1.- DENSIDADE DE POBOACIÓN: é a relación entre a poboación total dunha área e a súa superficie. Expresase normalmente en habitantes por quilómetro cadrado (hab/km2 ). Desta maneira considérase que un territorio está moi pouco poboado cando a súa densidade é inferior a 10 hab. /km2, e moi poboado si supera os 100 hab/km2. En España as maiores densidades atópanse na costa e Madrid, e as menores no interior.
2.- PADRÓN MUNICIPAL: relación dos habitantes dun municipio onde figura como información básica o nome, apelidos e domicilio destes. Vai acompañada dunha serie de datos particulares de cada habitante: sexo, data e lugar de nacemento, nivel de instrución, estado civil, profesión, parentesco e relación co cabeza de familia, e o tempo de residencia no Municipio
3.- TAXA DE FECUNDIDADE: número de nados vivos por cada 1000 mulleres en idade de procrear (15-49 anos). Calcúlase multiplicando os nacementos dun ano por 1000 e dividíndoos polo número de mulleres entre 15 e 49 anos. A taxa española está tamén entre as máis baixas do mundo, debido ao brusco descenso dos nacementos desde 1975.
4.- PIRÁMIDE DE POBOACIÓN: representación gráfica da poboación dun lugar, segundo a idade e o sexo nun momento determinado. Poden ter forma triangular si a poboación é nova, como sucede nos países subdesenvolvidos; de oxiva, si a poboación é fundamentalmente adulta; ou de urna, si a poboación está avellentada, como sucede nos países ricos.
5.- POLÍTICAS DEMOGRÁFICAS: conxunto de medidas que adoptan os Estados para influir na natalidade, fluxos migratorios etc. En ocasións pódense por en funcionamento políticas antinatalistas para frear o crecemento da poboación (política do fillo único en China), e noutras, políticas natalistas para evitar a perda de poboación ou o avellentamento da mesma, como sucede nos países desenvolvidos.
6.-TRANSICIÓN DEMOGRÁFICA: período da historia demográfica, caracterizada por unha lixeira diminuciòn da taxa de natalidade e un rápido descenso na taxa de mortalidade (avances medicos, mellora do nivel de vida), o que provoca un elevado crecemento natural da poboación. En España comeza nos primeiros anos do século XX e remata nos setenta co afundimento da natalidade e dando lugar o réxime demográfico moderno.
7.- REFUXIADO: persoa que por causa dunha guerra, cambio político, razóns de raza, relixión ou ideoloxía contraria ó goberno do seu país procura asilo noutro país diferente.
8.- POBOACIÓN ACTIVA: fórmana todas as persoas ocupadas que se dedican á produción de bens e de servizos e tamén as persoas que se atopan en paro ou que buscan traballo por primeira vez.
9.- POBOACIÓN INACTIVA: é aquela que non realiza un traballo remunerado nin está dispoñible para desempeñalo. Inclúe estudantes, xubilados, persoas dedicadas aos labores do fogar, rendistas e persoas incapacitadas para traballar.
10.- ESPERANZA DE VIDA: refírese ao número de anos que se espera que viva, de media, unha persoa. Varía segundo o sexo pois as mulleres adoitan ter unha maior esperanza de vida que os homes. A mellora das condicións de vida, os avances na medicina e as medidas sanitarias e hixiénicas permitiron que este indicador medre nos últimos anos.
FONTE: DW (Televisión estatal alemana)
1) Que dous problemas ten nestes momentos China coa súa poboación?
2) Cantas décadas lévase neste país coa política do fillo único?
3) Que características presenta a pirámide de poboación chinesa? Crees que España a pirámide é diferente?
4) Cal parece ser o comportamento demográfico de Chinesa trala abolición da lei do fillo único? Cal é a razón deste comportamento?
FONTE: EL CONFIDENCIAL
5) Con que poboación contaba España no ano 2012? A que se debe este brusco descenso da poboación a partir deste ano?
6) Segundo o video, que non anima a ter máis fillos? Cantos fillos temos por muller nestes momentos
7) Que dous tipos de gráficos móstranse no video?
8) Que problema teremos nun futuro próximo coa estrutura da poboación española?
9) Que tipo de fonte é "El Confidencial"
FONTE: EFE
10) Como é o crecemento demográficos en África actualmente? Que poboación terá en 2050?
11) Que fecundidade (fillos por muller) ten África nestes momentos?
12) Que país africano será o terceiro máis poboado do mundo nos próximos anos?
13) Dados estes datos da provincia de Pontevedra no ano 2004. Calcula o crecemento natural, densidade de poboación, taxa de natalidade e taxas de mortalidade.
Superficie: 4.494 km2 -
Nacementos: 8.145
Defuncións: 8.021
Poboación: 930.931
14) Dados estes datos da provincia de Ourense no ano 2004. Calcula o crecemento natural, densidade de poboación, taxa de natalidade e taxas de mortalidade.
Superficie: 7.273 km2
Nacementos: 1.890
Defuncións:4.307
Poboación: 340.258
15) A que pode ser debido esta diferencia nos resultados, cando falamos de dúas provincias próximas?
As gráficas son formas de representación de series de datos. Utilízanse para facilita-la visión de conxunto do feito representado. As gráficas máis utilizados son: de barras, de liñas ou de sectores
16) Representa mediante un gráfico de barras a esperanza de vida nos seguintes países (2019). A continuación responde as preguntas.
ESPAÑA 83
SUECIA 82,4
ESTADOS UNIDOS 78,5
ANGOLA 38,2
SUDÁFRICA 48,9
ECUADOR 75,3
Dos datos representados en que continente a esperanza de vida é menor?
A que pode ser debido estas diferenzas?
17. Calcula a taxa de natalidade, taxa de mortalidade, taxa de mortalidade infantil e crecemento natural de cada país. Debes indicar a fórmula utilizada.
18. Redacta un texto no que fagas una relación entre as taxas e o país ao que pertencen
a) Que forma ten esta pirámide?
b) Que características presenta a poboación reflectida nesta pirámide?
c) Que forma presentan as pirámides nos países pobres?
d) Comezando por abaixo en que barra te situarías?