Abdicación(s) de Baiona: denominación das sucesivas renuncias á Coroa de España de Fernando VII no seu pai, Carlos IV, e este en Napoleón Bonaparte. A cambio, ambos foron recompensados con cuantiosas posesións, rendas e privilexios en Francia. Despois, o emperador francés, lexitimado por estas abdicacións, entregoulle a Coroa de España ao seu irmán Xosé, que reinou co nome de Xosé I. Supoñen o inicio da dinastía Bonaparte e son unha das causas da Guerra de Independencia.
Afrancesados: minoría ilustrada e liberal que apoiaba a Xosé I Bonaparte no contexto da Guerra de Independencia (1808-1814) xa que consideraban que o reformismo autoritario liberal napoleónico era a vía máis indicada para reformar e modernizar España. O terno ten connotacións pexorativas xa que para o pobo era sinónimo de traidor e colaborador cos franceses.
Tratado de Valençay: acordo asinado nesta localidade francesa, en decembro de 1813, polo que se poñía fin á guerra de Independencia (1808-1813). Napoleón, presionado polas súas dificultades e derrotas, ofrecía a paz ao tempo que devolvía a coroa española a Fernando VII. Non foi recoñecido polas Cortes de Cádiz que serían abolidas polo propio rei restaurando o Antigo Réxime.
Manifesto dos Persas: documento asinado por 69 deputados en Madrid, no ano 1814, polo que se instaba a Fernando VII a derogar a obra lexislativa das Cortes de Cádiz e a instaurar de novo o Antigo Réxime a súa chegada a España trala firma do Tratado de Valençay. Supón o inicio do Sexenio Absolutista e será posteriormente respaldado polo Congreso de Viena.
Pronunciamento: termo aplicado durante o século XIX para designar unha rebelión militar que tiña por obxectivo derrubar un Goberno. Durante o reinado de Fernando VII trátase do levantamento de parte do exército que se pronuncia a favor da substitución da monarquía absoluta por unha monarquía liberal. Máis tarde, a partir do reinado de Isabel II, será unha tentativa revolucionaria empregada polas distintas faccións liberais que pretendían derrubar o Goberno ou cambiar o sistema político vixente. Non implica loita armada e se as forzas militares restantes se adhiren, triunfa. En caso contrario, implica arresto ou exilio. Destacan o de Solís, Riego, O’Donnell ou Serrano entre outros.
Pragmática Sanción de 1830: derrogación parcial da Lei Sálica de Felipe V para permitir o reinado das mulleres en liña hereditaria descendente en ausencia de varón. Foi promulgada por Fernando VII co obxectivo de que reinara a súa filla Isabel II en detrimento dos dereitos do seu irmán Carlos. Marca o comezo dos conflitos carlistas estourando en 1833 a Primeira Guerra Carlista.
Estatuto Real: carta otorgada promulgada pola raíña rexente María Cristina de Borbón no nome da súa filla, Isabel II, en 1834 como concesión aos liberais moderados por apoiala no contexto da Primeira Guerra Carlista. Supón a implantación dun réxime a medio camiño entre o liberalismo doutrinario e o absolutismo que non contentou a ningún dos partidos liberais nin tampouco satisfixo aos absolutistas, que seguiron apoiando a causa carlista.
Sufraxio censatario e universal: sistemas de expresión da soberanía nacional e popular respectivamente; propios o primeiro, da corrente liberal doutrinaria e o segundo, da liberal democrática. O sufraxio censatario implica a votación só daquela poboación que posúa un determinado nivel de renda e vincúlase coa oligarquía mentres que o sufraxio universal implica a votación de toda poboación maior de idade con independencia do seu patrimonio; se ben no século XIX o sufraxio universal só será masculino. As mulleres deberán esperar ata a Constitución de 1931 para que se lles recoñeza o dereito ao voto.
Sufraxio censatario e universal: o sufraxio é o dereito político que permite elixir, mediante o voto, aos cargos públicos electos. O censatario limita este dereito aos cidadáns incluídos no censo en función dun determinado nivel económico e social, mentres que o universal soamente establece a condición para votar da maioría de idade. En España, o censatario foi defendido polos liberais e o universal polos demócratas. A Constitución republicana de 1931 estableceu o dereito de voto das mulleres.
