SIGLO XIX
COMPOSICIÓN 1 “A crise da monarquía absoluta: abdicacións e ocupación napoleónica”
Sempre tendo en conta a información subministrada polos documentos, o alumnado deberá contextualizar a crise da monarquía absoluta española no reinado de Carlos IV, facendo referencia aos problemas económicos, políticos e sociais que o caracterizan, así como ao impacto da Revolución Francesa sobre o mesmo. Explicar o proceso de abdicacións en Baiona e demostrar que coñece as repercusións da ocupación napoleónica tanto na súa vertente política –goberno francés/Xuntas revolucionarias– como militar –guerra, pero sen entrar no desenvolvemento da mesma–.
VV T4-P1, PAX. 82, 83, 84, 85, 86.
COMPOSICIÓN 2 “As Cortes de Cádiz e a Constitución de 1812
Sempre tendo en conta a información subministrada polos documentos, o alumnado deberá facer referencia ao contexto da guerra de Independencia; as razóns para a convocatoria de Cortes en Cádiz; explicar o seu labor lexislativo, así como as tendencias políticas dos deputados; indicar as dificultades atopadas para o establecemento do réxime liberal e demostrar que coñece o novo modelo político e social deseñado pola Constitución de 1812.
VV T4-P2, PAX. 86, 87, 89.
COMPOSICIÓN 3 “A restauración de Fernando VII e do absolutismo: as etapas do reinado”
Sempre tendo en conta a información subministrada polos documentos, o alumnado deberá explicar o reinado deste monarca como a crise permanente e definitiva do Antigo Réxime, un modelo que xa resulta inviable fronte a un liberalismo que vai sufrir avances e retrocesos ata a morte do rei. En consonancia con isto, referirase ás etapas políticas do seu reinado e comentará as súas principais características: o Sexenio Absolutista (regreso de Fernando VII e restablecemento do absolutismo, abolindo a obra das Cortes de Cádiz); o Trienio Liberal (triunfo do pronunciamento liberal de 1820 e establecemento dun goberno desta ideoloxía); e a Década Ominosa (restablecemento do absolutismo logo da intervención dos “Cen Mil Fillos de San Luís”)
VV T4-P3, PAX 90, 91, 92, 93, 96, 97
COMPOSICIÓN 4 “A construción do Estado liberal: principios do liberalismo e diferenzas entre as familias políticas da época”
Sempre tendo en conta a información subministrada polos documentos, o alumnado deberá demostrar que coñece as características xerais do liberalismo, distinguindo as dúas correntes básicas dentro da ideoloxía liberal (moderados e progresistas) que darán lugar ás tres grandes familias políticas da época; relacionar eses principios ideolóxicos coas diferentes constitucións e identificar os principais líderes das diferentes familias políticas; indicar que tendencia era a preferida pola monarquía e diferenciar, a teor diso, as distintas etapas do reinado isabelino sen afondar nas mesmas
VV T5-P1, PAX. 108, 109 A PRIMEIRA GUERRA CARLISTA
VV T5-P2, PAX.110, 111, 112, 113 O PROCESO DE REVOLUCIÓN LIBERAL (1833-1843)
VV T5-P3, PAX. 114, 115 A DÉCADA MODERADA (1844-1854)
VV T5-P4, PAX. 116, 117. O BIENIO PROGRESISTA (1854-1856)
VV T5-P5, PAX. 148, 149. A DESINTEGRACIÓN DA MONARQUÍA (1857-1868)
NOTA: interesantes cuadros páxina das paxinas 120 e 121 (1, 3, 7)
COMPOSICIÓN 5 “A Revolución Gloriosa e a Constitución de 1869”
Sempre tendo en conta a información subministrada polos documentos, o alumnado deberá referirse ás causas deste proceso revolucionario, así como ao seu desenvolvemento posterior (alianzas políticas, programa revolucionario...), ata chegar á formación dun Goberno Provisional e ás medidas levadas a cabo por este, facendo fincapé na constitución de 1869 e nas súas características. Aínda que a monarquía de Amadeu de Saboia non sexa obxecto de comentario, pode facerse unha referencia breve á mesma para explicar as consecuencias da Revolución.
