1. SANDHURST. Documento redactado en 1874 por Cánovas del Castillo e asinado polo futuro Alfonso XII no seu exilio, no que se mostraba disposto a aceptar unha monarquía constitucional.
2. GOBERNOS DE CONCENTRACIÓN. Tipo de goberno no que participan varios partidos con representación parlamentaria para facerlle fronte a unha crise ou situación grave.
3. BRIGADAS INTERNACIONAIS. Unidades militares de voluntarios estranxeiros (de máis de 50 países de Europa e América) que participaron na Guerra Civil española apoiando á Segunda República. Foron retirados en outubro de 1938 pola presión internacional.
4. SEMANA TRÁXICA. Semana de violentas protestas populares que tiveron lugar en Barcelona en xullo de 1909 contra a orde de Maura de enviar tropas de reserva á guerra de Marrocos. As queixas foron duramente reprimidas polo Goberno de Maura, que caerá pouco despois.
5. DESASTRE DE ANNUAL. Derrota do exército español en xullo de 1921 fronte ás forzas rifeñas (do Rif) dirixidas por Abd el-Krim na guerra de Marrocos. O desastre agudizou a crise da Restauración borbónica e o desprestixio do exército e de Alfonso XIII, a quen se lle atribuíu parte da derrota.
6. CEDA. Confederación Española de Dereitas Autónomas, coalición de partidos conservadores e católicos fundada en 1933 por Gil Robles. Eran antimarxistas, defensores da relixión, a familia e a propiedade, e esixía a revisión da Constitución de 1931 para adecuala aos principios cristiás.
7. FRONTE POPULAR. Coalición electoral creada en xaneiro de 1936 polos principais partidos obreiros e republicanos de esquerda. Tras vencer nas eleccións de febreiro de 1936, serviu de apoio á política reformista dos gobernos republicanos encabezados por Manuel Azaña e Casares Quiroga.
8. LEXIÓN CÓNDOR. Forza de intervención alemá, fundamentalmente aérea, coa que o III Reich de Hitler apoiou ao bando sublevado franquista durante a Guerra Civil española. Foi clave e responsable de numerosos ataques como os bombardeos de Madrid, Guernica e Barcelona.
A cultura española vive un período de esplendor durante os primeiros anos do século XX. No mundo das Humanidades debemos destacar a figuras literarias como os integrantes da Xeración do 98 (Unamuno, Valle-Inclán e Azorín) e a Xeración do 27 (Federico García Lorca ou Rafael Alberti). Na Filosofía destacaron Ortega e Gasset así como María Zambrano; na Medicina Santiago Ramón y Cajal (neurólogo).
Valle- Inclán.
Escritor (Xeración do 98).
Federico García Lorca.
Escritor (Xeración do 27).
María Zambrano. Filósofa e escritora.
Santiago Ramón y Cajal. Neurólogo.
ARQUITECTURA E ESCULTURA
A arquitectura modernista (finais do s.XIX e comezos do s.XX) ten como principal representante a Antonio Gaudí (edificios de formas ondulantes inspirados na natureza).
Na arquitectura racionalista (principios do s.XX) a través da asociación GATEPAC coa figura de Lluís Sert como máis importante.
Na escultura a figura clave será Pablo Gargallo e Julio González que traballan co metal en obras moi características que seguen o mundo do Cubismo inaugurado nos primeiros anos do s.XX.
Antoni Gaudí
Casa Batlló,1906
Parc Güell,1914
Sagrada Familia.
En contrución.
Pablo Gargallo
O profeta, 1933
Home cactus I,1939
Julio González
IMPRESIONISMO E PRIMEIRAS VANGARDAS
A pintura impresionista ten en España a máxima figura con Joaquín Sorolla que traballa a luz e a cor do Mediterráneo.
As primeiras vangardas contan con seguidores do Fauvismo, Expresionismo, Cubismo e Surrealismo en persoeiros moi relevantes.