Desamortización: proceso legal que, previa expropiación, puxo en venda, en poxa pública, os bens pertencentes á Igrexa (“mans mortas”) e aos concellos (baldíos, “comúns” e “propios”). Foi realizada durante os gobernos progresistas de Mendizábal (1836, desamortización de bens do clero regular), Espartero (1841, desamortización de bens do clero secular) e Madoz (1855, desamortización xeral). Entre os obxectivos estaban: reformar a estrutura da propiedade da terra, obter recursos para Facenda e ampliar o apoio á causa liberal.
Unión Liberal: partido fundado en 1854 por Leopoldo O’Donnell que defende o liberalismo doutrinario e pretende constituírse como unha opción “de centro” entre os dous partidos clásicos (Moderado e Progresista), xa que aglutinou ao sector máis conservador do Partido Progresista e ao máis progresista do Partido Moderado. Trala unificación de Cánovas formará parte do partido Conservador.
Cantonalismo: ideoloxía política do século XIX que aspira a dividir o Estado nunha serie de cidades federadas case independentes, denominadas cantóns. Tivo o seu punto álxido durante a Primeira República, no federalismo intransixente ou cantonalista que defendía que a federación debía facerse dende abaixo, mediante a proclamación inmediata da soberanía das unidades políticas inferiores, os Estados ou Cantóns, para construír desde eles a federación española. Baixo a presidencia de Pi i Margall estouraron focos de insurrección cantonalista en Levante e Andalucía. A súa insurrección remata co inicio da Restauración Borbónica.
Cantonalismo: modelo de organización territorial que defende a creación dun Estado composto por unidades políticas territoriais soberanas –os cantóns- que mediante acordos libres (“de abaixo arriba”) se unen formado a federación española. En 1873, durante a Primeira República, os seus partidarios protagonizaron insurreccións cantonalistas, destacando a de Cartaxena, que foron sufocados polo exército.
Manifesto de Sandhurst: documento elaborado por Cánovas del Castillo e asinado, en decembro de 1874, por Alfonso de Borbón, fillo e herdeiro de Isabel II, na academia militar inglesa de Sandhurst, onde estudiaba. Neste manifesto indicaba a necesidade de restaurar a monarquía borbónica en España, presentándose como un rei respectuoso co sistema liberal constitucional e defensor da orde social e a relixión católica.
Ludismo: movemento de protesta dos traballadores, nos inicios da revolución industrial, caracterizado pola destrución de máquinas e fábricas ás que culpaban de deixalos sen traballo. Recibe este nome por Ned Ludd, un obreiro británico a quen se lle atribúe a primeira destrución de teares mecánicos en 1779. En España unha das primeiras accións ludistas foi a queima da fábrica Bonaplata en Barcelona en 1835.
Sistema de quenda: mecanismo de alternancia no poder vixente durante a Restauración borbónica. Baseábase no mutuo acordo entre os dous partidos monárquicos, o Conservador o Liberal, aceptando a sucesiva quenda no Goberno. Designado polo rei, o presidente do partido que lle tocaba gobernar, convocaba eleccións que sempre gañaba, co beneplácito do partido que lle tocaba estar na oposición, empregando a fraude electoral e o caciquismo.
Caciquismo: práctica política que en España controlaba as eleccións grazas á figura do cacique, persoa que dominaba o poder local e controlaba os votos do seu territorio valéndose do seu poder económico, status social ou influenzas. O caciquismo fixo posible a fraude electoral masiva existente no sistema da Restauración borbónica.
Encasillado ou encadramento: proceso polo que o ministro da Gobernación elaboraba a lista de candidatos que debían ser escollidos en cada distrito electoral, colocando nas cuadrículas correspondentes os nomes dos candidatos ministeriais e da oposición. A lista era pactada polos dous partidos liberais monárquicos e esta práctica garantía a quenda pacífica dos gobernos da Restauración borbónica.