VV T5-P6 PAX. 122,123 O SEXENIO DEMOCRÁTICO
VV PAX. 126 CUADRO SOBRE CONSUMOS E QUINTAS
COMPOSICIÓN 6 “A Primeira República: proxecto de constitución federal e cantonalismo”
Sempre tendo en conta a información subministrada polos documentos, o alumnado deberá referenciar xenericamente o paso da monarquía de Amadeu de Saboia (chea de dificultades) a un réxime republicano inestable e moi cuestionado. Como consecuencia do anterior, explicará a falta dun modelo consensuado de república; o xurdimento do movemento cantonal, a división entre os republicanos federais así como o proxecto de constitución federal.
VV T5-P6 PAX. 123 O SEXENIO DEMOCRÁTICO. A MONARQUÍA DE AMADEO DE SABOIA
VV T5-P6 PAX. 124, 125 PROCLAMACIÓN DA I REPÚBLICA, DISTINTAS CONCEPCIÓNS REPUBLICANAS, INTENTO DE REPÚBLICA FEDERAL, OS PROBLEMAS DA REPÚBLICA, A LIQUIDACIÓN DA REPÚBLICA.
COMPOSICIÓN 7 “A Restauración”
Sempre tendo en conta a información subministrada polos documentos, o alumnado explicará as bases do sistema da Restauración ou sistema canovista (a súa xénese conservadora, monarquía constitucional doutrinaria, o “turnismo” ou quenda pacífica de partidos) e a Constitución de 1876 nos seus trazos fundamentais (soberanía compartida Coroa/Cortes, papel esencial da monarquía no nomeamento dos gobernos...). Tamén deberá facer referencia á consolidación do sistema canovista a través da configuración da “quenda pacífica” e ao funcionamento dun modelo político marcadamente oligárquico e fraudulento.
VV T8-P1, PAX 190, 191, 192, 193 AS O REGRESO DA DINASTÍA.
COMPOSICIÓN 8 “A cuestión nacional no último terzo do século XIX”
Sempre tendo en conta a información subministrada polos documentos, o alumnado deberá demostrar que coñece os factores que levaron á eclosión dos nacionalismos periféricos (o seu nacemento como unha reacción fronte ás pretensións centralistas do Estado liberal), o seu ideario, así como o seu desenvolvemento posterior (carácter minoritario nos comezos ata a súa conversión en movementos de masas, cunha importante influencia política, capaces de enfrontarse aos partidos da quenda). Deberá tamén facer mención dos seus líderes principais.
VV T8-P3, PAX 199, 200, 201 A CONCEPCIÓN PLURAL DE ESPAÑA: NACIONALISMOS E REXIONALISMOS
COMPOSICIÓN 9 “A reforma agraria liberal: as desamortizacións”
Sempre tendo en conta a información subministrada polos documentos, o alumnado deberá demostrar que entende o concepto de desamortización e, daquela, referirá as razóns explicativas que a facían necesaria. Ademais, terá que vincular o proceso de desamortización desenvolvido en España no s. XIX coas tendencias liberais que o favorecen e paralizan. Tamén será preciso que afonde nas etapas fundamentais do devandito proceso, indicando os seus obxectivos así como os beneficiados e os prexudicados por ese feito. Finalmente, cumprirá que realice un balance global dos efectos das desamortizacións nos distintos eidos (político, socioeconómico e cultural).
