NON ENTRA
CURSO 24/25
CONVENIO COLECTIVO: acordo no que se establecen as condicións de traballo e produtividade despois da negociación colectiva entre empresarios e representantes dos traballadores. Regula aspectos da relación laboral como salarios, horas, vacacións e outras condicións de traballo. Por norma xeral, os convenios prorróganse de ano en ano, excepto cando se denuncia expresamente polas partes
En caso de non existir convenio colectivo, a lei xeral que regula os dereitos básicos dos traballadores en España é o Estatuto dos Traballadores.
TAXA DE PARO: número de persoas desocupadas pero que buscan traballo, sobre o total da poboación activa. En España a taxa de paro está un pouco por enriba do 20%, mentres que na U.Europea é a metade.
SOCIEDADES ANÓNIMAS: sociedade capitalista na que a súa propiedade está dividida en accións e cada propietario ten unha porcentaxe das mesmas. Estas accións poden ser libremente vendidas polo seu propietario. Entre os órganos de goberno contan cunha Xunta Xeral de Accionistas e un Consello de Administración. É unha fórmula moi utilizada entre as grandes empresas, como as do IBEX.
TAXA DE INFLACIÓN: elevación porcentual anual do nivel xeral de prezos, que produce unha perda do poder adquisitivo dos cidadáns.
MULTINACIONAIS
OCDE: organización fundada en 1961 que ten como obxectivo promover políticas que melloren o benestar económico e social das persoas ao redor do mundo.
12. BANCO MUNDIAL: institución que proporciona axuda técnica e financeira aos países en vías de desenvolvemento. Os seus obxectivos son rematar coa pobreza extrema e promover a prosperidade compartida. [An.]
13. PAISES EMERXENTES: países que basean a súa produción nunha industrialización asentada nos baixos salarios e na exportación de manufacturas baratas ou tecnolóxicas.[An.]
14. ESTADO DO BENESTAR: modelo de Estado ou de sociedade no que o Estado garante á totalidade da poboación o acceso aos servizos básicos, como sanidade ou educación.
OIT: axencia 'tripartita' da ONU que reúne a gobernos, empregados e traballadores de 187 estados membros. Os obxectivos desta organización son: promover os dereitos laborais, fomentar oportunidades de traballo decente ou mellorar a protección social. Como exemplo os países integrantes teñen o compromiso de recoñecer a liberdade sindical, eliminar todas as formas de traballo forzoso ou obrigatorio e a abolición do traballo infantil.
3. TAXA DE PARO: número de persoas desocupadas pero que buscan traballo, sobre o total da poboación activa. En España a taxa de paro está un pouco por enriba do 20%, mentres que na U.Europea é a metade.