PROVINCIAS. Unidade territorial do Imperio dirixida por un gobernador. Hispania, durante a época Repubicana, estivo dividida en dúas provincias: a Hispania Citerior e a Hispania Ulterior. En tempos de Diocleciano (finais do século III d.C.) as provincias eran cinco, e entre elas, estaba a Gallaecia con capital en Brácara Augusta (Braga).
ESCRAVOS. Eran os prisioneiros de guerra ou os fillos doutros escravos. Eran considerados unha propiedade máis do seu dono e, co tempo, puideron comprar a súa liberdade, pasando a ser libertos. As malas condicións de vida chegaron incluso a provocar revoltas como a protagonizada polo escravo e gladiador Espartaco.
GOBERNADOR. Máxima autoridade das provincias. Axudado por funcionarios se encargaba de recadar impostos, necesarios para manter o Estado romano. Os gobernadores das provincias, podían ser nomeados polo Senado ou directamente polo emperador.
XUDAISMO. Relixión monoteísta que profesaban os hebreos, habitantes de Palestina, que afirmaba a existencia dun único Deus, e proclamaba a chegada dun Mesías salvador que os habería de redimir dos seus pecados.
OS EVANXEOS. Escritos sobre a vida de Xesús e as súas ensinanzas. Foron feitos por Mateu, Xoán, Marcos e Lucas. As ensinanzas de Xesús baseábanse no amor a Deus e ao próximo, en perdoar as ofensas e en renunciar aos bens terreais. Todos aqueles que cumprisen os principios predicados por Xesús podían salvarse e alcanzar a vida eterna no reino de Deus.
OCTAVIO AUGUSTO. Fillo adoptivo de Xulio César formará parte dunha dictadura militar xunto a Marco Antonio (2º triunvirato) e, máis adiante, entre outros cargos, será o primeiro emperador de Roma nas derradeiras décadas do I a.C e primeiros anos do I d.C. O mandato de Augusto iniciou unha era de paz coñecida co nome de Pax Romana ou Pax Augusta.
CONSTANTINO I "O GRANDE". Emperador romano de principios do século III d.C. Baixo o seu mandato promúlgase o "Edicto de Milán" que recoñece a liberdade relixiosa dentro do Imperio.
CATACUMBAS. Corredores escavados baixo terra. Nestes lugares, os cristiás, reuníanse para celebrar as súas cerimonias, enterrar aos seus mortos e fuxir das persecucións. As paredes das catacumbas están decoradas con numerosas pinturas relacionadas coa iconografía cristiá.
Muro de Adriano
Arco de Constantino
Teatro de Mérida
O Coliseo de Roma
Panteón de Roma (exterior)
Circo Máximo
Partes dun circo romano
Panteón de Roma (interior)
Loba capitolina
Columna de Traxano
Pintura da Vila dos Misterios de Pompeia.
Acueducto de Segovia
Muralla de Lugo
Arco de Bará
Paisaxe das Médulas
Lámpada romana
Ponte de Alcántara
Templo Portuno de Roma
Campamento romano de Aquis Querquennis
Anfiteatro romano de Tarraco
SIGLOS XV E XVI
SIGLOS XVIII-XIX