PAU 2026. CIRCULAR INFORMATIVA
PAU 2026
HISTORIA DE ESPAÑA
Circular informativa
No inicio do novo curso desde o Grupo de Traballo PAU, queremos trasladar ao profesorado que imparte a materia de Historia de España algunhas cuestións que consideramos de interese para perfeccionar a maneira de desenvolver o exame e, en consecuencia, conseguir obter os mellores resultados para o alumnado.
Para este ano mantense a estrutura do exame como na proba PAU 2025, con catro preguntas – sendo a primeira delas de carácter competencial– e sen posibilidade de elección entre apartados. Co propósito de consolidar o traballo de adaptación ao novo modelo de exame desenvolvido no curso anterior e evitar trastornos, o grupo de traballo vén de elaborar algunhas indicacións e recomendacións para facilitar a preparación da proba e a aplicación dos contidos estudados dende unha perspectiva competencial, na que xa se insistía na PAU 2025 conforme os obxectivos da actual reforma educativa e a vontade da CIUG de continuar cun modelo de exame baseado nunha maior competencialidade.
Atopanse no apartado RÚBRICAS os aspectos nos que consideramos conveniente insistir para acadar a máxima puntuación en cada pregunta da proba e facilitar, deste modo, a preparación do alumnado.
Por outra banda, nos vindeiros días faremos algunhas pequenas precisións relativas aos CONTIDOS. Estes non van ser modificados, preténdese unicamente axudar a preparar mellor o enfoque das respostas no exame, polo que serán aspectos puntuais.
Confiamos en que estas indicacións poidan axudar e facilitar o labor de preparación da proba.
Saúdos cordiais,
Diana Pelaz Flores
ciug.historia@cisug.gal
PAU 2025
HISTORIA DE ESPAÑA
Circular informativa
No inicio do novo curso desde o Grupo de Traballo PAU, queremos informar ao profesorado que imparte a materia de Historia de España, das novidades e cambios da proba de acceso á Universidade.
Atendendo ás instrucións recibidas da CIUG, o novo exame axústase á estrutura común establecida para todas as materias, con catro preguntas, a primeira delas competencial e sen posibilidade de elección entre apartados. Ademais, no mesmo escrito indicóusenos que o deseño das preguntas debía incidir máis na aplicabilidade que nos contidos memorísticos, en consonancia cos obxectivos da actual reforma educativa. Tales condicionantes leváronnos a introducir cambios significativos no deseño da proba, como puidestes comprobar no modelo publicado.
Somos conscientes do trastorno que isto supón para os Centros e o profesorado, e tamén das dúbidas que suscita ao alumnado. Entendemos o cansazo xeral provocado por unha situación caracterizada polos atrasos na publicación das normas e a súa indefinición en aspectos claves, como a aplicación da avaliación por competencias. Ademais, a propia orde ministerial que fixa as características da PAU 2025 sinala expresamente o seu carácter transitorio. Á espera de que a proba de acceso á Universidade se regule de maneira definitiva, o exame que expomos tenta adaptarse á normativa mantendo os actuais contidos con algúns axustes que pasamos a explicar.
CONTIDOS
- Desaparecen os termos para definir.
- Mantéñense as preguntas dos séculos XVI-XVIII, aínda que o texto a revisar xirará en torno a aspectos concretos dos contidos, que serán relacionados no blog.
- Mantéñense os temas de Historia Contemporánea, cambiando só o sistema de avaliación, que pasa a ser de preguntas separadas en vez dunha única composición.
- A antiga división do contido por séculos cámbiase para axustala ao Decreto 157/2022, do 15 de setembro que establece a ordenación e o currículo de Bacharelato en Galicia. A nova repartición divide os contidos tematicamente, de modo que o bloque 2 agrupa os temas de historia política, e os bloques 3 e 4 do Decreto refúndense nun único apartado, centrado nos temas socio-económicos e os referidos aos retos do mundo actual (contidos que serán relacionados no blog).
ESTRUTURA DA PROBA
Pregunta 1. Sociedades no tempo. Reflexión crítica das fontes de información.
Como acabamos de indicar, este apartado avalía os contidos do bloque 1, as antigas dez preguntas dos séculos XVI-XVIII.
Os textos para revisar serán redactados pola directora do Grupo de Traballo e conterán dous erros importantes. Exponse como un exercicio de resposta breve, que pode resolverse en dous parágrafos, aínda que non se establece unha extensión determinada.
