esperamos verte en París

ORIENTACIÓN CO ALUMNADO DE 3º ESO

27 de outubro

Buscamos ofertar todas a actividades posibles na nosa contorna. Este vez tocoulle ao alumnado de 3º ESO coñecer como é unha carreira de orientación. 

camiño do mar e recollida de lixo (voz natura)                                                              

Abril

A nosa relación co proxecto Voz Natura do centro é unha constante. Este ano imos facer unha parte do camiño do mar, coñeceremos máis a nosa contorna, recolleremos lixo e, por suposto, faremos exercicio...Unha actividade moi completa!!!!

Aquí tedes algunhas fotos da actividade. Dende aquí queremos transmitir o noso agradecemento a COFRADÍA DE PESCADORES DE CELEIRO por invitarnos a coñecer as súas instalacións, falarnos do seu traballo e agasallarnos cunhas camisetas e gorras.

COÑECENDO O RUGBY

semana do 20 ao 24 de maio

O alumnado tivo a oportunidade de coñecer un pouco máis en profundidade este deporte de man do adestrador do clube "Ásterix" de Viveiro. Eso sí, mellor con cintas!!!


SURF

Presentaci´ón no instituto e práctica no mar. Terceiro trimestre

Atención alumnado de bacharelato, no mes de Marzo, Uxío de Viveiro Surf Escola, virá a presentarnos a actividade de "bautismo de surf". Logo poderedes decidir se queredes facer a actividade aló polo mes de maio. 

Uxío nas clases de presentación da actividade o pasado 20 de marzo

O noso alumnado de 1º e 2º de bacharelato (que aínda que non teñen EF son sempre benvidos a esta actividade) disfrutando da actividade o pasado 22 de maio.