HOPLITA: soldado grego de infantería armado con escudo, casco, coraza, espada e lanza. Os hoplitas eran cidadáns acomodados que debían costearse o seu equipo militar.
AGORA: gran espazo aberto, praza maior das cidades gregas, onde se reunían os cidadáns. Nesta praza se decidían as cuestións de goberno e se atopaban os edificios administrativos mais importantes. Tamén se podían celebrar mercados.
XONIA: terras de cultura grega que corresponden coa costa occidental de Asia Menor, con cidades como *Éfeso ou Mileto, berce da filosofía grega. Actualmente este territorio pertence en gran parte a Turquía
COLONIA: cidade fundada por unha polis fora do espazo helénico por intereses comerciais ou estratéxicos. Os colonos vivían da agricultura, da pesca e do comercio cos poboados indíxenas e coa metrópole. Rhode e Emporión foron dúas colonias gregas fundadas na Península Ibérica.
ILOTAS: eran a denominación que recibían os escravos en Esparta. Supostamente eran descendentes dos pobos vencidos, e non se lles recoñecía dereito algún. Eran propiedade do Estado, que os asignaba aos esparciatas (casta guerrera espartana) para que traballasen as súas terras. Se era necesario, tamén podían ser mobilizados polo exército. En xeral, vivían en condicións miserables e sometidos a unha intensa explotación laboral o que comportou o estalido de revoltas frecuentes.
MITOS: son relatos tradicionais, de transmisión oral, que explican feitos como a orixe do mundo ou do ser humano, ou ben dos fenómenos naturais, a técnica ou a organización social. Os mitos sitúanse nun tempo afastado e fabuloso, e neles interveñen deuses, forzas da natureza ou seres extraordinarios chamados heroes.
ORÁCULOS: recintos sagrados onde as persoas acudían a consultar os deuses. As mensaxes dos deuses eran enigmáticas e as pitias ou sibilas interpretábanas. Un dos máis famosos foi o Oráculo de Delfos.
XOGOS OLÍMPICOS: celebración relixiosa e deportiva en honor ao deus Zeus e tiñan lugar na cidade de Olimpia. Convocábanse cada catro anos e a súa celebración era tan importante que os gregos decretaban unha tregua en calquera guerra. Calquera grego podía participar nos xogos, menos as mulleres, coa condición de que fose cidadán e falase grego.
CRÁTERA: en Grecia e Roma, vaso grande e ancho onde o viño mesturábase con auga e especias. Estaban decoradas con escenas mitolóxicas e da vida cotiá. Na rexión de Ática, esta e os demais tipos de vasos, presentaban dúas tipoloxías: as de figuras negras sobre fondo claro e as de figuras vermellas sobre fondo escuro.
ENÓCOE. Recipiente para servir bebida.
IMAXES
IMAXES/ARTE
I. ARTE GREGO
A. TÉCNICA ARTÍSTICA . ARQUITECTURA (7)
Partenón, Atenas
Atenea Nike
Tesouro dos atenienses de Delfos
Teatro grego de Epidauro
Templo de Apolo en Delfos
Erecteión
ORDENES GREGAS (3)
Dórica
Xónica
Corintio
PARTES DUN TEMPLO GREGO (7)
Frontón
Friso
Metopa
Triglifo
Basamento
Cella
B. TÉCNICA ARTÍSTICA: ESCULTURA
ÉPOCA ARCAICA
Koré do peplo
Dama de Auxerre
ÉPOCA CLÁSICA (6)
Doríforo de Policleto
Discóbolo de Mirón
Apoxiomeno. Lisipo (autor)
Diadúmeno. Policleto (autor)
ÉPOCA HELENÍSTICA (6)
Laoconte e os seus fillos.
Gálata moribundo
Vitoria de Samotracia
Venus de Milo
C.. ICONOGRAFÍA
Poseidón
Zeus
Apolo
Diana
II. ARTE ROMANO (14)
Lámpada romana
Pintura da Vila dos Misterios de Pompeia.
Muro de Adriano
Loba Capitolina
Panteón de Roma (interior/exterior)
O Coliseo
Columna de Traxano
Templo de Portuno en Roma
Arco de Constantino
Circo Máximo
Partes dun circo
Spina
Bancadas
Area
III. ROMA EN ESPAÑA (10)
Campamento romano de Aquis Querquennis
Ponte de Alcántara
Muralla de Lugo
Anfiteatro romano de Tarraco
Arco de Bará
Acueducto de Segovia
Mosaico procedente da vila de La Olmeda
Teatro romano de Mérida.
Paisaxe das Medulas
IV. TRANSCENDENCIA DE GRECIA E ROMA NAS ARTES POSTERIORES
A. ARTE DO RENACEMENTO (3)
Séculos XV-XVI
Vila Capra
B. ARTE NEOCLÁSICO.(8)
Séculos XVIII-XIX
Congreso dos Deputados
Fonte de Cibeles
Fonte de Neptuno
A Casa Branca
A Madeleine
Fachada do arquivo da Deputación de Pontevedra.
PLANTA TEMPLO GREGO
TEMPLO DO PARTENÓN
Capitel Dórico
Capitel Xónico
Capitel Corintio
Templo de Atenea Nike
Templo de Apolo en Delfos
Tesoro dos Atenienses en Delfos
Teatro de Epidauro
Erecteion
Dama de Auxerre
Koré do peplo
Diadúmeno
Apoxiomeno
Apolo
Victoria de Samotracia
Venus de Milo
Gálata moribundo
Doríforo
Discóbolo
Laocoonte e os seus fillos
Poseidón
Diana
Zeus