A explicación de ambos os erros debería facerse de maneira clara e razoada, sen utilizala como pretexto para explicar toda a pregunta. A súa redacción debe servir para demostrar que se coñece a información correcta, sen que sexa imprescindible que a redacción figure nunha frase aparte, senón que pode integrarse na propia explicación.
Pregunta 2. O camiño cara á contemporaneidade. Análise comparativa.
Nesta pregunta exporanse dúas comparacións referidas aos temas do bloque 2, os centrados nos aspectos políticos dos séculos XIX e XX (cunha opción para cada século).
As comparacións serán básicas — nin complexas nin rebuscadas—, semellantes ás que adoitan exporse habitualmente no momento de explicar os temas. Tratarase, por tanto, de comparacións que distingan entre varias etapas, ideoloxías políticas, situacións, etc.
A resposta está pensada para a súa resolución nunha cara de folio como máximo, aínda que non se establece unha extensión fixa.
Dado que non en todos os temas é fácil unha formulación deste tipo, os contidos deste bloque tamén son obxecto de avaliación na pregunta 3.
Preguntas 3 e 4. Comentario de documentos históricos.
As preguntas 3 e 4 avalían o comentario de documentos históricos ou historiográficos de diversa natureza (textos, imaxes, gráficos, táboas de datos ou mapas) seguindo o modelo habitual na nosa disciplina.
A pregunta 3 avaliará contidos do bloque 2, “O camiño cara a contemporaneidade”, mentres que a pregunta 4 referirase a contidos dos bloques 3, “O modelo de desenvolvemento económico español” e 4, ”Retos do mundo actual”.
O tipo de documentos a comentar será diferente en cada unha das dúas preguntas e sempre haberá posibilidade de elección entre o século XIX e os séculos XX-XXI (por exemplo, se na pregunta 3 os documentos son textos, na pregunta 4 proporanse documentos non textuais). A este respecto, compre aclarar que os documentos estarán identificados e serán significativos e de uso habitual entre o profesorado por ter sido obxecto de exame en edicións pasadas, aparecer nos manuais da materia correspondentes a 2º de Bacharelato, en repositorios e páxinas web, etc.
Esperamos que esta explicación sirva para resolver as moitas dúbidas que nos fixestes chegar nos últimos días. Estamos a terminar de perfilar a relación de contidos, que será enviada con moita brevidade. As cuestións que poidan quedar pendentes trataremos de resolvelas a través do blog do grupo de traballo, en cuxa actualización estamos traballando agora mesmo, sobre todo no tema das rúbricas.
Entendemos a vosa necesidade de información e certezas, pero necesitamos un pouco de tempo para poñer todo ao día despois dun verán complicado, no que á xestión da ABAU sumouse o deseño da nova PAU.
Saúdos cordiais,
María del Carmen Saavedra
abauhistoria@gmail.com
Un texto histórico é calquera documento escrito que nos permite obter un coñecemento máis completo, diversificado e significativo da Historia.
1. LECTURA COMPRENSIVA DO TEXTO.
É fundamental, é a primeira aproximación ao texto. Hase de facer varias veces, primeiro rápida e logo máis lenta. Coa lectura hanse de facer os seguintes puntos:
1º numerar as liñas,
2º comprender e subliñar as expresións ou palabras básicas.
2. CLASIFICACIÓN DO TEXTO
➤ Natureza temática (tipo de texto)
Aquí trátase de sinalar que tipo de texto estamos a analizar. Os documentos escritos poden clasificarse pola súa forma, contido e orixe.
Pola súa forma poden ser textos informativos e textos narrativos. Os primeiros adoitan ser máis impersoais e de linguaxe máis precisa, mentres os segundos utilizan unha linguaxe máis literaria e son máis subxectivos.
Pola súa orixe: Unha primeira distinción sería entre fontes primarias (textos que foron producidos de forma contemporánea ao acontecemento ou periodo que se está estudando) e fontes secundarias (todo tipo de texto que foi escrito con posterioridade e que trata de analizar ou describir o que ocorreu no pasado). Neste segundo tipo de fontes atopámonos cos textos historiográficos: extraidos dun libro de texto, dun libro de historia...
Polo seu contido poden ser de teoría política, de economía, de aspectos culturais, de tema social, etc.:
Políticos: discursos, tratados, declaracións, acordos, manifestos, informes, crónicas, panfletos, etc.
