Con só un refrán pode gobernarse unha cidade. 

Non hai refrán que non diga unha verdade, e se non di unha é porque di dúas. 

Non hai refrán vello que non sexa verdadeiro. 

O que se vexa desfavorecido, aconséllese cos refráns antigos. 

Os refráns habían de estar escritos con letras de ouro. 

Os refráns son curmáns da verdade.

Refrán dos pasados tempos é un pequeno evanxeo. 

Refráns hai máis que pas, e ladaíñas hai máis que días. 

Tódolos refráns teñen o don do ensino e o don da verdade.