Francisco Sorolla
Nenos á orilla do mar, 1903
Francisco Iturrino
Fauvismo
Natureza morta, 1910
José Gutiérrez Solana
Chulos y chulas
1906
Pablo Picasso
A traxedia, 1903
Juan Gris
Botellas e coitelo,1912
SalvadorDalí
La presistencia de la memoria,1931
Joan Miró
Entroido do arlequín
1924-1925
A traxedia, 1903
Época azul
Acróbata con arlequín, 1905
Época rosa
Familia de saltimbanquis, 1905
Época rosa
Señoritas de Avignon, 1907
Guernika, 1937
Muller con mandolina, 1910
Cubismo analítico
Violín e xarra, 1910
Cubismo analítico
Bodegón con silla de lona, 1912
Cubismo sintético
Guitarra e periódico, 1925
Juan Gris
Cubismo sintético
COMPOSICIÓN DE TEXTO: «A CRISE DA RESTAURACIÓN. O DESARTELLAMENTO DO SISTEMA CANOVISTA»
Os seguintes textos deben permitirche facer unha redacción sobre a crise da Restauración. Tendo en conta os documentos e o seu contexto, debes atender cando menos aos efectos do desastre do 98 (Documento 1), ao crecente papel do exército na vida política (Documento 2) e aos principais grupos de oposición ao sistema (Documento 3).
DOC1.
“Non temos perdón de Deus; perdémonos porque queremos […]. Parecía natural, digo, que en agosto do ano anterior se renovase o persoal da política española, […] aínda que non fose máis que por un sentimento de pudor e de pública honestidade. Pois non, señores; no canto de se xubilaren eles, preferiron que se xubile a nación, que é tida xa en Europa como fóra de servizo, […] e logo que se viron outra vez arriba, nin sequera se lles ocorreu variar de conduta; volveron facer o mesmo de antes: durmir, aprazalo todo para mañá, deixar que España estea cada vez máis lonxe de Europa, porque Europa segue avanzando e nós, parados […].”
"Quen debe gobernar despois da catástrofe”, en Joaquin Costa, Discursos políticos, 1899
DOC2.
“DON ALFONSO XIII, pola graza de Deus e a Constitución Rei de España:
A todos os que a presente viren e entenderen, sabede: que as Cortes decretaron e Nós sancionamos o seguinte:
[…] Art.3º. Os que de palabra ou por escrito, por medio da imprenta, gravado ou outro medio mecánico de publicación, en estampas, alegorías, caricaturas, emblemas ou alusións, inxurien ou ofendan clara ou encubertamente o Exército ou a Armada ou institucións, armas, clases ou Corpos determinados do mesmo, serán castigados coa pena de prisión correccional. E coa de arresto maior nos seus graos medio e máximo a prisión correccional no seu grao mínimo os que […] instigaren directamente á insubordinación en institutos armados ou a apartarse do cumprimento dos seus deberes militares a persoas que sirvan ou estean listas a servir nas forzas nacionais de terra ou mar […].”
Lei de Xurisdiccións, Gaceta de Madrid, 24 de abril de 1906
DOC3.
“Efectuouse esta mañá o mitin convocado polo comité Socialista para protestar contra a guerra. Presidiu o señor Largo Caballero, quen expuxo o obxecto do acto. Despois de falaren algúns concorrentes fíxoo Pablo Iglesias, que estimou que toda guerra é prexudicial, e para España o é a de Marrocos […]. Os reunidos aprobaron as seguintes conclusións: pedir ao goberno que non envíe forzas a Marrocos e que retire as que alí ten, e pedir autorización para celebrar o domingo unha manifestación de protesta contra a guerra.”
