1. PXOU: siglas de Plan Xeral de Ordenación Urbana. Documento elaborado polos concellos, que proxecta o desenvolvemento urbano para certo número de anos: os usos do solo de cada zona, a clasificación do solo (urbano, urbanizable, non urbanizable), a edificabilidade ou densidade de edifícios, a rede viaria, os equipamentos e as medidas de protección ambiental.
2. AREA RURURBANA: espazo de transición entre o campo e a cidade situado mais Alá do espazo edificado da periferia urbana. Nel mestúranse os usos do solo e as formas de vida rural e urbana: espazos agrarios mesturados con industrias, residenciais, abastecementos urbanos, transportes, etcétera.
3. CIDADE DORMITORIO e un núcleo urbano típico da área metropolitana das grandes metrópoles, que sirve fundamentalmente como lugar de residencia ou dormitorio a traballadores empregados na cidade central.
4. ÁREA DE INFLUENCIA: é o territorio sobre o que unha cidade que exerce funcións de lugar central ( centro comercial, administración, servizos, etc.). A área pode ser máis ou menos extensa, dependendo o tamaño e o grado de diversidade e especialización das funcións urbanas. Deste modo, hai cidades con área de influencia mundial (Nova York), nacional (Madrid), rexional (Valencia), provincial (Santander), etc.
5. SOLO URBÁN: terreo que debe contar con acceso rodado, abastecemento de auga, evacuación de augas, fornecemento de enerxía eléctrica, etc., e con posibilidades de posuír edificacions si así esta acordado no Plan Xeral de Ordenación Urbana.
6. SMART CITIES: cidades que integran as tecnoloxías da información e da comunicación. Entre estas tecnoloxías podemos destacar: as redes de captadores sen fíos, puntos públicos de acceso a conexión wifi, contadores intelixentes, aplicacións para smartphones. Tamén son cidades que buscan a sustentabilidade mediante a instalación de sistemas solares térmicos (electricidade), fomento de vehículos eléctricos, mellora na recollida dos residuos etc.
7. CBD (Central Business District): espazos destinados ás actividades financeiras e de servizos. Adoitan aparecer relacionadas con grandes vías de comunicación, así coas partes centrais dás cidades. Tamén caracterízase pola altura dos edificios (paisaxe de rañaceos) debido ao elevado valor do só, que se dedican case por completo a oficinas. A poboación residencial e escasa. En España podemos destacar o barrio Azca de Madrid.
8. CIDADE DIFUSA: cidade que se estende horizontalmente ocupando un territorio cada vez máis extenso e está separada en áreas monofuncionais: zonas residenciais (diferenciadas por grupos sociais), áreas comerciais e de lecer, centros de ensino, universidades, barrios administrativos e de oficinas…, Ademais diminúe aquilo que é propio da cidade: o contacto humano, a sociabilidade. O modelo urbano disperso é unha fórmula moi custosa desde o punto de vista ecolóxico (consumo enerxético, emisión de contaminantes…). Por mor da dispersión nas localizacións, o transporte público colectivo resulta caro e moi pouco rendible, de xeito que o automóbil privado se converte no medio mais práctico, xerando problemas de conxestión de tráfico e contaminación.
9. TRAMA URBANA: xeito de ordenarse e agruparse as edificacións dunha cidade. Referíndonos a disposición das vivendas podemos ter unha trama pechada, onde as edificacións atópanse xuntas unhas á beira doutras. Na trama aberta as edificaciones están illadas unhas doutras en moitas ocasións formando torres ou vivendas unifamiliares. O conxunto de vivendas, rúas e prazas configuran os planos irregulares, ortogonales ou radiocéntricos.
10. CONURBACIÓN: é un área urbana continua formada polo crecemento paralelo de dous ou máis cidades ata unirse. Cada cidade da conurbación mantén a súa independencia administrativa. O factor da fusión adoita ser un eixe de tráfico ( por exemplo, Málaga e Marbella).
VIDEO 1
a) Que características presenta a cidade medieval? Como son as súas rúas ou as casas?
b) Sitúame as seguintes cidades na súa respectiva provincia: OLITE, OJUÉ, MORELLA, BESALÚ, ALBARRACÍN
VIDEO 2
a) En que se basea fundamentalmente o novo modelo urbanístico da cidade de Pontevedra?
b) Que aspectos positivos ou negativos podes ver neste modelo de cidade?
c) Está previsto a circulación dos automóbiles na cidade? Desenvolve a pregunta.
VIDEO 3
a) Cita os distintos tipos de planos urbanos que se citan e explican o vídeo.
b) Que características presenta o plano irregular?
c) Que características presenta o plano ortogonal? En que civilización se utilizou por primeira vez?
d) Que plano tiñan as cidades fundadas polos españois en América?
IMAXES
Chrisler
SERVIZOS: cableado telefónico
Adosados unifamiliares
SERVIZOS: alcantarillado
BARRIO AZCA (Madrid)
CENTRAL PARK. New York
LA CITY. Londres
EL RETIRO. Madrid
GRAN VÍA, Madrid.
LA DEFENSE. París
AS RAMBLAS. Barcelona
Quinteiros abertos
TORRES PETRONAS
TRAMA: PLANO ORTOGONAL
ENSANCHE DE BARCELONA
ILDEFONSO CERDÁ
TRAMA: PLANO RADIOCÉNTRICO
SERVIZOS: DEPURADORA
TRAMA: PLANO LINEAL
Edificio Telefónica
SANGHAI
NEW YORK
USO DO SOLO: INDUSTRIAL
VIVENDAS UNIFAMILIARES
CASCO ANTIGO
O BURGO. Plano lineal