XENOFOBIA: rexeitamento ou medo aos estranxeiros.
SALDO MIGRATORIO: é o balance entre a inmigración e a emigración (inmigrantes menos emigrantes). Si o resultado é positivo indica inmigración e si é negativo, emigración. Desde mediados do século XIX ata a crise de 1975 España foi un país emigratorio; a partir de entón a emigración reduciuse drasticamente e desde fai algúns anos está recibindo un volume importante de inmigrantes.
EMIGRACIÓN: cambio de residencia dun lugar a outro, sexa temporal ou definitivamente. Pode ser interior e exterior (estranxeiro). Os motivos para abandonar un país poden ser de diversa índole: relixiosos, políticos, raciais, económicos, etc
INMIGRACIÓN: é a chegada de poboación a un lugar de destino. Os motivos da chegada desta poboación pode ser, entre outros, pola falta de traballo ou persecucións políticas e relixiosas nos seus lugares de orixe. En España, as rexións tradicionalmente inmigratorias foron as máis industrializadas (País Vasco, Cataluña e Madrid) e as máis afectadas polo turismo (as do litoral mediterráneo e as illas). Actualmente España é tamén lugar de destino para un crecente número de inmigrantes europeos, norteafricanos e sudamericanos.
PATERA: embarcación pequena usada para o transporte de inmigrantes ilegais.
EXERCICIO Nº1
a) Que rexións españolas recibiron inmigrantes do resto do país?
b) De onde procedían?
c) Nunha parte do vídeo fálase da expulsión de emigrantes. Cales eran as causas desta expulsión?
EXERCICIO Nº2
a) Que países eran o destino dos españois na súa procura de traballo?
b) Que características presentaban, maioritariamente, os traballos dos españois en Europa?
c) Cantos españois, segundo o video, saíron de España entre 1960 e 1975?
EXERCICIO Nº3
a) A que países emigraron as protagonistas deste video?
b) De xeito resumido, contanos con que problemas atopáronse?
EXERCICIO Nº4. A NOSA FAMILIA E A EMIGRACIÓN
Fai unha pequena entrevista ou relato sobre un exemplo de emigración na túa familia. O esquema que deberás seguir para a realización deste pequeno traballo será o seguinte:
A que país ou rexión de España emigraron os teus parentes.
Causa da súa partida
Que razóns os levou a ir a ese país ou rexión e non a outros lugares.
En que traballaron.
Como resultou esta experiencia, anéctotas.
Volveron, quedáron. As razóns da súa decisión.
Relación con outros emigrantes.
Non é necesario responder a todas as preguntas e podemos estar abertos a outras que se nos ocorran.