Noticia do mitin celebrado no teatro Variedades de Madrid, publicada no Diario de Barcelona (12 xullo de 1909)
TEXTOS HISTÓRICOS SOBRE A CRISE DA RESTAURACIÓN
Os seguintes textos deben permitirlle facer unha redacción sobre a crise da Restauración. Tendo en conta os documentos e o seu contexto, debe atender cando menos ao cuestionamento do sistema canovista feito polo rexeneracionismo, aos efectos da política colonial en Marrocos e á trascendencia da Semana Tráxica. (5 puntos)
DOC1. En conclusión: non é a forma de goberno en España a mesma que impera en Europa, aínda que un día o pretendera a Gaceta; o noso atraso a este respecto non é menor ca en ciencia e cultura, ca en industria, ca en agricultura, ca en milicia, ca en administración pública. Non é a nosa forma de goberno un réxime oligárquico, servido, que non moderado, por institucións aparentemente parlamentarias. Ou, dito doutro xeito, non é o réxime parlamentario a regra, e excepción delas os vicios e as corruptelas denunciadas na prensa e no Parlamento mesmo durante sesenta anos; ao revés, iso que chamamos desviacións e corruptelas constitúen o réxime, son a mesma regra.
Joaquín Costa critica o réxime canovista na súa obra Oligarquía y caciquismo (1901).
DOC2. O goberno obrigado por compromisos internacionais que a nación descoñece, ou movido polo afán de amparar os intereses duns cuantos plutócratas, resolveu enviar a Marrocos 20.000 homes […]. Tal enormidade, incrementada pola tremenda inxustiza de que á guerra vaian soamente os fillos dos pobres, os que non puideron librarse da contribución de sangue por carecer de 1.500 pesetas, non debe ser consentida pola clase obreira […]. Por outra banda, a clase obreira, que loita hoxe non xa por mellorar a súa sorte, senón tamén por emanciparse e emancipar a todos os homes, ten un alto interese en que o militarismo non alcance no noso país maior preponderancia da que ten, e seguramente alcanzaría se se realizase unha campaña guerreira en Marrocos.
Manifesto contra a Guerra emitido polo Partido Socialista o 28 de xuño de 1809.
DOC3. É tan grave o que ocorre, que non pode publicarse. Toda a noite pasada houbo tiroteos, con mortos e feridos nas rúas. Na barriada de San Andrés foi queimado o convento de Maristas. Ás once, os revolucionarios levantaron unha barricada na rúa de San Pablo. Acudiu forza de Veteranos (pois non hai tropas case na praza), sostendo un tiroteo, con mortos e feridos […]. Ás 7, 40 da tarde aumenta o tiroteo en todas as partes. O Cárcere encóntrase cheo. Foron detidos moitos anarquistas. O terror fíxose dono de Barcelona. […] Os farois, apagados nas barriadas por falta de gas. Hai moitas mulleres encarceradas. Desfila agora polas rúas unha manifestación capitaneada por mulleres. A Garda Civil é asubiada e vitoreada a tropa.
A Semana Tráxica segundo o relato do correspondente do diario El mundo en Barcelona. Día 27.
Os seguintes textos deben permitirche facer unha redacción sobre a crise de 1917, os gobernos de concentración e a guerra de Marrocos. Tendo en conta os documentos e o seu contexto, debes atender cando menos ás diversas causas da crise, os seus efectos sobre o sistema de quendas e o agravamento da situación provocado polo desastre de Annual.
DOC1.
“A política do actual Goberno, sobre significar unha provocación a Cataluña e a España enteira, constitúe á vez un agravio ao Parlamento e un obstáculo a que as ansias de renovación que sente o país poidan obter normal satisfacción. (…) Que declarando o Goberno e os partidos que teñen maioría nas actuais Cortes, que estas non poidan actuar en funcións de constituíntes, e considerando a Asemblea que urxe deliberar e resolver sobre a organización do Estado, a autonomía dos municipios e os demais problemas que as circunstancias expoñen con présa inaprazable para a vida do país, entenden que é indispensable a convocatoria de novas Cortes, que en funcións de constituíntes, poidan deliberar sobre estes problemas e resolvelos”.