Xurídicos: cando teñen un carácter legal, emana de fontes legais e establece normas de dereito, ben a nivel autonómico, nacional ou internacional. Son textos xuridicos: Constitucións, Estatutos de Autonomia, leis, tratados, disposicións normas, decretos, tratados internacionais.
Económicos: refirense, normalmente, a actividades produtivas que poden estar expresadas en normas, gráficos eestatísticas comentadas. Actas de comercio, compra-vendas, doazóns, contratos, relacións económicas diversas...
Sociais: aluden á familia, individuos, grupos, vida cotiá, clases, estruturase condutas sociais, censos e contratos (no seu caso), doazóns, informes...
Culturais: textos que recollen e fan referencia ás distintas formas do pensamento, arte, etc.
Histórico-literarios: Cando posúe un notorio carácter subxectivo, emanado máis directamente da tarefa persoal dun individuo, na que se proxecta ou reflexao proceso histórico. Son: as memorias, artigos de prensa, expresión de experiencias persoais (relatos de viaxes, crónicas, narracións, diarios, descrición...), ensaios, cartas, etc.
Histórico-circunstanciais: fan referencia a feitos, acontecementos, situacións illadas ou concretas (xeralmente engloba aos demais e úsanse cando non está clara a súa adscrición a ningún outro).
➤ Encadre espazo-temporal (contexto histórico)
Aquí trátase de responder a o cando e onde do texto. Poñer o texto no seu contexto histórico. Breve panorama da época na que o texto está escrito. Circunstancias nas que xurde o documento, os caracteres da época e as personaxes quea protagonizan. Se o texto fala dunha una época anterior, hanse de situar os dous momentos históricos: o narrado no texto e da época na que se escribiu o texto.
Ás veces, o lugar onde foi escrito o texto pode ser significativo, sendo así, debemos comentar brevemente as circunstancias históricas que singularizaron o lugar onde se produciu texto.
Autor: indicar ante un autor individual o colectivo?.
individual, hai que redactar unha breve referencia biográfica na que se recolla a data de nacemento e a morte, o a lo menos no período histórico no que viviu, a orixe social, as principais actividades que realizou ao longo dasúa vida, a súa ideoloxía...
colectivo (Asemblea lexislativa, partido político...), debemos comentar todo o que saibamos sobre el que poida axudarnos a esclarecer a significación histórica do texto.
Finalidade: con que obxectivos se redactou o texto noseu momento histórico?
Destinatario a quen ía destinado el texto?.
privado ou público, un particular (ex. una carta), un colectivo (manifesto, panfleto) ou todo o pobo (constitución, una lei).
3.- ANÁLISE DO TEXTO
Realizar unha descrición do contido do texto.
Comprender o significado de todas as palabras do texto (nomes propios, persoas, lugares, institucións, termos técnicos...) Basicamente é facer un resumo do texto, tratando de xerarquizar as ideas expostas discernir as principais das secundarias e as súas relacións.
Esa descrición pode estruturarse en dos apartados:
BREVE RESUMO do contido, concretado na exposición da idea fundamental a das principais ideas secundarias que se recollenno documento. Non se trata, de repetir o texto con outras palabras. Se se cita algunha parte do mesmo, deberás poñelo entre comiñas esa parte.
EXPLICACIÓN de referencias, personaxes citados, acontecementos específicos etermos do documento. A análise tampouco ten por que ser un apartado especialmente extenso. É un exercicio de comprensión e selección da información básica.
Hai tres métodos para facer o resumo:
Método literal: trátase de seguir a orde na que está escrito o texto e ir explicando as palabras, termos, alusións... e redactando as ideas principais. É normalmente máis sinxelo.
Método lóxico: trátase de agrupar os diversos pasaxes e ideas en torno a temas que se aborden no texto. É algo máis complexo pero é moi convinte en textos relativamente confusos ou mal estruturados.
Método mixto que participa dos dous anteriores, reagrupando as ideas principaise realizando un comentario lineal de cada unha delas. Ao analizar o texto, débense explicar os termos históricos que aparezan nel (conceptos, acontecementos, personaxes, institucións...)
Nesta fase do comentario é importante ter en conta algunhas indicacións:
Non hai que repetir nin parafrasear o texto. Sen algún momento se quere reproducir literalmente o texto, débese facer con moi poucas palabras e poñelo entre comiñas.
Non debemos introducir ningún coñecemento que saibamos e que non apareza no texto. Simplemente hai que resumir as principais ideas do texto.
