1. REFINARIA: instalación industrial onde se transforma o petróleo bruto en produtos finais: gasolina, aceites, etc. O petróleo chega á refinaría a través de oleoductos que parten dos portos ou dos pozos petrolíferos.
2. MULTINACIONAIS: son aquelas empresas que están implantadas simultaneamente en varios países para aproveitar o seu mercado interno, aproveitar os seus recursos naturais, a man de obra barata ou calquera vantaxe locacional, aínda que os centros de investigación e decisión sempre se atopan no país de orixe. Como exemplo de multinacional galega temos a INDITEX.
3. SUBCONTRATACIÓN: : Contratación dunha empresa por outra para que realice unha parte da súa actividade seguindo as indicacións, características e prazos que se lle impoñen. Utilízase a miúdo por grandes empresas para abaratar os seus custos, ou porque buscan PYMEs moi especializadas nunha tarefa. Este tipo de contratación é moi común nas grandes obras.
4. MATERIAS PRIMAS ESTRATEXICAS: son aquelas que pola súa importancia son vitais para a existencia económica ou política dos Estados e inflúen poderosamente nas decisión políticas; xeralmente están relacionadas co sector enerxético; petróleo, gas, uranio, carbón… Na actualidade, considéranse tamén estratéxicas as materias primas asociadas ás industrias de novas tecnoloxías: coltan, cobalto, aluminio, xermanio, grafito, cromo, niquel, titanio…
5. PARQUE TECNOLÓGICO/PARQUE TECNOLÓXICO [*840,841] Polígono industrial nun medio agradable no que se concentran empresas que traballan en tecnoloxía avanzada. As empresas situadas nestas áreas necesitan dispoñer de man de obra cualificada, universidades para levar a cabo procesos de investigación e boas infraestruturas, condicións que se dan particularmente nas grandes cidades.
6. CENTRO DE DISTRIBUCIÓN LOXÍSTICA: centro onde se almacenan os produtos que posteriormente serán distribuídos por un determinado territorio. Caracterízase por ser un complexo sistema automatizado onde o deseño do espazo e a informática permiten unha rápida e eficiente distribución das mercadorías
7. ÍNDICE IBEX: principal índice de referencia da bolsa española elaborado por Bolsas e Mercados Españois. Está formado polas 35 empresas que cotizan nas catro Bolsas españolas. Entre estas empresas podemos destacar: INDITEX, REPSOL, TELEFÓNICA, MAPFRE, FERROVIAL.
8.- OBRA PRIVADA: son aquelas que inclúe a construción de casas, fábricas, centros comerciais, naves industriais etc. En España, desde a década de 1990, a construción de vivenda converteuse no grande impulsor do sector da construción, feito favorecido pola relativa facilidade para obter unha hipoteca. A crise de 2008 supuxo un parón no sector e o peche de moitas empresas. Dez anos despois, hai certa recuperación.
9.- OBRA PÚBLICA: sector que inclúe a construción de infraestruturas e equipamentos para a necesaria actividade cotiá da sociedade como hospitais, colexios, autovías, aeroportos, etc . A miúdo responde á iniciativa e o financiamento das distintas administracións públicas. Entre as empresas privadas que fan máis obra pública en España temos ACS, OHL e FCC. O sector está en horas baixas, desde a crise, polo que as empresas deberán seguir conseguindo contratos no estranxeiro.
10. INDUSTRIAS VERDES: nova rama industrial que ten como fin desenvolver tecnoloxías limpas para a industria. A Unión Europea foméntaa a través do PITMA II (Plan Industrial e Tecnolóxico Ambiental). Este plan concede fondos destinados a proxectos encamiñados a eliminar a contaminación industrial e a proxectos de investigación e desenvolvemento centrados no medio industrial; e asistencia, formación, información e sensibilización en relación co medio industrial.
¿De dónde obtiene la Seguridad Social los recursos necesarios para proteger a todos los ciudadanos cuando lo necesitan?
Básicamente de las cotizaciones que realizan los trabajadores y empresarios a la Seguridad Social. Las empresas en las que las personas trabajan retienen una pequeña parte del sueldo de estas, para darlo a la Seguridad Social, las cotizaciones.
También se financia de los impuestos que pagan todos los ciudadanos del Estado.
Fuente: Ministerio de Empleo y Seguridad Social
2. Prestaciones por desempleo
Protegen a todas aquellas personas que, aunque quieren trabajar, han perdido su empleo por un tiempo o definitivamente.Tienen derecho a recibir esta prestación todos los trabajadores que lleven trabajando un tiempo determinado y contribuyendo con su aportación mensual. Recibirán esta ayuda por un tiempo limitado que dependerá de los años que lleven trabajando y cotizando.
Es el Servicio Público de Empleo Estatal quien abona las aportaciones de empresa correspondientes a las cotizaciones de la Seguridad Social durante la percepción de la prestación.
fuente: Ministerio de Empleo y Seguridad Social
a) Define os seguintes conceptos: CAPITAL, SINDICATOS
b) Cita os principais elementos do proceso industrial?
c) Por que é importante investir en tecnoloxía?
d) Cal é a característica principal dunha empresa cooperativa?.
e) Por que se pode afirmar que o fordismo é a orixe da sociedade de consumo?
f) Cita as principais características da Primeira Revolución Industrial.
g) Cita as principais características da Segunda Revolución Industrial.
h) Que caracteriza a Terceira Revolución Industrial?
a) Cita o fenómeno económico-industrial que se describe nestes videos?
b) A que se debe o movemento de empresas cara o terceiro mundo ou países en vías de desenvolvemento?
c) Que tipo de empresas que aparecen nos videos desprazáronse cara estes países?
d) Define os seguintes conceptos: CEOE, BETTER FACTORY, SINDICATOS, PARAÍSOS FISCALES