Petición da Asamblea de Parlamentarios. Barcelona, 19 de xullo de 1917.
DOC2.
“Aos obreiros e á opinión pública: Chegou o momento de poñer en práctica, sen vacilación ningunha, os propósitos anunciados polos representantes da U.X.T. e da C.N.T. no manifesto subscrito por estes organismos no mes de marzo último.(…) Pedimos a constitución dun Goberno provisional que asuma os poderes executivos e moderador e prepare, previas as modificacións imprescindibles nunha lexislación viciada, a celebración de eleccións sinceras, dunhas Cortes constituíntes que aborden, en plena liberdade, os problemas fundamentais da constitución política do país. Mentres non se conseguiu ese obxectivo, a organización obreira áchase absolutamente decidida a manterse na súa actitude de folga”.
Manifesto do Comité de folga á clase traballadora. Madrid, 12 de agosto de 1917.
DOC3.
“(…)vistes, señores, despois dun desastre da magnitude do que foron teatro aquelas odiosas terras da zona de Melilla, a frugalidade, a sobriedade, a sequidade con que o señor presidente do Consello o expuxo ante o país: unhas cantas frases para dicir que non podía haber esaxeración ao cualificar o desastre; unha ausencia total, absoluta, de datos sobre a contía e magnitude da catástrofe e a máis absoluta ausencia tamén de todo xuízo sobre as causas que a procrearon”.
Discurso parlamentario pronunciado por Indalecio Prieto en outubro de 1921 sobre o Desastre de Annual.
DOC4.
“Dar ao Estado unha constitución federativa: tal é a gran solución renovadora. Mediante unha organización interna de estrutura federativa, os pobos ibéricos terían o ambiente de fraternidade, de intimidade amorosa que forma as grandes unidades indivisibles […]. Esta organización federativa é, por outra banda, a que corresponde á estrutura da sociedade política española, dividida en nacionalidades, en pobos de personalidade suficientemente definida”.
Manifesto do 14 de xuño de 1917, dirixido polos parlamentarios rexionalistas ao país.
DOC5.
“Na presente e crítica ocasión, xa viu o pobo o que ficou das promesas de reformas da economía nacional. Continúan as eternas ocultacións de riqueza […], os beneficiados cos negocios da guerra, nin empregan as súas ganancias no fomento da riqueza nacional, nin se aveñen a entregar parte dos beneficios ao Estado, e o Goberno, débil cos poderosos e altivo cos humildes, lanza a diario contra dos obreiros a Garda Civil […]. E respondendo a este convencemento, os representantes da Unión Xeral de Traballadores e os da Confederación do Traballo, acordan por unanimidade: Primeiro […] imponse que o proletariado español empregue a folga xeral, sen prazo definitivo de terminación, como a arma máis poderosa que posúe para reivindicar os seus dereitos”.
Manifesto declarando a folga xeral, 27 de marzo de 1917
DOC6.
“Abandónase a posición con todos os seus elementos, sen ordes, sen instrucións, con présas, sen coñecer nin plan nin dirección, revoltas as forzas, confundidas, sen xefes pode dicirse, acosados polo inimigo, e sen máis idea visible que a da salvación individual, pola fuxida vergoñosa nuns, inexplicable noutros e lamentable en todos, sendo inútiles os esforzos duns cantos para conter esta avalancha, que tan impremeditadamente se deixou desbordar. […] A columna fuxitiva, deixando como rastros mortos e feridos, material esnaquizado e bestas inútiles –pois as útiles utilizábanas para fuxir–, chegou en multitude a Izumar. Recobradas un pouco as forzas despois de Izumar, volven outra vez ao barranco de baixada a desorganizarse, e xa é inútil o esforzo individual dalgúns xefes e oficiais e clases para conter a desmoralización acosada polo inimigo, máis atento entón a aproveitar o botín deixado en Annual e nas outras posicións”.