APUNTES (CORREO)
VV T4-1 PAX. 83 ÚLTIMO PÁRRAFO DE ESTA PÁGINA (DESAMORTIZACIONES EN ÉPOCOA DE XOSÉ BONAPARTE)
VV T5-2 PAX. 112 A LIBERALIZACIÓN DO SISTEMA ECONÓMICO
VV T5-3 PAX 114 AS BASES DO RÉXIME MODERADO
VV T5-4 PAX 116 A NOVA LEXISLACIÓN ECONÓMICA
VV T6-2 PAX 140, 141 A INSUFICIENTE TRANSFORMACIÓN DA AGRICULTURA
COMPOSICIÓN 10 “Os principais sectores industriais e o papel do ferrocarril”
Sempre tendo en conta a información subministrada polos documentos, o alumnado deberá demostrar que coñece xenericamente as dificultades do proceso de industrialización en España e que identifica os sectores pioneiros e as áreas xeográficas en que se localizan (industria téxtil, centrada en Cataluña, e siderúrxica –individualización dos tres focos clásicos–). Respecto ao papel xogado polo ferrocarril, deberá vinculalo coa Lei de Ferrocarrís como impulsora do mesmo, así como analizar as principais características da rede ferroviaria española e as súas consecuencias. Neste punto será interesante valorar a súa relevancia como estimulador ou non da industrialización española.
VV T6-P3, PAX. 144, 145, 146, 147 OS INICIOS DA INDUSTRIALIZACIÓN: TÉXTIL E SIDERURXIA
VV T6-P4, PAX. 148 Introdución e a construción da rede ferroviaria.
COMPOSICIÓN 11 “O movemento obreiro no Sexenio democrático e na Restauración”
Sempre tendo en conta a información subministrada polos documentos, o alumnado terá que contextualizar a expansión do movemento obreiro no período político do Sexenio Democrático, relacionándoo co recoñecemento de dereitos na constitución de 1869 e coa influencia da AIT. Tamén deberá ofrecer unha explicación básica dos principios esenciais defendidos polas ideoloxías obreiras anarquista e marxista/socialista (obxectivos e medios empregados para a súa consecución). Así mesmo, cumpriría que se referise á evolución do movemento obreiro no último terzo do século XIX, sinaladamente da Restauración, como momento de consolidación das organizacións de traballadores e do recoñecemento dos sindicatos, sen esquecer os episodios represivos.
VV T7-P5, PAX. 175, 176, 177 AS PRIMEIRAS IDEOLOXÍAS OBREIRAS E O INTERNACIONALISMO.
VV T8-P2, PAX. 198.
. COMPOSICIÓN 12. A evolución da sociedade no século XIX (con especial atención á situación da muller) Sempre tendo en conta a información subministrada polos documentos, o alumnado terá que explicar como as transformacións da economía conduciron ao xurdimento dunha nova estrutura social onde a burguesía e o proletariado se converten nas dúas clases fundamentais fronte aos grupos sociais tradicionais. Ademais, deberá referise ás condicións de vida das clases traballadoras (nas cidades, sometidas as longas xornadas de traballo e baixos salarios) e no campo (malvivindo dos seus escasos recursos ou sometidos á vontade dos grandes propietarios). Con respecto á situación das mulleres, sería preciso que incidise na loita polos seus dereitos: discriminación laboral, salarial e política (movemento sufraxista).
APUNTES CORREO
VV T7 P1, PÁXINAS 164, 165 A CONFIGURACIÓN DA SOCIEDADE DE CLASES.
VV T7 P2, PÁXINAS 166, 167. OS NOVOS GRUPOS DIRIXENTES.
VV T7 P3, PÁXINAS 168, 169. AS CLASES POPULARES
VV T7 P4, PÁXINAS 172, 173, 174, AS ORIXES DO MOVEMENTO OBREIRO
A MULLER
SIGLO XX
COMPOSICIÓN 13 : 13. A crise da Restauración
Sempre tendo en conta a información subministrada polos documentos, o alumnado deberá explicar dende o Desastre do 98 ata a ditadura de Primo de Rivera. Afondará nos principais aspectos que inflúen na desarticulación do sistema canovista, na crise de 1917 na súa tripla dimensión: militar (formación das Xuntas de Defensa), social (folga xeral) e política (formación da Asemblea de Parlamentarios) para, a partir da mesma, referirse á descomposición do goberno parlamentario e ao problema de Marrocos (“desastre de Annual”)
APUNTES CORREO
VV T8-P4, PAX 202, 203. AS GUERRAS COLONIAIS: CUBA E FILIPINAS
VV T8-P5, PAX 206, 207. 1898, A CRISE DA FIN DUN IMPERIO
VV T9-P1, PAX. 218, 219, 220, 221. O REFORMISMO CONSERVADOR E A SEMANA TRÁXICA.
