HISTORIA. É a ciencia que estuda os feitos dos que o ser humano foi protagonista no pasado. A amplitude do seu campo de estudio obrigou a dividila en dúas grandes ramas: a Prehistoria, que estuda os feitos anteriores á invención da escritura, e a Historia propiamente dita, que estuda os feitos posteriores a esta invención.
PREHISTORIA. Etapa comprendida entre a aparición do ser humano capaz de fabricar utensilios hai uns 2,5 millóns de anos, e a invención da escritura, hai uns 5000 anos. A inexistencia de documentos escritos fai que o prehistoriador centre o seu estudio nos restos deixados polo ser humano primitivo (machadas, cerámica).
MEGALITISMO. Corrente cultural que xorde no Neolítico e se prolonga ata o Bronce final, caracterizada pola construción con grandes pedras como o menhir ou pedra fincada, o cromlech ou círculos líticos e o dolmen, enterramento colectivo que consta dunha cámara sepulcral precedida ou no dun corredor. En Galicia destaca o de Dombate.
ECONOMÍA PREDADORA. Método de obtención dos recursos para a supervivencia baseado na caza de animais, na pesca e na recolección de froitos silvestres, sen xerar produción. É característica do Paleolítico (entre os 2,5 millóns de anos e os 10.000 a C.). Estes pobos practicaban o nomadismo e vivían en pequenos grupos sen unha clara xerarquización social.
PROPULSOR. Considerado como o primeiro enxeño artificial inventado polo home para aumentar a potencia do brazo. Con esta ferramenta eran impulsadas as lanzas.
VENUS. En prehistoria, representación de mulleres de rostro impreciso e cunha grande esaxeración daquelas partes do corpo que están relacionadas coa maternidade (coxas, cadeiras e peito). Crese que formaban parte dun culto dedicado á fecundidade. Poden estar feitas en pedra, óso ou hasta. Como exemplo temos a Venus de Willendorf.
PETROGLIFOS. Gravados feitos sobre granito ao aire libre. A temática pode ser variada predominando temas xeométricos como espirais e círculos concéntricos, animais, armas etc. A maior concentración de gravados atópase nas rías de Pontevedra (petroglifos de Mogor) e Vigo, e sobre todo, en Campo Lameiro.
ESTRATIGRAFÍA. Ciencia que estuda a superposición de capas ou estratos da terra no terreo cunha finalidade arqueolóxica. Cada capa ten unha idade diferente, e segundo onde atopemos un obxecto podemos establecer a súa antigüidade. Os estratos máis fondos son os máis antigos.
BIFACE. Ferramenta lítica, típica do paleolítico, tallada polas súas dúas caras e cun perfil cortante. Empregábase para despezar animais, cortar madeira, arrancar tubérculos, perforar ósos, etc. Na súa fabricación, xeralmente, utilizábase o sílex.
SILEX. Mineral moi duro que ao golpealo rompe en láminas e produce unha aresta moi afiada. Empregábase na fabricación de machados, bifaces, coitelos ou puntas de frecha.
CERÁMICA CARDIAL. Tipo de cerámica neolítica desenvolvida no litoral mediterráneo e decorada con incisións de cunchas
VENUS DE WILLENDORF
CROMLECH DE STONEHENGE
MENHIR
BISONTE LAMBÉNDOSE (material empregado: hasta)
MACHADOS NEOLÍTICOS
FOUCE
CRANIO SAPIENS SAPIENS
LABIRINTO DE MOGOR (petroglifo).
ESCENA DE DANZA. Pintura levantina
VASO CAMPANIFORME
ESCENA DE CAZA. Pintura levantina
TESOURO DE CALDAS DE REIS
MACHADO DE BRONCE
VENUS DE LESPUGUE
VENUS BRASSEMPOUY
MAMUT
CRANIO DE HOMO ERECTUS
PROPULSOR
CAMPO LAMEIRO (petroglifo)
BISONTE DAS COVAS DE ALTAMIRA
ANZOIS
RINOCERONTE
DOLMEN
A: TÚMULO (MÁMOA)
B: DOLMEN (ANTA)
CRANIO DE GORILA
BIFAZ
MONUMENTO MEGALÍTICO: ALIÑAMENTO
ALIÑAMENTOS DE CARNAC
CERÁMICA ALMAGRA (Neolítico)
MOLDES
PUNTAS DE FLECHA
RECOLLIDA DE MEL. Pintura levantina
PEITE DO TESOURO DE CALDAS. Material: ouro
DOLMEN
CAZADOR CON PROPULSOR
COPA ARGÁRICA
CERÁMICA CARDIAL
OS PRIMEIROS ANIMAIS DOMÉSTICOS NA PENÍNSULA
Os animais máis frecuentes no Neolítico Peninsular foron as ovellas e as cabras, que, sen ter antecedentes europeos, probablemente foron introducidas. En menor medida, criábase o porco, e aínda menos a vaca e o can; todos estes tiñan antepasados autóctonos en Europa.
