Ludismo: movemento de protesta dos traballadores, nos inicios da revolución industrial, caracterizado pola destrución de máquinas e fábricas ás que culpaban de deixalos sen traballo. Recibe este nome por Ned Ludd, un obreiro británico a quen se lle atribúe a primeira destrución de teares mecánicos en 1779. En España unha das primeiras accións ludistas foi a queima da fábrica Bonaplata en Barcelona en 1835.
Proletariado: obreiros das fábricas que constituían a forza de traballo necesaria para mover as máquinas e producir os bens. Non posuían bens nin capitais e vendían o seu traballo a cambio dun salario. As súas condicións laborais eran precarias, os seus soldos, baixos e as súas xornadas de traballo moi prolongadas. Co tempo organizaranse en sindicatos para mellorar as súas condicións.
Burguesía: nova elite social. A súa riqueza non proviña da posesión da terra, senón da propiedade das novas actividades económicas. Grazas ao seu status e á súa crecente influencia, a burguesía organizou a socieade en funicón dusns novos valores baseados na exaltación da propiedade privada, no traballo, no aforro e mais no individualismo. Ademáis coas novas revolucións liberais alcanzou tamén o poder político.
Sistema Norfolk: É un sistema de rotación de cultivos revolucionario xurdido entre os anos 1730-1740 en Inglaterra. Este sistema foi inventado por Lord Townshend, embaixador inglés en Holanda e secretario de Estado, quen tras abandonar a súa carreira política en 1730 retirouse ás súas propiedades en Norfolk (Reino Unido). Tratábase de aplicar a rotación cuatrienal na seguinte orde: trigo, nabos, cebada, trevo. Desta forma, eliminouse o barbeito, aumentando a produtividade e dedicando as plantas forraxeiras á alimentación do gando. Lord Townshend, inspirouse nos métodos que vira practicar nos Países Baixos, drenóu o chan, abonouno, iniciou os cultivos que se sucedían en rotacións regulares sen esgotar nunca a terra nin deixala improductiva e sementou prados e forraxes para o gando.
Industria siderúrxica: tipo de industria que proporciona ferro. Ata entón, o ferro, fundíase en fornos, utilizando madeira e foles manuais ou hidráulicos, o que limitaba a produción. Coa Revolución Industrial, a madeira é substiuída por carbón mineral e empréganse máquinas para mover os foles que inxectan aire no alto forno. A necesidade de ferro para maquinaria, construción de pontes e produción de armamento estimularon a industria siderúrxica.
Mule-Jenny: [*87] máquina que producía fío fino e resistente, apto para o desenvolvemento de teares, ao que xa se aplicaba vapor desde 1785.
Selfactina: máquina de fiar automática desenvolta por Richard Roberts en 1830. Dotada dun movemento de avance e retroceso, permitíalle a unha única persoa fiar moitos fíos de forma simultánea.
Máquina de vapor: [*87] motor patentado por James Watt en 1769 e accionado mediante a combustión de carbón. Tivo un gran protagonismo durante a I Revolución Industrial. Este enxeño permitiu poñer en marcha todo tipo de máquinas industriais e agrícolas e tamén se lles aplicou aos medios de transporte.
Compañías comerciais por accións: Sociedades comerciais que obteñen o capital necesario para as súas actividades emitindo accións. Esas son participacións que converten os seus compradores en propietarios da compañía en proporción ao seu número de accións. Se a compañía vai mal, pérdese o capital invertido; se vai ben, repártense beneficios proporcionalmente ao número de accións posuídas.
Bolsa de valores: entidade destinada á compravenda de accións. Cando aumenta o número de vendedores de accións, o prezo de cada unha delas baixa; Cando o número de compradores é grande, as accións aumentan de valor. A primeira bolsa de valores en España estableceuse en 1831 en Madrid.
LIBERALISMO ECONÓMICO: é a doutrina económica formulada a finais do século XVIII por Adam Smith e David Ricardo e que reclama a mínima interferencia do Estado na economía. Para Adam Smith, a procura do interese individual conduce de forma inevitable ao benestar xeral e ao aumento da riqueza colectiva. Isto era posible pola división do traballo. O traballo é a fonte principal de riqueza. A oferta e a demanda regulan a actividade económica: prezos e salarios dependen dela. Todas as actividades económicas deben realizarse libremente, sen a intervención do Estado. Os economistas franceses sintetizaron esta idea na frase: "laissez faire, laissez passer”.
DOMESTIC SYSTEM (tamén chamada “PUTTING OUT SYSTEM”): Era unha industria de carácter rural que conxugaba o traballo agrícola coa manufactura caseira de téxtiles. Non se desenvolvía por tanto en fábricas. O empresario (un capitalista) era xeralmente un comerciante, non un industrial. Proporcionaba materia prima aos campesiños, esencialmente mulleres, e estas traballábana no seu fogar utilizando un tear manual. O pago realizábase mediante un salario (pago por peza traballada, ou arreo). O campesiño non era dono nin da materia prima nin do produto resultante, aínda que si o era dos útiles de traballo. A produción transcendía a limitación do mercado local ou rexional, xa que estaba destinada á exportación a mercados afastados. Esta actividade desenvolveuse á marxe da regulamentación dos gremios de artesáns. Dependía do capital mercantil.
LIBRECAMBISMO: Doutrina económica, oposta ao proteccionismo, segundo a cal a actividade económica debe desenvolverse sen a intervención do Estado, baseada unicamente no interese individual, coincidente co colectivo, e no principio da oferta e a demanda; preconiza a liberdade do comercio internacional, cre na baixa de prezos motivada pola división internacional do traballo e na solución automática das crises.
PROTECCIONISMO: O proteccionismo é o desenvolvemento dunha política económica para protexer os produtos do propio país, impoñendo limitacións á entrada de produtos estranxeiros, similares ou iguais mediante a imposición de aranceis e impostos á importación, encarecendo así devandito produto de modo que non sexa rendible.