VV T9-P2, PAX. 222, 223 O REFORMISMO LIBERAL E O IMPACTO DA PRIMEIRA GUERRA MUNDIAL
VV T9-P3, PAX 224, 225 A EVOLUCIÓN DOS NACIONALIMOS.
VV T9-P4 PAX 226, 227 O AUXE DO OBREIRISMO E A CRISE DO 1917
VV T9-P1, PAX 230, 231, 232 A DESCOMPOSICIÓN DO SISTEMA PARLAMENTARIO (1918-1921)
COMPOSICIÓN 14. A ditadura de Primo de Rivera (golpe de Estado e etapas: delimitación temporal e cacterísticas principais)
Sempre tendo en conta a información subministrada polos documentos, o alumnado terá que analizar as causas explicativas do Golpe de Estado así como os apoios cos que contou. Afondará igualmente, nas características das dúas etapas en que se dividiu a Ditadura (Directorio Militar e Civil) mencionando a crecente oposición á mesma que se foi xestando e que provocou o seu final. No apartado final da composición, o alumnado pode facer tamén unha breve referencia aos gobernos de Berenguer e Aznar.
VV T9-P6, PAX. 233, 234, 235 A DITADURA DE PRIMO DE RIVERA (1923-1931)
COMPOSICIÓN 15. O establecemento da II República (forzas políticas e constitución de 1931) Sempre tendo en conta a información subministrada polos documentos, o alumnado deberá explicar o proceso político que levou á implantación da II República e referirse ao contexto socioeconómico no que esta se establece; afondará nas distintas forzas políticas que se configuran neste período tanto a favor como en contra da fórmula republicana, analizando os seus principais trazos ideolóxicos e apoios, e comentará as principais características da Constitución de 1931.
VV T11-P1, PAX. 270, 271 A CHEGADA DA REPÚBLICA
COMPOSICIÓN 16. As grandes reformas da República. Sempre tendo en conta a información subministrada polos documentos, o alumnado comentará as causas, evolución e consecuencias das principais reformas emprendidas pola República (relixiosa, militar, agraria, territorial, educativa...), explicando con máis detalle aquelas que se mencionen especificamente nos documentos e indicando cales foron xa iniciadas no Goberno Provisional ou no Bienio Reformista, a parálise de todas elas durante Bienio de Dereitas e a súa recuperación no goberno da Fronte popular, non sendo necesario afondar nestes períodos
VV T11-P2, PAX. 272, 273, 274, 275 O REFORMISMO REPUBLICANO-SOCIALISTA (1931-1933)
COMPOSICIÓN 17 “A guerra civil: sublevación, bandos en conflito e a súa dimensión internacional "
Sempre tendo en conta a información subministrada polos documentos, o alumnado terá que referirse ao contexto no que se produciu a conspiración militar para pasar deseguido a abordar a organización da sublevación, que rematou coa división de España en dúas zonas (unha fiel á República e outra dominada polos sublevados), explicando como foi percibido o conflito polos dous bandos e as repercusións da guerra española no escenario político previo á II Guerra Mundial e apoios recibidos.