Descrición da retirada do 22 de xullo en Annual segundo o fiscal militar que actuou no expediente Picasso
TEXTOS SOBRE A DITADURA DE MIGUEL PRIMO DE RIVERA
Tendo en conta os seguintes documentos, aos que debes referirte ao longo da túa exposición, debes elaborar unha redacción sobre a ditadura do xeneral Primo de Rivera, centrándote nos ámbitos político e económico. O golpe de Estado (Doc. 1), aprobado por Alfonso XIII, pon fin ao réxime constitucional e instaura no goberno a un Directorio Militar que será sucedido en 1925 por un Directorio Civil (Doc. 2). Os éxitos militares en Marrocos e un crecemento económico sustentado no nacionalismo e no intervencionismo (Doc. 3) non puideron evitar a caída do ditador en 1930, enfrontado a unha crecente oposición (Doc. 4) e ao cambio de tendencia na conxuntura económica internacional.
DOC1.
“Españois: Chegou para nós o momento máis temido que agardado (...) de atender o clamoroso requirimento de cantos amando a Patria non ven para ela outra salvación que libertala dos profesionais da política, dos que por unha ou outra razón nos ofrecen o cadro de desventura e inmoralidades que comezaron no ano 98 e ameazan a España cun próximo fin tráxico e deshonroso (...). Non vimos chorar mágoas e vergoñas, senón poñerlles axiña radical remedio, para o que requirimos o concurso de todos os bos cidadáns. Para iso (...) constituirase en Madrid un Directorio Militar con carácter provisorio encargado de manter a orde pública (...)”.
Manifesto do xeneral Primo de Rivera (13 de setembro de 1923)
DOC2.
“En suma, señor, para expoñer o meu pensamento clara e sinceramente, o que propoño a V. M. é a substitución dunha ditadura militar por outra civil e de organización máis axeitada, pero non menos vigorosa. E permítome propoñelo así, recollendo a arela popular, que só teme do cambio de goberno que se debiliten os resortes do mando que foron carácter do Directorio militar, cuxa vida, como xenuína representación do exército e da mariña, que tan patrioticamente ofreceron o prestixio dos seus nomes corporativos a este arriscado labor, non debe levarse a momento de desgaste ou de quebranto; nin tampouco debe subtraerse por máis tempo ao país, na súa representación civil, que é a axeitada e tan manifestamente está da nosa parte, a participación e a responsabilidade na obra de reconstituílo e reeducalo administrativa e politicamente”.
Proposta de Primo de Rivera a Alfonso XIII para substituír o Directorio Militar por un Directorio Civil (1925)
DOC3.
“As ditaduras propenden fatalmente ao intervencionismo. O seu omnímodo poder é incompatible coa inhibición (...). O intervencionismo de Primo de Rivera abrangueu a agricultura, a industria, o mesmo comercio (...). Primo de Rivera profesou un entusiasta nacionalismo económico que eu compartín co máis caloroso fervor. Pero o noso nacionalismo mantívose dentro de correctísimos límites. A xuízo do xeneral, España debía nacionalizar unicamente: a) as industrias para as que a primeira materia se obtén no noso territorio; b) as que dentro do ámbito nacional de consumo poden achar mercado suficiente de vida; c) as indispensables para asegurar a nosa independencia política nacional”.
José Calvo Sotelo, na súa obra Mis servicios a España (1931), expón e defende as que foran liñas mestras da actuación económica da ditadura
DOC4.
“E despois de seis anos longos de Ditadura, ¿que queda en España? (...). Roto o Exército con múltiples sublevacións sucesivas (...); rota a Universidade, coas aulas pechadas (...); rota a Facenda, coa moeda derrubada (...); rota a Xustiza (...). Todas as forzas lexítimas, rotas; pero, en troques, intactas todas as forzas nocivas (...): o caciquismo en pé, as súas falanxes unidas; o sindicalismo revolucionario, latente e prevido; os extremismos nacionalistas, máis esaxerados que antes; nin un só dos elementos da patoloxía nacional quedaron suprimidos ou atenuados”.