Pucheirazo: un dos métodos de manipulación electoral empregado durante a Restauración borbónica, para permitir o triunfo dun determinado candidato. Consistía na substitución no pucheiro (urna electoral) dos votos xa emitidos por outros favorables ao candidato que se desexaba que saíse elixido, ou na modificación da acta logo do reconto.
Rexeneracionismo: corrente intelectual, política e literaria de finais do s. XIX e principios do s. XX que partía da análise dos problemas que padecía España para tratar de rexenerala e modernizala. Xurdiu a partir do desastre de 1898 e o seu principal representante foi Joaquín Costa que propugnaba acabar co caciquismo, reducir a pobreza e fomentar a educación.
Doc.1.-Desamortización de Mendizábal (1836):
“Señora: vender a masa de bens que viñeron ser propiedade da nación non é tan só cumprir unha promesa solemne e dar garantía positiva á débeda nacional por medio dunha amortización exactamente igual ao produto das
rendas; é abrir unha fonte abundantísima de felicidade pública, vivificar unha riqueza morta, desobstruír as canles da industria e da circulación, apegar ao país polo amor natural e vehemente a todo o propio, anchear a patria, crear novos e firmes vínculos que liguen a ela; é, en fin, identificar co trono excelso a Isabel II, símbolo da orde e da liberdade (...),crear una copiosa familia de propietarios (...).
Art. 1. Quedan declarados en venda desde agora tódolos bens raíces de calquera clase que pertencesen ás
comunidades e corporacións relixiosas extinguidas”.
Doc. 2. Desamortización de Mendizábal. Gaceta de Madrid, 21 de febreiro de 1836: “Atendendo á necesidade e conveniencia de diminuír a débeda pública consolidada, e de entregar ao interese individual a masa de bens raíces, que viñeron a ser propiedade da nación, a fin de que a agricultura e o comercio saquen deles vantaxes […] en nome da miña excelsa Filla raíña Dona Isabel decreto o seguinte:
Art. 1º. Quedan declarados en venda desde agora todos os bens raíces de calquera clase, que pertencesen ás comunidades e corporacións relixiosas extinguidas, e os demais que fosen adxudicados á nación por calquera título”.
Doc. 3 Exposición de motivos del decreto desamortizador de Mendizábal <<Vender la masa de bienes que han venido a ser propiedad del Estado, no es tan solo cumplir una promesa solemne y dar una garantía positiva a la deuda nacional por medio de una amortización exactamente igual al producto de las rentas, es abrir una fuente abundantísima de felicidad pública; vivificar una riqueza muerta; desobstruir los cana- les de la industria y de la circulación; apegar al país por el amor natural y vehemente a todo lo propio; enganchar la patria, crear nuevos y fuertes vínculos que liguen a ella; es en fin identificar con el trono excelso de ISABEL II, símbolo de orden y de la libertad.
No es, Señora, ni una fría especulación mercantil, ni una mera operación de crédito, por más que este sea la palanca que mueve y equilibra en nuestros días las naciones de Europa: es un elemento de animación, de vida y de ventura para la España: Es, si puedo explicarme así, el complemento de su resurrección política.
El decreto que voy a tener la honra de someter a la augusta aprobación de V.M. sobre la venta de esos bienes adquiridos ya para la nación, así como en su resultado material ha de producir el beneficio de minorar la fuerte suma de la deuda pública, es menester que en su tendencia, en su objeto y aún en los medios por donde se aspire a aquel resultado, se enlace, se encadene, se funda en la alta idea de crear una copiosa familia de propietarios, cuyos goces y cuya existencia se apoya principalmente en el triunfo completo de nuestras actuales instituciones».
Gaceta de Madrid, 21 de febrero de 1836. Reproducido en A. FERNÁNDEZ y otros, Documentos de Historia Contemporánea de España, Madrid, Actas, 1996, pp.120-125. [ANAYA EBAU19]
Doc.4.-Desamortización de Espartero (1841):
“Art. 1. Tódalas propiedades do clero secular (...) son bens nacionais (...).