APUNTES
VV T12-P1PAX. 296, 297, 298 AS CAUSAS DA GUERRA
COMPOSICIÓN 18 “O franquismo: características e institucionalización
Sempre tendo en conta a información subministrada polos documentos, o alumnado analizará as características esenciais do réxime franquista así como o seu proceso de institucionalización a través das denominadas Leis fundamentais, ademais de explicar o concepto de “Democracia Orgánica”, relacionando a evolución ideolóxica e institucional experimentada polo Réxime ao longo do tempo tanto co contexto político internacional como coas transformacións sufridas pola propia sociedade española.
VV T12-P4, PAX 308, 309, 310, 311 A ESPAÑA SUBLEVADA: A CONSTRUCIÓN DO NOVO ESTADO TOTALITARIO
VV T13-P1, PAX 322, 323 AS BASES DA DITADURA
VV T13-P2, PAX 326, 327 A CONSOLIDACIÓN DO RÉXIME FRANQUISTA
COMPOSICIÓN 19 “O franquismo: as formas de oposición ao Réxime”
Sempre tendo en conta a información subministrada polos documentos, o alumnado deberá demostrar que coñece e caracteriza as diferentes formas de expresión adoptadas pola oposición ao franquismo ao longo da súa existencia: desde a primeira actividade guerrilleira na inmediata posguerra ata o xurdimento de diversos movementos de oposición dentro dos piares do réxime (o exército, a Igrexa e o partido único) na etapa final do mesmo, pasando pola protesta estudantil e obreira, a organización de partidos políticos clandestinos, a actividade terrorista e a oposición desde o exterior.
VV T13-P4, PAX 332, 333 RESISTENCIA ANTIFASCISTA E CONFLITIVIDADE SOCIAL
VV T14-P5, PAX 357, 358, 359, 360, 361 A REORGANIZACIÓN DO ANTIFRANQUISMO
COMPOSICIÓN 20 “O franquismo. Política económica”
Sempre tendo en conta a información subministrada polos documentos, o alumnado deberá caracterizar a política económica do franquismo nas súas distintas etapas: os principais trazos da política autárquica característica da primeira fase (período de illamento internacional e bloqueo económico); a política de liberalización económica desenvolvida polo goberno dos tecnócratas; as causas e consecuencias do chamado Desarrollismo e os efectos da crise económica internacional no tardofranquismo.
VV T13-P3 PAX 328, 329 OS ANOS DA FAME (AUTARQUÍA)
VV T14-P1 PAX. 346, 347, 348, 349 LIBERACIÓN ECONÓMICA E DESENVOLVISMO.
COMPOSICIÓN 21 “A transición e a consolidación da democracia”
Sempre tendo en conta a información subministrada polos documentos o alumnado deberá demostrar que coñece o contexto no que se levou a cabo a transición, así como as diferentes medidas postas en marcha polos primeiros gobernos, facendo fincapé nos principios fundamentais da constitución de 1978. Deberá afon tamén nas dificultades básicas polas que pasou UCD e o intento de golpe do 23 de F para rematar facendo referencia á política levada a cabo polos gobernos socialistas ata 1996.
VV T15-P1 PAX. 372, 373, 374, 375 A TRANSICIÓN : OU RUPTURA PACTADA?
VV T15-P2 PAX 376, 377 AS BASES INSTITUCIONAIS DA NOVA DEMOCRACIA (Constitución do 78)
VV T15-P3 PAX 378, 379, O DESPREGAMENTO DA DEMOCRACIA (1979-1982)
VV T 15-P4 PAX 380, 381, 382 IMPONSE O BIPARTIDISMO.
COMPOSICIÓN 22 “A situación da muller no século XX (II República, franquismo, gobernos da democracia)” Sempre tendo en conta a información subministrada polos documentos, o alumnado deberá comentar os principais dereitos sociais e políticos acadados polas mulleres na II República (en particular o dereito ao voto), o papel xogado por estas durante a Guerra Civil e retroceso experimentado durante a ditadura franquista, na que se estableceu un ríxido modelo de feminidade (perda de capacidade legal, control social …). Deberá referir tamén os efectos da igualdade entre homes e mulleres consagrada na constitución de 1978 e desenvolvida na lexislación posterior, así como o lento avance na igualdade de xénero.