Hai que evitar dous extremos: facer un resumen tan amplo que practicamente se convirta nunha repetición do texto ou facer unha sintese tan breve que faga imposible entender de que trata o documento sobre o que se está traballando.
4. Comentario do documento
É a parte máis importante do comentario, onde demostrarás que entendiches o texto, e es capaz de relacionalo cun momento histórico, coas estruturas políticas, sociais, económicas e culturais. Poden diferenciarse tres fases sucesivas:
CONTEXTO HISTÓRICO: trátase de situar no tempo e no espazo o contido do documento, sinalando os datos fundamentais para a comprensión do texto.
COMENTARIO DO CONTIDO: Esta é a parte fundamental do comentario de texto. Trátase dunha análise minuciosa das afirmacións que se conteñen no documento, poñéndoas en relación co que o comentarista sabe sobre esas aseveracións ou sobre os acontecementos que se narran. Aquí é onde hai que confrontar o contido do documento co propio coñecemento. Loxicamente, este debe ser o apartado máis extenso do comentario.
CONCLUSIÓNS: Trátase dun apartado breve, no cal se deben resumir as liñas básicas do documento e facer alusión ás consecuencias dos feitos narrados nel. Se este fai referencia a tales consecuencias históricas, hai que valorar se o autor dá unha visión axeitada, se relaciona adecuadamente feitos e resultados.
5. Valoración crítica:
Hai que concluir o comentario cunha análise crítica do texto. Aquí hai que tentar evitar un exceso de personalismo e procurar sustentar as opinións que se vertan en criterios o máis obxectivos posibles.
En xeral, con respecto á crítica do texto pódese comentar:
O seu interese histórico. A súa significación e relevancia no proceso histórico. A súa sinceridade e obxectividade. Ata que punto o autor é sincero no documento. Ata que punto é obxectivo ou está marcado por prexuízos e inclinacións políticas. Os seus posibles errores ou incongruencias.
PAUTAS PARA O COMENTARIO DE TEXTO HISTÓRICO
1º- Lectura atenta do documento. Unha lectura que debe permitir coñecer o tema do texto e identificar e ordenar as ideas que contén. É aconsellable subliñar palabras, ideas, nomes e datas.
2º- Localización cronolóxica e xeográfica.
3º- Breve mención do contido básico do texto, é dicir, o tema principal.
4º- Contexto histórico. A contextualización debe ter en conta aspectos sociais, políticos, económicos ou ideolóxicos que sirvan para integrar e comprender o documento nun determinado momento ou proceso histórico (antecedentes, causas, consecuencias, obxectivos…)
5º Análise do documento. O alumno, a partir dos seus coñecementos sobre a materia, debe distinguir a idea principal e as ideas secundarias, identificar persoas, institucións ou acontecementos e explicar conceptos, antecedentes ou a relevancia histórica do texto. Tamén deben aclarar o vocabulario específico.
6º- Por último explicaranse as consecuencias que se deriven do feito histórico a comentar.
A realización escrita do comentario debe ser considerada como un exercicio de redacción no que os coñecementos se poñen ó servizo do documento. O comentario debe mostrar a madurez do alumno, a súa capacidade para utilizar os seus coñecementos na comprensión e explicación do texto.
Un comentario escrito esixe respectar as pautas básicas que rexen a expresión escrita: precisión léxica, corrección da sintaxe, claridade na expresión de ideas e corrección da presencia formal serán valoradas na cualificación.
NON É COMENTARIO DE TEXTO
1º A paráfrase, que consiste na repetición case textual dos contidos do texto, sen análise nin comentario.
2º- O escapismo, que consiste en utilizar o documento como un pretexto para desenvolver un tema máis o menos relacionado co texto. É o defecto contrario á paráfrase.
COMENTARIO DE MAPAS, TÁBOAS E GRÁFICAS
As pautas para o comentario de texto son válidas para comentar este tipo de documentos históricos.
https://www.youtube.com/watch?v=9FZBBPFVbdc O MOVEMENTO OBREIRO
https://www.youtube.com/watch?v=dvp4wHQsoKw A SEGUNDA REPUBLICA
https://www.youtube.com/watch?v=EXr3aWg9TI4 MARROCOS E A SEMANA TRÁXICA
https://www.youtube.com/watch?v=_jLzNhaW-i4 A GUERRA CIVIL. A AXUDA INTERNACIONAL