1. MAGMA. Masa rochosa fundida que se atopa no interior da terra, a máis de 16 km de profundidade sometida a unha presión e temperaturas elevadas. Pode sufrir un desprazamento cara as capas superiores da corteza, que no caso de chegar a superficie forman as rochas eruptivas extrusivas e se arrefría no interior dá lugar a rochas eruptivas intrusivas.
2. WADIS. Leitos polos que corre auga de maneira ocasional o chover. Estes cursos de auga atópanse en zonas áridas ou semiáridas. En España se denominan ramblas y las podemos encontrar en la parte oriental de la península.
3. CAUDAL. Cantidade de auga que leva un río nun punto determinado. O caudal dun río non é sempre constante, pois depende das augas de chuvia ou das procedentes do desxeo. Na maioría dos ríos europeos, o caudal varía dunhas estacións a outras.
4. TORRENTE. Curso de auga impetuoso e irregular que se forma despois de fortes chuvias, en especial no mundo mediterráneo durante o inverno. Ás veces poden ter efectos destrutivos. Porén gran parte do ano os seus leitos ou ramblas atópanse secos.
5. ICEBERG. Gran masa de xeo de auga doce que aboia no mar. Fórmase por ruptura de glaciares nos bordes da Antártida, Groenlandia, ou Ártico. A maior parte da súa masa está somerxida baixo a auga.
6. PRECIPITACIÓNS. Auga que cae da atmosfera ata a superficie da Terra que pode ser en forma de choiva, neve, sarabia ou orballo e parte fundamendal co ciclo da auga. Prodúcese cando o vapor de auga das nubes se arrefría e condensa. Cando as pingas ou cristais son moi pesados caen polo efecto da gravidade.
7. MAREAS. Cambios do nivel do mar que se producen de maneira regular cada seis horas completando dous ciclos ao día e producidos pola forza de atracción da Lúa e, en menor medida, do Sol. Cando a auga sobe é a preamar; cando baixa, é a baixamar. Afectan de maneira directa á navegación, pesca e á vida nos ecosistemas costeiros. No Océano Atlántico as mareas adoitan ser máis amplas que no Mar Mediterráneo. As mareas vivas prodúcense cando coinciden o Sol, a Lúa e a Terra aliñados provocando que a diferenza entre baixamar e pleamar sexa maior.
8. CORRENTE DO GOLFO. Corrente mariña quente que nace no Golfo de México e cruza o Océano Atlántico cara ao nordeste repartindo o calor polo planeta. Leva auga cálida e fai que os climas das costas de Europa occidental teñan unha temperatura máis suave. É unha das correntes máis importantes para o clima mundial.
9. LEITO FLUVIAL. Parte do terreo polo que circula a auga dun río ou "camiño" que segue o río desde o seu nacemento ata a súa desembocadura. Pode ser máis ancho ou máis estreito segundo o tramo. Formado por pedras, area, lama ou outros materiais que o río transporta chegando a provocar estragos cando sae do seu leito e se desborda no período de enchentes.