Rematada a ditadura, Ángel Ossorio, que sería deputado nas Cortes republicanas, enxuíza así a situación de España
TEXTOS HISTÓRICOS SEGUNDA REPÚBLICA ESPAÑOLA
DOC1.
Artigo 1. Concédese o pase á situación de segunda reserva, co mesmo soldo que gocen no seu emprego da escala activa, a todos os oficiais xerais do Estado Maior Xeneral, aos da Garda Civil e Carabineiros e á dos Corpos de Alabarderos, Xurídico Militar, Intendencia, Intervención e Sanidade, nas súas dúas seccións de Medicina e Farmacia, que o soliciten do Ministerio de Guerra dentro dos trinta días seguintes ao da publicación deste decreto.
Artigo 2. Concédese o pase á situación de retirado, co mesmo soldo que gocen actualmente no seu emprego e calquera que sexan os seus anos de servizos, a todos os Xefes, Oficiais e asimilados, así en situación de actividade como na de reserva retribuída das distintas Armas e Corpos do Exército. Incluso os Oficiais menores de Gardas de Alabarderos, que o soliciten do Ministerio da Guerra dentro do prazo sinalado no artigo anterior (…)”.
A reforma militar. Gaceta de Madrid, 27 de abril de 1931
DOC2.
"O problema dos latifundios en España non é unha entelequia inventada por uns cuantos descontentos ou idealistas, senón unha cuestión grave de enorme transcendencia económica e social para nosa patria. Non se trata só do feito de que uns 70’00 propietarios posúan máis de 6 millóns de hectáreas nas rexións manchega, estremeña e andaluza, senón tamén de que gozan a maior parte da riqueza que nelas reproduce, deixado ao resto dos seus habitantes en situación precaria, e, sobre todo, impedindo que se intensifique a produción e poidan progresar esas provincias (…). Consecuencia deles son: o despoboamento dos campos, o deficiente cultivo, os xornais baixos, os arrendamentos caros, a escasa e raquítica gandería, e, en xeral, a situación precaria en que se atopa a terceira parte do territorio nacional (…). #Ante estes feitos, é suicida e criminal pechar os ollos para non velos e deixar que pasen os anos e aínda séculos, como ata o de agora ocorreu, sen poñerlles remedio. Hai, pois, que afrontar a súa solución con serenidade pero con enerxía (…)."
Os Latifundios en España, Pascual Carrión, Madrid 1932.
DOC3. "
A execución desta lei quedará encomendada ao Instituto de Reforma Agraria que... promoverá a formación de organismos de crédito a fin de facilitar aos campesiños asentados o capital necesario para os gastos de explotación... Serán susceptibles de expropiación as terras incluídas nos seguintes apartados: 1. As ofrecidas voluntariamente polos seus donos, sempre que a súa adquisición considérese de interese para o Instituto de Reforma Agraria. 2. As que se transmitan contractual mente a título oneroso sobre as cales e a este só efecto, poderá exercitar o Estado o dereito de retracto nas mesmas condicións que determine a lexislación civil vixente. 3. As adxudicadas ao Estado, Rexión, provincia ou Municipio, por razón de débito, herdanza ou legado e calquera outras que posúan con carácter de propiedade privada."
Lei de Reforma Agraria. A Gaceta de Madrid, 21 de setembro de 1932.
TEXTOS HISTÓRICOS SOBRE REFORMAS DA SEGUNDA REPÚBLICA ESPAÑOLA
Os seguintes textos deben permitirche facer unha redacción sobre as grandes reformas da II República. Tendo en conta os documentos e o seu contexto, debes atender cando menos ás motivacións e ao contexto do programa reformista, ás principais medidas adoptadas e aos seus resultados.
