1. CFC (clorofluorocarbonos): familia de gases, derivados dos hidrocarburos, que teñen múltiples aplicacións, especialmente na refrixeración, o illamento térmico e os aerosois. O seu principal problema é que, ao emitirse, destrúen a capa de ozono, polo que a súa fabricación foi prohibida polo Protocolo de Montreal (1987).
2. AVALIACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL: estudio para predicir as consecuencias ambientais dun proxecto o actuación (como una autopista o una presa) e propostas para minimizar seus efectos sobre o medio.
3. ÍNDICE DE DESENVOLVEMENTO HUMANO: é un indicador que mide o nivel de desenvolvemento dos habitantes dun país. Esta medida ten en conta tres variables: a saúde (segundo a esperanza de vida ao nacer), a educación (taxa de alfabetización adulta a nivel de estudos alcanzados) e o PIB por habitante.
4. DESERTIZACIÓN: é a degradación do solo que se produce nas zonas secas e que reduce a fertilidade da terra. As comunidades máis afectadas polo proceso de desertización son: Murcia, Comunidade Valenciana, Canarias e Andalucía.
5. RESERVAS NATURAIS: son áreas dedicadas a protexer a biodiversidade, os trazos xeográficos e xeomorfolóxicos e os ecosistemas fráxiles.
6. PARQUE NACIONAL: espazo de alto valor natural e cultural, pouco alterado polo ser humano, e xestionado polo Estado. Normalmente non debe incluir núcleos urbanos habitados. En España existen 15 parques nacionais entre os que podemos destacar o Parque Nacional das Illas Atlánticas ou o Parque Nacinal dos Picos de Europa.
7. EFECTO INVERNADOIRO: proceso que explica o quecemento da atmosfera terrestre, pola similitude con que acontece nun invernadoiro. Prodúceno emisións á atmosfera de gases - como o metano e o dióxido de carbono- e o vapor de auga. Estes gases deixan pasar a radiación solar, pero, unha vez que chega á Terra, retéñena e evitan que escape ás altas capas da atmosfera a calor irradiada pola Terra. Os expertos afirman que este fenómeno pode provocar un incremento das secas e das inundacións; un ascenso do nivel do mar, pola fusión de parte do xeo polar, etc. No caso de España, afectará sobre todo á area mediterránea e ao sur peninsular.
8. BURACO DA CAPA DE OZONO: fenómeno producido pola destrución da capa de ozono por acción de certos gases [cloro-fluoro-carbonados (CFC)] de refrixerantes e aerosois, que anula a acción protectora que a atmosfera exerce ante as radiacións ultravioleta do Sol. O buraco desta capa na Antártida alcanza xa dimensións que preocupan a científicos e políticos pola súa incidencia na saúde humana e na natureza.
9. CHUVIA ÁCIDA: tipo de chuvia provocada polas emanacións de nitróxeno e xofre procedentes das industrias e dos vehículos, que se combinan co vapor de auga da atmosfera e dan lugar a substancias ácidas que caen de novo sobre a superficie terrestre, deteriorando a vida vexetal e animal.
10. OBSOLESCENCIA PROGRAMADA: estratexia ideada desde algunhas grandes empresas para reducir a propósito a vida dos produtos coa intención de incrementar o consumo. Ademais trátase de que os produtos sexan dificilmente reparables ou de custosa reparación.