VOCABULARIO
CLERO REGULAR. Parte do clero integrado por monxes e monxas dedicados á oración. No campo, vivían illados nun mosteiro baixo a autoridade dun abade ou abadesa. Nas cidades, vivían en conventos, dedicados ao traballo e á oración.
BARBEITO. Terra deixada en repouso coa finalidade de que recupere a súa fertilidade. Esta técnica era empregada nos sistemas de rotación bienal e trienal.
ADARVE. Camiño na parte superior das murallas que permite vixiar e defenderse, a través das ameas, dun ataque exterior. Pode comunicar as distintas torres que forman parte do castelo ou recinto amurallado.
PATIO DE ARMAS. Espazo descuberto dentro dun castelo.
TRIBUNA. Galería sobre as naves laterais e sobre o deambulatorio. A súa finalidade era separar unha parte da poboación durante os oficios relixiosos.
CIBORIO. Construción elevada sobre o cruceiro, que habitualmente ten forma de torre de planta cadrada ou octogonal. A súa función é a de iluminar o interior do templo.
ÁBSIDA. Parte da igrexa situada na cabeceira e onde se sitúa o altar. Xeralmente ten planta semicircular e adoita ir cuberta con casquete de cuarto de esfera. Tamén pode presentar planta poligonal. Pode contar, si é suficientemente grande, con deambulatorio e capelas absidiales.
DEAMBULATORIO. Corredor que rodea a parte traseira do presbiterio. É a prolongación das naves laterais e só excepcionalmente dáse sen elas. Desde este corredor pódese acceder as capelas absidiales (absidiolos).
PANTOCRATOR. Representación de Cristo triunfante, sentado, cos Evanxelios na man esquerda e a dereita en actitude de bendicir. Atópase en moitas ocasións rodeado do tetramorfos.
TETRAMORFOS. Conxunto de símbolos dos catro evanxelistas que rodean ao Pantocrator. O home representa a San Mateo, o boi a San Lucas, o León a San Marcos e aguia a San Xoán.
CATEDRAL DE DURHAM
TRANSEPTO (brazo pequeno da cruz e sinalado no debuxo en cor)
TORRE CAMPANARIO
SAN PEDRO
ELEMENTOS ARQUITECTÓNICOS:
PERPIAÑO
ELEMENTOS ARQUITECTÓNICOS: MURO DE MAMPOSTERÍA
CÓDICE CALIXTINO
CRUCIFIXO DE MARFIL DE SAN ISIDORO DE LEÓN
A arte románica desenvólvese durante a Plena Idade Media en:
África occidental.
Asia occidental.
Europa occidental.
O Románico iniciouse no século:
IX, e tivo a súa plenitude a mediados do século X.
XI, e tivo a súa plenitude a mediados do século XII.
XII, e tivo a súa plenitude a mediados do século XIII.
O nome Románico provén da adaptación polo novo estilo dalgúns elementos da antiga arte:
grega
romana
visigoda
Coa fin das invasións, o desenvolvemento da economía e o crecemento da poboación no século X creáronse
moitas novas aldeas.
moitas novas cidades.
moitos novos castelos.
A partir do século X construíronse moitas igrexas seguindo o estilo románico que o que quería era:
exaltar a gloria de Deus e reforzar a fe dos crentes.
amosar o poder da cristiandade aos musulmáns.
amosar a riqueza da Igrexa.
No desenvolvemento e expansión da arte románica desempeñaron un papel moi importante:
o culto ás reliquias e ás peregrinacións a lugares santos.
a riqueza dos reis, nobres e Igrexa.
as antigas calzadas romanas.
Os tres lugares máis frecuentes da peregrinación na Idade Media foron:
Roma, a Meca e Xerusalén.
Roma, París e Londres.
Santiago de Compostela, Xerusalén e Roma.
CONTESTA SE É VERDADEIRO OU FALSO
O Románico é un estilo artístico.
O Románico desenvolveuse en Europa durante os séculos XI e XIII.
As manifestacións artísticas do Románico eran na súa maioría civís.
As igrexas e os mosteiros foron os edificios máis construídos durante o Románico.
A pintura e a escultura románicas utilizáronse de maneira esencial para amosar as pasaxes da Biblia á poboación analfabeta.
Grazas á orde monástica franciscana o estilo románico configurouse e expandiuse.
RESERVA SEÑORIAL. Parte do feudo formado polas mellores terras, que o señor se reservaba para a súa explotación directa. Nelas adoitaba estar o castelo, así como os prados e os bosques comunais.
MANSOS. Parte do feudo formado por parcelas de terras que o señor lles entregaba a servos ou a campesiños libres para que as cultivasen e construísen o seu fogar a cambio do pagamento dunhas rendas.
XUSTAS. Combate entre dous cabaleiros. A súa celebración era unha gran diversión no castelo, e os señores e as damas seguíanos desde unha tribuna. No enfrontamento, un cabaleiro contabilizaba puntos cando tocaba o adversario coa súa lanza no escudo ou os perdía se rompía a punta da súa lanza. A máxima puntuación adquiríase desmontando do seu cabalo o adversario.
ESCUDEIRO. Unha das fases na formación dun cabaleiro. Encargábase de levarlle o escudo e as armas o cabaleiro e adestrarse militarmente. Si se preparou ben e soubo amosar os valores dun cabaleiro, aos 20 anos será investido nunha gran cerimonia.
MINIATURA. Imaxes empregadas para decorar os manuscritos, xa sexa sobre pergameo ou sobre papel. Iniciáronse no Antigo Exipto e desenvolvéronse na Idade Media. A partir do século XVI experimentaron un retroceso coa chegada da imprenta A maior parte dos libros miniados eran copias da Biblia ou partes dela.
CLAUSTRO. Galería cuberta ao redor dun patio xeralmente cadrado. Estes dous espazos están separados por arquerías. Adoita estar adxacente a igrexa e formando parte dun complexo maior como unha Catedral ou mosteiro.
HORROR VACUI. Tendencia nas artes a non deixar un espazo sen decorar.