DOC1.
“Manuel Azaña era o líder republicano menos coñecido polas masas o 14 de abril cando o Comité Revolucionario se fixo cargo do Goberno, pero era tamén o que tiña un coñecemento máis exacto dos grandes problemas nacionais do momento. Entre estes atopábanse a gran propiedade latifundista, o control da Igrexa católica sobre a política e a cultura [...] e a existencia dun Exército colonialista [...].[...] Como digo, seguramente Azaña tiña conciencia destes problemas coma ninguén, pero carecía de suficiente forza propia, dun partido forte que o sustentase, do apoio dunha burguesía emprendedora inexistente, como recoñeceron moitos, do carácter e a coraxe que esixía a empresa [...].
Santiago Carrillo rememora a figura de Manuel Azaña e o seu papel na Segunda República.
DOC2.
“[...] O custo da reforma, xa o apreciamos, é duns 500 millóns de pesetas anuais durante un decenio, pero estas cantidades seranlle devoltas ao Estado polos mesmos cultivadores, e, canto ás melloras sociais, camiños, poboados, obras de rega, etc., tamén serán amortizadas co aumento de contribucións e impostos. [...] A respecto dos beneficios sociais, non hai que ponderar o que supón que teñan ocupación todos os obreiros agrícolas desas provincias e que poidan levar unha vida modesta, pero que cubra as súas necesidades e lles permita ser verdadeiramente libres [...].
Beneficios da reforma agraria, segundo o enxeñeiro agrario Pascual Carrión, integrante da Comisión Técnica encargada de elaborar o anteproxecto de Lei de Reforma Agraria.
DOC3.
“O Goberno provisional da República sitúa no primeiro plano das súas preocupacións os problemas que fan referencia á educación do pobo. A República aspira a transformar fundamentalmente a realidade española ata lograr que España sexa unha auténtica democracia. E Españanon será unha auténtica democracia mentres a inmensa maioría dos seus fillos, por falta de escolas, se vexan condenados a perpetua ignorancia. [...] Fundado nestas razóns, e a proposta do Ministro de Instrución Pública e Belas Artes, o Goberno provisional da República decreta: Artigo 1.º Autorízase o Ministerio de Instrución pública para crear, a partir do 1º de Xullo, 7.000 prazas de Mestres e Mestras con destino ás Escolas nacionais [...].”
A reforma educativa. Decreto de 24 de xuño de 1931.
TEXTO HISTÓRICO SOBRE ALFONSO XIII DESPEDÍNDOSE DO PAÍS.
"As eleccións celebradas o domingo revélanme claramente que non teño hoxe o amor do meu pobo. A miña conciencia dime que ese desvío non será definitivo, porque procurei sempre servir a España, posto o único afán no interese público ata nas máis críticas conxunturas. Un Rei pode equivocarse, e sen dúbida errei eu algunha vez, pero se ben que a nosa patria mostrouse en todo momento xenerosa ante as culpas sen malicia. Son o Rei de todos os españois, e tamén un español. Acharía medios sobrados para manter as miñas rexias prerrogativas, en eficaz forcéxeo con quen as combate. Pero, quero apartarme de canto sexa lanzar a un compatriota contra outro en fratricida guerra civil. Non renuncio a ningún dos meus dereitos, porque máis que meus son depósito acumulado pola Historia, de cuxa custodia ha de pedirme algún día conta rigorosa. Espero a coñecer a auténtica e adecuada expresión da conciencia colectiva, e mentres fala a nación suspendo deliberadamente o exercicio do Poder Real e apártome de España, recoñecéndoa así como única señora dos seus destinos. Tamén agora creo cumprir o deber que me dita o meu amor á Patria. Pido a Deus que tan fondo como eu síntano e cúmprano os demais españois."
ABC, 15 de abril de 1931