Sans Culottes: termo despectivo que significa "senn calzóns". Fou utilizado polos grupos acomodados durante a Revolución Francesa para designar os grupos populares urbanos, que vestían pantalón longo en vez de levar as calzas ou pantalóns curtos e axustados das clases altas.
Constitución de 1791: primeira constitución francesa. Nela proclámase a soberanía do pobo e establecese a división de poderes e o sufraxio censatario ou restrinxido aos varóns que posuían certas propiedades.
Xirondinos: revolucionarios moderados que dominaron inicialmente a Convención. Neste período aboliuse a monarquía e proclamouse a República (1792) e foi procesado e guillotinado Luis XIV.
Paz de Versalles: tratado asinado entre o Reino Unido e os Estados Unidos de América en París, o 3 de setembro de 1783. Rematou a Guerra de Independencia americana. O tratado foi asinado por David Hartley, membro do Parlamento do Reino Unido en representación do rei George III, John Adams, Benjamin Franklin e John Jay, representantes dos Estados Unidos.
Liberdade de imprenta: liberdade de escribir, imprimir e publicar. Agora ben, tivo as súas limitacións, xa que as Cortes de Cádiz crearon unhas xuntas de censura para coidar os posibles "excesos" no político e outorgoulle á Igrexa o control do que afectaba a relixión.
Constitución de 1787: lei suprema americana que establece unha república federal como forma de Estado. O sistema político ordénase de acordo co principio ilustrado da división de poderes:
Á fronte do poder executivo sitúase o presidente, que é elixido por sufraxio universal indirecto cada catro anos.
Un poder lexislativo con dúas cámaras.
Un poder xudicial, independente das demais institucións do Estado.
Manifesto dos Persas: documento asinado por 69 deputados en Madrid, no ano 1814, polo que se instaba a Fernando VII a derogar a obra lexislativa das Cortes de Cádiz e a instaurar de novo o Antigo Réxime a súa chegada a España trala firma do Tratado de Valençay. Supón o inicio do Sexenio Absolutista e será posteriormente respaldado polo Congreso de Viena.
BIOGRAFÍAS:
George Washington: primeiro presidente dos Estados Unidos. Naceu en Virginia en 1732, nunha familia acomodada chegada de Inglaterra no século XVII. Alistouse no exército británico e destacou nas campañas da guerra dos Sete Anos. Mantívose nunha posición política moderada, contrario ás imposicións da metrópole, pero fiel a Coroa británica. Cambiou de actitude a partir de 1773. En 1774 representou Virginia no Primeiro Congreso Continental e declarouse partidario da independencia, convertendose no comandante en xefe das tropas formadas polos colonos americanos.
Robespierre: líder francés jacobino. Como miembro destacado del Comité de Salvación Pública, promovió políticas radicales y defendió la virtud republicana y la justicia social. Su estricta ideología y persecución de los enemigos de la revolución le ganaron tanto admiración como odio. Finalmente, su régimen de terror condujo a su caída y ejecución en 1794.
Godoy: Primer Ministro de Carlos IV, Godoy llevó a cabo varias reformas y políticas, incluyendo el Tratado de Fontainebleau, que permitió la entrada de tropas francesas en España. Su alianza con Napoleón y la consiguiente ocupación francesa lo hicieron impopular y llevaron a su caída tras el Motín de Aranjuez en 1808.
NON ENTRA:
ILUSTRACIÓN: Movemento intelectual europeo nacido no século XVIII. Caracterizouse pola súa defensa dos ideais da razón científica, do progreso universal e da igualdade e felicidade de todos os seres humanos. Atacou as bases do Antigo Réxime, e abriu o camiño para as Revolucións burguesas do século XIX.
ENCICLOPEDIA: Obra francesa (1751-1772) en 20 grosos volumes que tentaba resumir todo o saber do século XVIII. Dirixida por Diderot e D'Alembert. Era moi racionalista, prestou especial interese pola divulgación da ciencia e foi moi crítico coa relixión e co Antigo Réxime.