Fue el invento más novedoso del período Neolítico...El hombre aprendió a fabricar recipientes de arcilla cociéndolos en un horno a más de 450ºC, para deshidratar el barro y hacerlos más sólidos e impermeables.
En un principio, los hornos para cerámica eran simples hoyos en el suelo cubiertos por piedras y tierra, para alcanzar la temperatura necesaria, pero poco a poco se fueron construyendo más cerrados para poder lograr mejor calidad en las pastas cerámicas.
El hierro es muy abundante en la naturaleza y su temperatura de fusión no sobrepasa los 1.539ºC. No puede ser colado en moldes sino que la pieza debe ser forjada en caliente y enfriada bruscamente después en agua fría para obtener mayor dureza. Su descubrimiento se atribuye a los hititas en el siglo XII a.C.
El conocimiento de la metalurgia del hierro llegó a la Península Ibérica a través de los colonos fenicios cuya influencia se detecta en las costas meridionales desde el siglo VIII a.C.
a). Define os seguintes termos: HISTORIA, HOME DE NEANDERTHAL, NOMADISMO, CRECENTE FÉRTIL.
b). Que diferenzas existen entre os seres humanos e o resto dos primates?
c). Como se desenvolveu a metalurxia do bronce en España? Cita os focos destacados, e, que construcións megalíticas fixeron?.
d). Escribe tres transformacións sociais provocadas pola metalurxia.
e). Por que a economía do Neolítico era produtora?
A. Menhires dispostos en ringleiras paralelas.
B. Ferramenta lítica, típica do paleolítico, tallada polas súas dúas caras e cun perfil cortante.
C. Monumento megalítico formado por varios menhires colocados en círculo.
D. Cámara constituída por grandes pedras verticais cubertas por outras horizontais.
E. Ciencia que estuda a superposición de capas ou estratos da terra no terreo cunha finalidade arqueolóxica.
F. Terceira idade dos metais.
G. Os petróglifos o son.
H. Ciencia que estuda os feitos dos que o ser humano foi protagonista no pasado.
I. Práctica funeraria existente xa na prehistoria que consiste en reducir a cinsa un cadáver.
J. En castelá, útil ou arma arreboladiza empregada na guerra ou na caza.
K. País africano cunha gran cantidade de fósiles homínidos.
L. Lámina de pedra, normalmente de sílex, cuarcita, que se extraía dun bloque de maior tamaño chamado núcleo e que servía para fabricar instrumentos.
M. É o máis sinxelo dos monumentos megalíticos e consiste nunha gran pedra cravada verticalmente no solo.
N. Homo que apareceu só en Europa como unha evolución do Homo Erectus.
Ñ. Contén a ñ. Materia prima que mesturada co cobre da o bronce.
O. Un dos primeiros metais traballados polo home.
P. Considerado como o primeiro enxeño artificial inventado polo home para aumentar a potencia do brazo. Con esta ferramenta eran impulsadas as lanzas.
Q. Conten a q. Nese país do Crecente Fértil xurdiron os primeiros poboados neolíticos.
R. Tipo de manifestación artística realizada sobre a rocha de paredes de covas, abrigos rochosos ou no exterior.
S. Mineral moi duro que ó golpealo rompe en láminas e produce unha aresta moi afiada. Empregábase na fabricación de machados, bifaces, coitelos ou puntas de frecha.
T. Colar metálico ríxido usado como adorno ou insignia entre as tribos galaicas.
U. Recipiente funerario no cal depositaban as cinsas dun morto. Esta práctica funeraria era empregada por algúns pobos indoeuropeos.
V. Representación de mulleres na prehistoria.
W. Localidade austríaca onde apareceu unha destas figuras femininas.
x. Lugar onde se concentran restos arqueolóxicos.
Y. Conten a y. Nome dun Australopithecus que recibiu ese nome grazas a unha canción dos Beatles.
Z. Todo aquilo que ten ou recorda a figura dun animal.
https://drive.google.com/file/d/1eB6gTwurASZBYIP4HseP4Ao63bFaxI38/view?usp=sharing