COMPOSICIÓN 23 “España en Europa e no mundo (entrada na CEE, integración na política internacional, participación en conflitos bélicos e misións humanitarias e de paz).
Sempre tendo en conta a información subministrada polos documentos, o alumnado deberá analizar o proceso de integración de España na CEE así como a súa integración e participación na política internacional, facendo fincapé en determinadas cuestións especialmente salientables, a saber: a adhesión á OTAN, a reapertura de Xibraltar, a política iberoamericana ou a participación na guerra de Iraq. Cumpriría rematar coa mención daquelas misións humanitarias ou de paz nas que o Estado español ten participado nos últimos tempos
ESPAÑA EN EUROPA E NO MUNDO
VV. T15 P4. PÁXINAS 380, 381 CRECEMENTO ECONÓMICO E INTEGRACIÓN NA CEE
VV. PAXINAS 397 E 398. O PROCESO DE INTEGRACIÓN DE ESPAÑA NA UNIÓN EUROPEA,
VV. PÁXINA 399. A PARTICIPACIÓN EN CONFLITOS BÉLICOS E MISIÓNS HUMANITARIAS E DE PAZ,
VV. PÁXINAS 400 E 401. A PRESENZA ANTE OS ORGANISMOS INTERANCIONAIS,
VV. PÁXINAS P5, 404, 405. ESPAÑA E IBEROAMÉRICA
COMPOSICIÓN 24. “Evolución e cambios na España actual (os retos da globalización económica e cultural, o estado de benestar...) Sempre tendo en conta a información subministrada polos documentos, o alumnado deberá demostrar que coñece a dinámica na que se atopa a España actual no referido ás seguintes cuestións clave: as transformacións asociadas aos retos e consecuencias da globalización (cambios no sistema produtivo e modificación dos patróns socioculturais); as novas políticas e estratexias gobernamentais para a consecución do desenvolvemento sostible; as limitacións e retos do Estado de Benestar (sistema de pensións, desequilibrio xeracional, fluxos migratorios…); a aparición de novos movementos de cooperación internacional e voluntariado; e os movementos de reivindicación social e cidadá (movementos antiglobalización, 15M, Marea Verde…)
VV PÁXINA 385 OS VAIVÉNS DUNHA DÉCADA
VV PÁXINA 402 OS RETOS DA GLOBALIZACIÓN ECONÓMICA E CULTURAL
COMPOSICIÓN 22
“A consolidación da democracia: da crise da UCD aos gobernos do PSOE”
Sempre tendo en conta a información subministrada polos documentos, o alumnado deberá demostrar que coñece as dificultades básicas polas que pasou UCD e o intento de golpe de Estado que tivo lugar no contexto do proceso de substitución do presidente do goberno. Tamén explicará a política levada a cabo polos gobernos socialistas facendo referencia a unha serie de puntos básicos: o establecemento do estado de benestar e a integración de España nas institucións internacionais
VV T17-P3 PAX 416, 417, 418 A ETAPA DO CONSENSO POLÍTICO.
VV T17-P4 PAX 419, 420, 421.A CONSOLIDACIÓN DO BIPARDISMO
VV T17-P5 PAX 422 A INTEGRACIÓN DE ESPAÑA NA UNIÓN EUROPEA
VV T17-P6 PAX 424, 425 OS GOBERNOS DO SÉCULO XXI
ORIENTACIÓNS PARA O COMENTARIO DUNHA COMPOSICIÓN
O obxectivo, da composición dun texto histórico sobre diversos documentos, é achegarnos á comprensión dun momento ou proceso da historia, definido no lema de referencia, a partir de ditos documentos.
• Non se pretende, polo tanto, que fagas un comentario individual, illado, de cada un deles.
• O que se busca, é integrar a información que subministran na túa composición.
• Esta composición, ademais, ten que contar con breves, pero completas, explicacións da información que recollen os documentos, que constituirán a túa aportación á redacción final.