MONARQUÍA ABSOLUTA: É o sistema político no que o monarca, que era considerado o representante de Deus, concentraba todos os poderes do Estado (nomeaba aos máximos funcionarios do Estado, aprobaba leis, tomaba e executaba decisións, etc.). Naceu no século XVII, e o seu máximo representante é Luís XIV, quen definiu o sistema dicindo "Eu son o Estado".
DESPOTISMO ILUSTRADO: Foi un sistema político baseado no absolutismo monárquico que se deu nalgúns países europeos durante o século XVIII. Os déspotas ilustrados intentaron aplicar aos seus gobernos as ideas de racionalidade e progreso da Ilustración, e os seus ideais poden resumirse na frase "Todo para o pobo, pero sen o pobo". Intentaron levar a cabo unha serie de reformas económicas, administrativas e educativas, sen realizar reformas no ámbito político.
MERCANTILISMO: Doutrina económica dominante en Europa nos séculos XVI e XVII, que consideraba que a riqueza dun Estado se fundamentaba na posesión de metais preciosos, defendendo, polo tanto, o aumento das exportacións e a restrición das importacións; Con isto conseguíanse os cartos para facer fronte aos gastos da monarquía (administración, guerras...).
FISIOCRACIA: Teoría económica que apareceu en Francia na segunda metade do século XVIII que, fronte ao mercantilismo, defendía que só a agricultura podía constituír a base da riqueza dun país. Partindo diso, os fisiócratas defenderon a libre circulación de terras e mercadorías, así como melloras nas técnicas agrícolas.
DEISMO: Relixión natural defendida por filósofos do século XVIII, na que admiten a existencia dun deus creador e organizador do universo, pero que non intervén en absoluto na historia da humanidade, sendo responsabilidade dos homes todo o que acontece nesta vida.
PARLAMENTARISMO: No Antigo Réxime, o parlamento era unha asemblea formada por representantes dos estamentos. En Inglaterra estaba formada pola Cámara dos Lores, que representaba á alta nobreza, e a Cámara dos Comúns, que defendía os intereses da burguesía. Despois das revolucións inglesas do século XVII, en Gran Bretaña reina o rei e o Parlamento leva o peso dos asuntos políticos, estando o rei suxeito á lei.
CONSTITUCIÓN: Lei fundamental dun Estado que establece as normas básicas para a organización dos distintos órganos do seu goberno. As constitucións adoitan describir os dereitos e deberes dos habitantes dun Estado, así como a organización e relación entre os distintos poderes do Estado (lexislativo, executivo e xudicial).
NEOCLASICISMO: Corrente cultural e artística que se desenvolveu en Europa na segunda metade do século XVIII, como reacción contra o Barroco. Influenciado polas ideas de orde e racionalidade da Ilustración, o neoclasicismo defendeu o retorno aos temas da antigüidade clásica e o predominio das liñas e do debuxo sobre a cor.
XURISDICCIÓN: Dereitos, leis, costumes, privilexios e exencións especiais que outorga a coroa a un territorio e aos seus habitantes. A súa orixe en España está na Reconquista medieval (Castela, Aragón, Navarra), chegando ata o século XVIII, cando a suprimiron os monarcas borbónicos.
DECRETOS DE NOVA PLANTA: Eran as normas establecidas por Felipe V polas que se suprimiron as leis, costumes e privilexios da Coroa de Aragón (Aragón, Cataluña, Valencia e Mallorca), xa que axudaran ao arquiduque Carlos na Guerra de Sucesión española. A partir dese momento, todo o territorio nacional ten as mesmas leis e dereitos.
LISTA ARTE ROCOCÓ, NEOCLASICO E GOYA
ARQUITECTURA
Puerta de Branderburgo.
Museo del Prado.
La Madeleine.
Los Inválidos.
PINTURA
GOYA
Familia de Carlos IV
La maja desnuda.
La maja vestida.
Os fusilamentos.
O manequín de palla.
A marquesa de Santa Cruz.
A leiteira de Bordeos.
NEOCLÁSICO EN GALICIA
Pazo Raxoi
Fachada da facultade de Historia.
Santa María de Vigo