GLOBALIZACIÓN ECONÓMICA: A globalización económica é o proceso polo que as economías nacionais se integran nun mercado mundial no que case todo o planeta está conectado. Isto foi posible grazas ao progreso das telecomunicacións e á mellora dos transportes, que facilitan o comercio internacional. Unha característica importante é a xeneralización do sistema capitalista a nivel global. Tamén implica a redución ou eliminación de aranceis para favorecer o intercambio entre países. Institucións como o Fondo Monetario Internacional, o Banco Mundial e a Organización Mundial do Comercio xogan un papel clave neste proceso
MULTINACIONAIS: As multinacionais son empresas que teñen fábricas ou establecementos produtivos en diferentes países, aínda que todas as decisións se toman desde a súa sede central. Teñen unha estratexia mundial que busca acadar os máximos beneficios. Para iso, poden mercar materias primas nun lugar, transformalas noutro e vender os seus produtos noutros distintos. A publicidade destas empresas contribúe a uniformizar os gustos e costumes dos consumidores en todo o mundo. Desempeñan un papel moi importante na globalización económica. Exemplos de multinacionais son Inditex, Nestlé ou Bayer.
CONSUMISMO: termo que fai referencia ao consumo excesivo. Cando esta práctica abusiva se xeneraliza, falamos da sociedade de consumo, un colectivo que pon en risco o ambiente e complica o feito de poder satisfacer as necesidades das futuras xeracións.
CONVENIO COLECTIVO: acordo no que se establecen as condicións de traballo e produtividade despois da negociación colectiva entre empresarios e representantes dos traballadores. Regula aspectos da relación laboral como salarios, horas, vacacións e outras condicións de traballo. Por norma xeral, os convenios prorróganse de ano en ano, excepto cando se denuncia expresamente polas partes
En caso de non existir convenio colectivo, a lei xeral que regula os dereitos básicos dos traballadores en España é o Estatuto dos Traballadores.
4. TAXA DE INFLACIÓN: elevación porcentual anual do nivel xeral de prezos, que produce unha perda do poder adquisitivo dos cidadáns.
5. POBOACIÓN ACTIVA: fórmana todas as persoas ocupadas que se dedican á produción de bens e de servizos e tamén as persoas que se atopan en paro ou que buscan traballo por primeira vez.
6. AXENTES ECONÓMICOS: son os suxeitos encargados de levar a cabo a actividade económica. Estes suxeitos son as empresas, as familias e o Estado. Relaciónanse entre si constituindo un circuito económico no que intercambian traballo, bens e servizos a cambio de pagamentos.
7. EMPRESAS: son as unidades económicas básicas de produción e distribución. Mediante o traballo e o capital, fabrican e distribúen bens e servizos.
8. POBOACIÓN INACTIVA: parte da poboación que non está en idade de traballar, así como os maiores de 16 anos que non desempeñan unha actividade remunerada nin buscan emprego. Inclúe estudantes, xubilados, persoas dedicadas aos labores do fogar, rendistas. e persoas incapacitadas para traballar.
9. G20.- Grupo de discusión económica, formado por 19 Estados, máis a Unión Europea onde se reúnen regularmente, dende 1999, xefes de Estado, gobernadores centrais e ministros de finanzas. Intégrano os países máis industrializados do G7, xunto con outros emerxentes de distintos continentes, e teñen por obxectivo coordinar medidas para impulsar o crecemento e intercambio económico mundial.
10. BANCO MUNDIAL: institución internacional que ofrece préstamos e asesoramento a países en vías de desenvolvemento. A súa misión principal é acabar coa pobreza extrema e fomentar a prosperidade compartida.
11. BRICS.- Siglas que fan referencia ao conxunto de países formados por Brasil, Rusia, India, China e Sudáfrica. É o grupo de países máis adiantados dentro das economías emerxentes. É unha asociación político-económico-social que, en 2024,se ten ampliado co ingreso de Arxentina, Arabia Saudita, Emiratos Árabes Unidos, Irán, Exipto e Etiopía. Coa súa asociación, pretende un maior equilibrio dentro da economía mundial.
12. INGRESO MÍNIMO VITAL: prestación económica da Seguridade Social destinada a garantir uns ingresos mínimos ás persoas ou familias que non teñen recursos suficientes para cubrir as súas necesidades básicas. O seu obxectivo é reducir o risco de pobreza e exclusión social, ofrecendo apoio económico e favorecendo a inclusión social e laboral das persoas beneficiarias.MPara conseguilo hai que cumprir requisitos como ter residencia legal en España e atoparse nunha situación de vulnerabilidade económica.
13. SEGURIDADE SOCIAL: sistema público que axuda ás persoas cando teñen problemas como enfermidade, desemprego ou xubilación. Funciona grazas ás cotizacións dos traballadores, das empresas e ao apoio do Estado. O seu obxectivo é garantir unha vida digna ofrecendo prestacións económicas e servizos sanitarios. Administra tanto prestacións contributivas (como pensións ou baixas laborais) como non contributivas (como o Ingreso Mínimo Vital). Tamén se encarga da afiliación dos traballadores e da recadación das cotizacións. É, en resumo, unha ferramenta esencial para o benestar e a protección social da cidadanía.
14. LEI DA OFERTA E A DEMANDA: No capitalismo, o mercado baséase en dúas forzas: a oferta (o que se vende) e a demanda (o que se quere mercar). Cando a xente quere moito un produto e non hai suficiente, os prezos soben. Se polo contrario hai demasiado produto e pouca xente interesada en mercar, os prezos baixan.
15. SINDICATOS: organización de traballadores que se xunta para defender os seus dereitos no traballo. Busca mellorar os salarios, as condicións laborais e a seguridade no emprego. Tamén negocia cos empresarios e o Goberno convenios e acordos. Ademais, pode organizar folgas ou protestas se é necesario para conseguir melloras
16. SALARIO MÍNIMO:[Ki] cantidade mínima de diñeiro que un traballador debe recibir legalmente polo seu traballo. Serve para garantir que todas as persoas obteñan ingresos suficientes para cubrir as súas necesidades básicas. O Estado establece este importe e pode revisalo periodicamente. O seu obxectivo é protexer aos traballadores e evitar salarios demasiado baixos.O salario mínimo, no 2025, para calquera actividade na agricultura, na industria e nos servizos, sen distinción de sexo nin idade dos traballadores, queda fixado en 39,47 euros/día ou 1184 euros/mes, segundo o salario se determine por días ou por meses
BIOGRAFÍAS
17. MILTON FRIEDMAN: economista húngaro coñecido como o pai do neoliberalismo, que defendía a liberdade económica sen apenas límites e criticaba a intervención do Estado.
18. KEYNES: economista británico que deu nome a unha corrente que defende que o Estado debe intervir na economía para regulala e evitar problemas.
NON ENTRA
BREXIT: neoloxismo creado para referirse á saída do Reino Unido desde a Unión Europea. O referendo tivo lugar en 2016 e foi activado polo primeiro ministro, David Cameron. Os argumentos presentados polos euroescépticos (opostos á Unión) son entre outros: a falta de independencia nas decisións políticas e económicas e o enorme fluxo de inmigrantes atraídos polo alto nivel de ingresos en busca de traballo.
Gráfica circular e de barras na páxina 37 sobre o traballo infantil.