• Logo a composición busca que sexas capaz de utilizar os teus coñecementos na explicación intelixente dos documentos propostos en relación co proceso ó que se refiren.
• Non existe unha fórmula predeterminada, aplicábel á redacción dunha composición destas características, senón que cada quen debe articulala dun xeito persoal e libre. Con todo, si podemos marcar unha directrices xerais que nos serán de utilidade.
PROCEDEMENTOS PARA DESENVOLVER UNHA COMPOSICIÓN
1.- TRABALLO PRELIMINAR
A.- Para redactar unha correcta composición has de ter sempre en conta o lema de referencia xa que sobre el debe xirar a túa composición. É polo tanto absolutamente imprescindíbel, para que a redacción resulte válida, coñecer ben a información teórica precisa para desenvolvela.
Unha vez acadada a comprensión dos conceptos básicos debes realizar unha primeira aproximación os documentos a través da súa atenta lectura (non esquezas que eles serán o soporte da túa composición), nesta lectura é fundamental entender perfectamente toda a información que nos proporcionan: contidos, vocabulario…, aquí o recurso ó glosario, dicionarios, biografías, etc, ós que podes acceder
B.- A elaboración dun guión previo é fundamental para realizar unha boa composición. Consiste en poñer en orde xerárquico as ideas principais que imos tratar na composición. Unha forma válida para elaborar o guión, consiste en tratar de dar resposta ás preguntas clásicas:
• Que nos están contando os documentos en relación co lema de referencia?
• Por que ocorren eses feitos? (antecedentes ou causas)
• Como ocorren eses feitos? (evolución do proceso, intereses ou obxectivos que defende...)
• Que consecuencias terán eses feitos?
Non sempre poderemos aplicar este esquema por completo, polo que temos que adaptarnos ás características dos documentos. Pero se facemos unha boa reflexión previa e a materializamos nun guión: lograremos facer unha redacción ordenada e completa, sen repetirnos e sen esquecernos de tratar ningunha cuestión indispensábel. O buscar as respostas nos propios documentos nos aseguramos de telos en conta na composición.
2.- O DESENVOLVEMENTO DA COMPOSICIÓN
A.- A introdución.
Debe ser breve. Nela recolleremos a localización cronolóxica, (tempo histórico) e espacial, ou sexa onde e cando ocorre o proceso que nos ocupa. Tamén se pode facer, na introdución, referencia ó autor/a se se considera pertinente.
B.- A exposición.
É a parte máis importante e extensa. Na composición deben estar integrados de xeito coherente, tódolos elementos recollidos no guión previo. Polo tanto explicaremos cada idea do guión seguindo a orde previamente estabelecida.
Logo, o labor de síntese entre a información dos documentos e os nosos coñecementos é a clave no desenvolvemento da composición, xa que só así comentaremos cada unha das cuestións que tratan os documentos aportándolle algo propio.
No aspecto formal da composición debemos ter en conta que:
• Hai que utilizar un vocabulario histórico preciso, é tan importante o que dis como a forma de dicilo.
• En consecuencia, debemos coidar a presentación, ortografía, sintaxe..., a claridade na exposición das cuestións que desenvolvemos na composición é unha baza decisiva.
• Os títulos dos apartados do guión NON poden aparecer na composición, que debe constituír unha redacción homoxénea.
Por outra banda hai algúns erros que se repiten con frecuencia e que debemos evitar por tódolos medios:
• A digresión ou “escapismo”: consiste en tomar o lema de referencia como unha escusa para desenvolver un tema , ignorando , ou case ignorando, os documentos que deben ser o soporte da composición.
• A paráfrase: é o fenómeno contrario., é dicir cando resumimos o que nos están contando os documentos, sen aportar nada que os explique para axudar a comprender o proceso histórico tratado, ou sexa, que non aportamos nada á composición.
