1. SEGUNDA GUERRA PÚNICA. Loita dos romanos contra os cartaxineses a finais do século III a.C. Os romanos desembarcaron na Península e derrotaron varias veces aos cartaxineses, ata que, tras ocupar Gadir no 206 a.C. expulsáronos de maneira definitiva.
2. VILAS. Eran propiedades agrícolas pertencentes ás familias máis poderosas. Situábanse nos arredores da cidade ou no campo. Os escravos dedicados á produción da vila vivían nun edificio anexo á casa dos seus señores.
3. LIBACIÓN. Cerimonia relixiosa consistente en derramar viño ou outra bebida en honor dun deus ou deusa.
4. ORQUESTRA. Espazo circular onde actuaba o coro nos teatros.
5. BÁRBAROS. Termo pexorativo co que os romanos denominaban ós pobos que non tiñan a cultura e a lingua romanas (godos, vándalos) e estaban asentados fora do limes. Para os romanos é sinónimo de estranxeiro. Comezaron a penetrar nas terras do Imperio no século III e nos séculos IV e V invadiron o Imperio romano de Occidente.
6. CONVENTUS (Conventi Iuridici). Circunscricións xurídicas e tamén administrativas e fiscais nas que se dividiu a Hispania romana dende o principado de Augusto para a administración da xustiza. Foron catorce: sete na Tarraconense, tres na Lusitana e catro na Bética.
7. GUERRAS CÁNTABRAS. Guerras contra os pobos cántabros e ástures coas que remata o proceso de conquista da península ibérica por parte de Roma. Desenvólvense a finais do s. I a C. (29-19 a C.) e foron dirixidas polo emperador Augusto. Entre as causas das guerras cántabras estaba a explotación das minas do norte peninsular.
8. TARTESOS. É o primeiro estado histórico coñecido da Península. Alcanzou o seu maior esplendor entre os séculos VIII e VI, grazas á influenza dos fenicios e gregos, e desapareceu cara ao 500 a. C. baixo o dominio cartaxinés. A súa localización xeográfica exacta descoñécese, aínda que parece que o seu núcleo principal foi a rexión de Huelva e o val baixo e medio do Guadalquivir.
9. EXVOTOS. Figuriñas que se lle ofrendaban á divindade para pedir protección ou axuda. Normalmente son pequenas esculturas de homes e mulleres pero tamén podemos atopar animais. Poden ser de cerámica, metal ou óso
10. NECRÓPOLE. Cemiterio ou lugar de enterramento. Entre os pobos prerromanos, o falecido podería ser incinerado e as súas cinzas depositadas en urnas (como na chamada cultura dos campos de urnas) ou podería ser inhumado.
11. TORQUES. Adornos ríxidos para o pescozo e os brazos, a modo de colares e brazaletes. Este adorno foi utilizado polos habitantes do mundo castrexo, galos e outros pobos europeos.
12. CASTRO. Poboado fortificado que podía contar cunha ou varias murallas, foxos e mesmo pedras fincadas. As casas son de planta circular (pode habelas cadradas ou rectangulares) e poden contar cun vestíbulo, no que pode haber un forno e no que seguramente se gardarían algúns animais. As paredes estarían en moitos casos recubertas dun enlucido con pintura branca, azul, etc. O tellados son vexetais inda que pode haber casas feitas con tégulas.
EXERCICIOS CONTIDOS T12, PUNTOS 5 Y 6
Como chamaban os romanos á Península Ibérica?
Que fixeron os romanos para mellorar a administración de Hispania?
Que eran as colonias romanas? Cita tres colonias importantes fundadas polos romanos.
Cal foi a base da economía hispanorromana? Que produtos principais cultivaban?
Que tipo de terras había e quen as traballaba? Que técnicas agrícolas usaban os romanos?
Que minerais destacaban en Hispania? Menciona dous. Onde se atopaba o mercurio máis importante?
Que producían os artesáns hispanorromanos?
Que exportaba Hispania? E que importaba? Que favoreceu o comercio en Hispania?
Como se dividía a sociedade hispanorromana? Quen formaba a minoría rica entre os cidadáns? Que grupo formaba a maioría da poboación?
As mulleres tiñan dereito de cidadanía?
Quen eran os libertos?
Que pobo conquistaron os romanos no noroeste?
Que emperador rematou a conquista de Gallaecia?
En que século Gallaecia foi provincia propia?
Cales eran os tres conventus de Gallaecia?
Como se extraía o ouro nas Médulas?
Que tipo de vivendas rurais xurdiron en Gallaecia?
Que restos culturais romanos hai en Galicia? Menciona dous.