1. DERIVA CONTINENTAL. Teoría que afirma que as placas continentais flotan sobre o SIMA (subcapa interna da codia terrestre) e desprázanse ou desprazáronse a xeito de almadías (balsas). No devandito desprazamento a parte frontal dos continentes sufriría unha compresión que daría lugar a sistemas montañosos, mentres que na parte posterior iríanse desprendendo anacos que quedarían formando illas.
2. EPICENTRO. Punto onde o terremoto provoca máis danos
3. DEPRESIÓN OU CUNCA. É unha zona máis ou menos extensa que se caracteriza por estar a unha altitude inferior ás formacións do relevo que a rodean. Ás veces, a formación dunha depresión ou cunca é o resultado da acción erosiva dun rió e os seus afluentes; outras veces pode ser a consecuencia do afundimento dalgunha falla (fosa tectónica)
4. ALTIPLANO OU MESETA. Son superficies planas pero elevadas sobre as terras que as rodean e soen superar os 400 metros sobre o nivel do mar. Mesetas importantes son a española e a do Tibet.
5. RÍA. Val fluvial somerxido baixo o nivel do mar a causa da elevación deste ou afundimento do continente. En España as máis amplas atópanse en Galicia
6. PLATAFORMA CONTINENTAL. É unha prolongación dos continentes baixo o mar. O continente descende suavemente ata os 400 m. A súa amplitude ata a costa pode oscilar entre escasos metros e algúns quilómetros. É unha zona rica en vida mariña. A plataforma continental española é estreita.
7. CHAIRAS ABISAIS. Son chairas submarinas situadas a 4000 ou 5000 metros e ocupan a maior parte da superficie dos océanos e na mesma podemos atopar outeiros e volcáns.
A. O relevo da Terra, por que a Terra é un planeta dinámico?
As terras do noso planeta atópanse repartidas en diversas placas……………………………
Todas as grandes masas de terra do noso planeta se atopan mergulladas baixo as augas dos océanos………………………….
Os continentes son as masas de terra que emerxen por enriba das augas do planeta……………………………….
A Terra ten catro continentes…………………………………
A superficie da Terra ten un relevo homoxéneo…………………………
B. A deriva dos continentes. Completa as frases coas palabras adecuadas:
A masa continental onde estiveron unidos os actuais continentes, hai uns 200 millóns de anos, coñécese co nome de ……………………..
As……………… …………….. son cada unha das grandes partes da litosfera que flotan sobre o manto da Terra.
A…………………da……………… ………………… é a hipótese que afirma que Panxea se fragmentou en diversas placas continentais que se desprazaban moi amodo.
As zonas de choque das placas continentais provocan……………………. v………………… e…………………. .
As…………………………. ………………. son grandes cordilleiras mariñas que se atopan na liña de contacto entre dúas grandes placas continentais.
C. Os terremotos. Relaciona cada definición co seu concepto:
Aparello que mide, por medio de escalas, a dimensión dun terremoto: ………………………………
Escala para medir a forza dun terremoto que asigna un número decimal para expresar a enerxía que libera un terremoto: escala de ………………………
Escala para medir a forza dun terremoto que mide de I a XII os efectos que causan os movementos sísmicos: escala de ……………………….
Fenómeno que se produce como consecuencia do movemento de placas que configuran a codia terrestre: ……………………………
Onda xigante producida por un maremoto: …………………………..
Terremoto que ocorre no fondo do mar: ou movemento das augas mariñas……………………………..
1. Debuxa no teu caderno o mapa de España e sitúa nel as unidades de relevo máis importantes.
2. Que características presenta o relevo africano e como se distribúe polo continente? Cita o nome de varios accidentes xeográficos.
3. Que características presenta o relevo africano e como se distribúe polo continente? Cita o nome de varios accidentes xeográficos.
4. En que consiste a oroxénese?
5. Que nome recibe a boca por onde os volcáns expulsan a lava?
6. Que axentes interveñen na modificación do relevo terrestre?
1. Que características presentan os ríos africanos? Cita tres ríos deste continente?.
2. Nomea as principais características dos ríos europeos.
3. Que características presentan as augas continentais no subcontinente norteamericano? .
4. Cita os continentes onde se encontran os seguintes mares: ADRIÁTICO, CANTÁBRICO, CARIBE, DO LABRADOR, DO XAPÓN, ARÁBIGO
Terremoto: movemento súbito da superficie terrestre producido pola liberación de enerxía acumulada nas rochas da cortiza terrestre. Xérase principalmente polos desprazamentos das fallas xeolóxicas. Pode causar vibracións do chan, destrucción de infraestruturas e alteracións no entorno natural. A súa intensidade mídese mediante escalas como a Richter ou a de magnitude de momento.
Tsunami: serie de ondas mariñas de gran enerxía e lonxitud de onda, xeralmente provocadas por terremotos submarinos, erupcións volcánicas ou deslizamentos de terra no fondo do océano. Estas ondas poden desprazarse a gran velocidade polo océano e incrementar a súa altura ao achegarse á costa. Os tsunamis poden causar inundacións e destrucción significativa nas zonas costeiras.
Cinto de Fogo: zona xeográfica ao redor do océano Pacífico caracterizada por unha elevada actividade sísmica e volcánica. Nela sitúanse numerosos volcanes activos e son frecuentes os terremotos. Esta rexión débese ao movemento e choque das placas tectónicas que bordean o Pacífico. É unha das áreas máis dinámicas xeolóxicamente do planeta.
Dorsal Atlántica: cordilleira submarina que se estende ao longo do fondo do océano Atlántico. É unha zona de expansión onde as placas tectónicas se separan, permitindo que o magma emerxa e forme nova corteza oceánica. Este proceso xera elevacións submarinas e frecuentes actividades volcánicas. A dorsal contribúe á renovación constante do fondo mariño atlántico.
Fosa das Marianas: é a rexión máis profunda do océano, situada no Pacífico occidental, onde a profundidade supera os 11.000 metros. É unha zona de gran presión e escuridade total, explorada principalmente con submarinos e batiscafos, que permiten estudar o seu fondo. A fosa formouse pola subdución dunha placa tectónica baixo outra e destaca pola súa biodiversidade adaptada a condicións extremas