1. Escritura cuneiforme: primeiro sistema de escritura da historia. Facíase sobre taboíñas de arxila. Os signos tiñan forma de cuña. Servía para rexistrar leis, contas e relatos. Foi creada polos sumerios arredor do 3500 a.C.
2. Código de Hammurabi: foi un dos primeiros códigos de leis escritos. Estaba gravado nunha estela de pedra. Regulaba castigos e normas sociais.
Aplicaba a lei do “ollo por ollo”.
3. Estela: pedra vertical con inscricións gravadas. Servía para escribir leis ou feitos importantes. A máis famosa é a do Código de Hammurabi. Facía públicas as normas.
4. Toros alados: esculturas monumentais asirias. Tiñan corpo de touro, ás de aguia e cabeza humana. Colocábanse nas entradas dos palacios.
Simbolizaban protección e poder.
5. Zigurat: templo en forma de pirámide escalonada. Situábase no centro da cidade. Estaba dedicado ao deus protector. Na parte superior había un santuario. Simbolizaba o poder relixioso e político.
6. Sumerios: pobo máis antigo de Mesopotamia. Fundaron cidades como Ur ou Uruk. Inventaron a escritura cuneiforme. Desenvolveron a agricultura de regadío.
7. Adobe: material de construción elaborado con barro mesturado con palla e secado ao sol. Foi o principal material empregado en Mesopotamia debido á escaseza de pedra e madeira. Permitía construír murallas, casas e mesmo templos. O uso do adobe explica por que moitas construcións mesopotámicas non se conservaron ben, xa que este material é menos resistente ca a pedra.
8. Cerámica vidriada: é aquela que recibe un revestimento vitrificado ao cocerse a alta temperatura. Este proceso dá á superficie un acabado brillante e impermeable. En Mesopotamia empregouse especialmente con fins decorativos e monumentais. Permitía incorporar cores intensas como azul, verde ou amarelo. Como exemplo destacado temos a Porta de Ishtar de Babilonia (século VI a.C.) que estaba decorada con ladrillos de cerámica vidriada azul con representacións de touros e dragóns en relevo.
BIOGRAFÍAS
9. Asurbanipal: rei asirio do século VII a.C. É coñecido pola súa gran biblioteca en Nínive. Reuniu miles de textos escritos en taboíñas. Fomentou a cultura e o saber. Grazas a el conservamos obras antigas importantes.
10. Nabucodonosor II: rei de Babilonia no século VI a.C. Fortaleceu o Imperio neobabilónico. Embeleceu a cidade de Babilonia. A tradición atribúelle os Xardíns Colgantes.
LISTADO E IMAXES DE MESOPOTAMIA- RESPOSTAS IMAXES
CULTURA, CIVILIZACIÓN MESOPOTÁMICA
I ESCRITURA
Escritura cuneiforme
II ARQUITECTURA
Zigurat
Puerta de Isthar
III ESTELAS, ESTANDARTES
Estela de Naram-Sim
Estandarte de Ur
Código de Hammurabi
IV RELEVOS, ESCULTURAS
Leona Ferida
Asurbanipal cazando leóns
Lamashu
Gudea
ZIGURAT
ESCRITURA CUNEIFORME
ESTELA DE NARAM SIN
LAMASU
GUDEA
CÓDIGO DE HAMMURABI
LEONA FERIDA
ASURBANIPAL CAZANDO LEÓNS
ESTANDARTE DE UR
PUERTA DE ISHTAR