Art. 3. Decláranse en venda tódalas propiedades, dereitos e accións do clero catedral, colexial, parroquial, fábricas das igrexas e confrarías”.
Doc.5.-Desamortización de Madoz (1855):
“Art. 1. Decláranse en estado de venda (...) tódolos predios rústicos e urbanos, censos e foros pertencentes:
Ao Estado. Ao clero. Ás Ordes Militares (...). Ás confrarías, obras pías e santuarios (...). Aos propios e comúns dos pobos. Á beneficencia. Á instrución pública e calquera outros pertencentes a mans mortas, xa estean ou non mandados vender por leis anteriores”.
Doc. 6. Desamortización de Madoz. Gaceta de Madrid, 3 de maio de 1855:
“Dona Isabel II, pola graza de Deus e a Constitución […], sabede que as Cortes constituíntes decretaron e Nós sancionamos o seguinte:
Art. 1. Decláranse en estado de venda […] todos os predios rústicos e urbanos, censos e foros pertencentes: Ao Estado. Ao clero. Ás Ordes Militares […]. Ás confrarías, obras pías e santuarios […]. Aos propios e comúns dos pobos. Á beneficencia. Á instrución pública e a calquera outros pertencentes a mans mortas, estean ou non mandados vender por leis anteriores”.
Doc. 3. Propietarios e valor dos bens desamortizados entre 1836 e 1867 (en millóns de reais):
Doc. 1. En 1860 o escritor catalán Manuel Angelón describía o desenvolvemento industrial de Cataluña:
“En España a palabra industria trae infaliblemente á memoria a palabra Cataluña. O principado é sen dúbida o núcleo da forza e riqueza industrial da Península; Barcelona é chamada por propios e estraños a Manchester da nosa querida patria (…).
Non hai probablemente industria ningunha que non teña en Cataluña a súa representación, e non en pequena escala, senón en vastas proporcións. Os fiados e tecidos de algodón, os estampados, os tecidos de seda e la nas súas múltiples calidades, damascos, veludos, tisús, encaixes, máquinas, papel, todo se fabrica no antigo principado”.
Fonte: M. Angelón, Isabel II. Historia de la reina de España, Barcelona, López Bernegosi Editor, 1860, p. 559.
Doc. 2. Distribución rexional da produción siderúrxica española (medias anuais en miles de toneladas): Período Produción Andalucía Biscaia Asturias
TABOA DE DATOS
Fonte: Jordi Nadal, El fracaso de la Revolución Industrial en España, Barcelona, Ed. Ariel, 1975, p.167.
Doc. 3. En febreiro de 1851 o diario conservador El Heraldo facíase eco da inauguración do ferrocarril Madrid-Aranxuez:
“Poucas solemnidades viu Madrid desde a súa fundación que poidan compararse en brillo, (…) en esperanza do porvir, á que presenciou o domingo. A inauguración do ferrocarril de Aranxuez é o primeiro paso que dá a capital da monarquía cara ao mar; é o anuncio seguro de que tarde ou cedo os ricos produtos de Castela, da Mancha e dalgunhas provincias meridionais, estancados hoxe, e afogando na súa improdutiva abundancia ao seu mesmo produtor, impedindo a creación de capitais, e deixando ermos campos feraces que poderían alimentar a metade de Europa, lograsen baleirarse nos grandes mercados do mundo, e cambiarse polos produtos que necesitamos e de que carecemos”.
Documento 2. Descrición da industria local publicada na Guía del viajero en Málaga (1861). A industria en Málaga nos nosos días desenvolveuse dunha maneira admirable... Isto é tanto máis de notar, cando nunca esta cidade destacou como fabril [...]. Hoxe conta a poboación industrial con dúas magníficas fábricas de ferro, dúas grandes fábricas de tecidos de fío e algodón e ademais distintas fábricas pequenas de teares ordinarios [...]. A fabricación de ferro é tan sinxela que non podemos menos de deternos un momento [...]. A operación principal efectúase nos altos fornos, onde o mineral mesturado con carbón vexetal e fundentes é sometido a gran calor.