• A énfase: queremos destacar tanto a importancia do documento que vemos nel afirmacións ou cuestións que en realidade non está tratando. Tamén podemos incorrer neste erro cando perdemos a obxectividade e “tomamos partido” a favor ou en contra do que contén o documento e o reflectimos na composición.
• O estilismo: consiste en fixarse só nos aspectos formais ou literarios dos documentos escritos.
• A precipitación: realizamos a composición sen un traballo previo de preparación, o que nos pode levar a realizar unha composición carente de orde, confusa, repetitiva, con lagoas…
C.- A conclusión:
É o momento en que podemos facer unha valoración crítica do proceso que centra a composición, pero tendo sempre presente que non debemos facer un “xuizo moral” baseado en consideracións éticas, perfectamente lexítimas pero fóra de lugar neste tipo de exercicios. A obxectividade que ten que guiar noso traballo esixe unha critica histórica, valorando as consecuencias e a transcendencia dos feitos que antes explicamos.
CONTEXTUALIZACIÓN DUN DOCUMENTO ESCRITO
• En primeiro lugar non esquezas que o exercicio versa sobre a realización dunha composición sobre diversos documentos históricos, xa que logo, non se trata de facer un comentario illado de cada un documentos propostos senón de utilizalos todos conxuntamente, así pois ningún deles debe converterse no centro da composición, lembra, non se trata de facer o comentario dun determinado texto ou dunha gráfica.
• Sentado isto, para obter a información que precisamos dun documento escrito podemos proceder do seguinte xeito:
1.- Convén que releamos de volta o texto e que aclaremos tódolos termos e posibles dúbidas que poidan aparecer, consultando as ferramentas das que dispondes sempre que sexa necesario.
2.- Normalmente os documentos viran datados o que nos permitirá situarnos no momento histórico en que foron realizados e iso pode resultar importante á hora de analizar correctamente a información, se non consta unha data explícita poderemos deducila, polos acontecementos que reflicte o propio texto, dentro duns límites cronolóxicos axeitados. É importante aclarar que a localización cronolóxica que nos interesa é o chamado “tempo histórico”, é dicir non cando foi publicado o texto senón a época histórica á que fai referencia, que pode ou non ser coincidente.
3.- É moi conveniente prestar atención a autoría do texto. As máis das veces os documentos virán acompañados do autor/a e da obra da que proceden e cando non sexa así debemos ter en conta o “inspirador”, é dicir quen pode estar detrás do documento. ¿Por que? A razón é que a miúdo o autor/a pode estar directa ou indirectamente implicado en aquelo que nos está contando e cabe a posibilidade de que non sexa obxectivo ó facelo, ou sexa que “tome partido” a favor ou en contra.
• Neste caso debemos ser moi coidadosos coas conclusións que tiremos da lectura do documento xa que a subxectividade do autor/a fará que tente “convencernos” da bondade da súa causa ou da malignidade do contrario e mesmo é posíbel que utilice argumentos ( a mala ou a boa fe) que NON responden á verdade, á realidade do que ocorreu o que pode levarnos a engano e desvirtuar o noso traballo, neste caso pode ser conveniente facer constar na composición esta circunstancia. Pola contra se a autoría pertence a alguén lonxano ós feitos que narra, probabelmente a distancia lle permita tratalos con obxectividade, neutralidade, é polo tanto máis fiábel para nós e menos relevante facelo constar na composición.
4.- Logo de asegurarnos de ter comprendido correctamente o texto, as intencións do seu autor/a e de situalo no seu tempo histórico, o noso labor fundamental consiste en identificar a idea ou ideas principais que sustenta. A continuación faremos un inventario das cuestións identificadas e as confrontaremos cos nosos coñecementos sobre o proceso histórico ou lema sobre o que xira a redacción., é dicir trataremos de explicalas de forma breve pero completa polo que teremos que poñer en práctica a nosa capacidade de síntese.
5.- Todo o anterior hanos permitir incorporar a síntese da información do documento xunto cos nosos propios coñecementos e reflexións á composición final.