Documento 3. Lei Xeral de Ferrocarrís, Gaceta de Madrid, 6 de xuño de 1855.
CAPITULO I - Da clasificación de ferrocarrís.
Artigo 1° - Os ferrocarrís dividiranse en liñas de servizo xeral e de servizo particular.
Artigo 2° - Entre as liñas de servizo xeral clasificaranse como da primeira orde as que partindo de Madrid, terminen nas costas ou fronteiras do reino.
Artigo 3° - Todas as liñas de ferrocarril destinadas ao servizo xeral, son do dominio público, e serán consideradas como obras de utilidade xeral.
CAPITULO II - Da concesión ou autorización para construír os ferrocarrís.
Artigo 4° - A construción das liñas de servizo xeral poderá ser verificada polo Goberno e na súa falta por particulares ou compañías.
La construcción del ferrocarril
"El ferrocarril, el nuevo medio de transporte del Siglo XIX (...) comenzó a construirse en España en la segunda mitad del siglo XIX. Eso supuso un retraso notable respecto a otras economías, con los efectos consiguientes sobre la expansión e integración del mercado interior, la división del trabajo, la productividad y, en general, el desarrollo de la economía de mercado (...) Un porcentaje muy alto de (las) inversiones (en el ferrocarril) se hizo con capitales extranjeros (...) La franquicia concedida al material ferroviario que importasen las empresas ferroviarias (por lo general en manos de extranjeros), constituyó un obstáculo grande al desarrollo de las fábricas de hierros españolas (...). Pero si los constructores del ferrocarril hubieran tenido que emplear hierro de producción española, no sólo hubieran perdido la demanda a las fábricas con que estaban relacionados, sino que tendrían que haber pagado los hierros más caros. (A pesar de esto) no se puede negar el papel desempeñado en la modernización de la economía española. El beneficio mayor lo recibió el sector agrario y la minería al ampliarse el mercado interior".
Anes, Rafael: "El ferrocarril en la economía española". Información Comercial Española, nº 623.
Doc.1.-Parte do xeneral Pastor sobre o incendio da fábrica Bonaplata (Barcelona, 1835): “Foi queimada a fábrica de tecidos e fundición de ferro dos señores Bonaplata e Cía. As autoridades, cando se decataron de que tentaban este ataque os amotinados, enviaron toda a forza de que se podía dispoñer, co fin de atallar o incendio; mais en balde, xa que estaban determinados a facelo, convencidos de que os teares movidos por máquinas diminuían a produción do traballo manual. Os donos da fábrica, que tiñan hai días temores deste ataque, tomaron precaucións cunha garda dos seus propios dependentes, quen prematuramente fixeron fogo ós amotinados, cousa que alporizou a estes e aumentou a súa insolencia. A tropa que tiña que contelos púxose de por medio e resultaron da liorta varios mortos e feridos”.
Doc.2.-En setembro de 1855, El Eco de la Clase Obreira publicaba a seguinte petición as Cortes: “Señores Deputados das Cortes Constituíntes: Hai anos que a nosa clase vai camiñando cara a súa ruina. Os salarios minguan. O prezo dos comestibles e das habitacións é máis alto. As crises industriais sucédense. Temos que (...) mandar ó taller ás nosas donas con prexuízo da educación dos nosos fillos, sacrificar a estes mesmos fillos a un traballo prematuro. É xa gravísimo o mal, urxe o remedio, e agardámolo de vosoutros. Non pretendemos que ataquedes a liberdade do individuo, porque é sagrada e inviolable; nin que matedes a concurrencia, porque é a vida das artes; nin que carguedes sobre o Estado a obriga de socorrernos, porque coñecemos os apuros do Tesouro. Pedímosvos unicamente o libre exercicio dun dereito: do dereito de ASOCIARNOS. Hoxe concédesenos só para favorecernos nos casos de enfermidade ou de falta de traballo; concédasenos en adiante para opoñernos ás desmedidas esixencias dos donos dos talleres, establecer de acordo con eles tarifas de salarios, procurarnos os artigos de primeira necesidade a baixo prezo, organizar o ensino profesional e fomentar o desenvolvemento da nosa intelixencia, atender a todos os nosos intereses”.
Doc.3.-Neste artigo publicado en setembro de 1872 en La Defensa de la Sociedad, advírtese do perigo que para a orde establecida supón a Asociación Internacional de Traballadores (AIT): “Proba en verdade que atinxe a reis e pobos, a sacerdotes e profanos, ó cidadán humilde e ó elevado magnate, á relixión, á moral, á propiedade, ó traballo; á autoridade, á liberdade, á paz pública; á patria, á familia, á seguridade persoal; á orde, ó goberno, á economía política; e en fin, a tódalas entrañas da vida da humanidade. ¡Tremendo retroceso habería sufrir esta se en tal proba saísen vencidos os principios tutelares da súa existencia e desenvolvemento! E vencidos sairían se os ánimos rectos, se os homes dos que os seus intereses morais e materiais están ameazados, se as clases lexítimas cegamente combatidas, non abrisen a tempo os ollos para ver e evitar o abismo onde empurra á sociedade enteira esa tempestade de erros (...), políglota e cosmopolita, que se titula a Asociación Internacional”.
Doc. 1. Mensaxe enviada polas asociacións obreiras de Cataluña ao Terceiro Congreso da Asociación Internacional de Traballadores de Bruselas en setembro de 1868: “Encadeadas despois de longo tempo por un poder despótico, as sociedades obreiras de España envían un saúdo cordial ós seus irmáns do resto de España. O momento presente non é moi favorable ás asociacións. Non obstante […] en Cataluña e en Andalucía as asociacións obreiras desenvólvense pouco a pouco […]. Os obreiros españois están dispostos a loitar cos seus irmáns contra esa formidable asociación do Exército, do Trono e do Altar, para establecer ao fin, sobre bases sólidas, a paz, a xustiza e o traballo”.
Doc. 2. Manifesto da Federación Rexional Española aos traballadores españois, Madrid, 31 de xaneiro de 1872. “O noso lema non pode ser máis claro nin terminante: NON MÁIS DEREITOS SEN DEBERES; NON MÁIS DEBERES SEN DEREITOS Ou noutros termos: O QUE QUEIRA COMER QUE TRABALLE Este é o socialismo que proclama a Internacional, cuxas dúas afirmacións principais son: en economía, o colectivismo; en política, a anarquía. O colectivismo, é dicir, a propiedade común dos instrumentos do traballo, utilización dos mesmos polas colectividades obreiras que os fagan directamente producir, e propiedade individual do froito íntegro do traballo de cada cal. A anarquía, é dicir, a abolición dos gobernos, ou sexa a súa conversión en simples administradores dos intereses colectivos”.
Doc. 3. Informe da agrupación socialista madrileña ante a Comisión de Reformas Sociales, 1884. “Queredes de boa fe favorecer a clase traballadora? Recoñecédelle os dereitos políticos; permitídelle a libre emisión das súas ideas, a asociación en defensa dos seus intereses, a libre acción política, nunha palabra. Reservádevos en boa hora, o dereito de manter pola forza a orde pública. Nós, que sabemos que toda revolución vai precedida dunha evolución máis ou menos rápida, pero sempre longa, coidaremos de non vos dar o gusto de que resolvades pola forza o que non podedes alcanzar coa razón. Quedaremos citados para a batalla final. Entre tanto, viviremos dentro da legalidade, limitada só pola necesidade da orde pública; loitaremos pacificamente na prensa, nos comicios, nas asembleas. Compararemos pacificamente intereses con intereses, doutrina con doutrina. Veremos cales triunfan na opinión pública, na conciencia social”.
Doc.1.-A destrución das máquinas. O exemplo da Fábrica de Tabacos da Coruña recollido en El País. Diario de Pontevedra (13 de decembro de 1857): “O luns 7 do actual houbo un pronunciamento de mulleres na fábrica da Palloza desta cidade (A Coruña). Parece que no canto dos cigarros que antes se facían nesta fábrica, están agora ensaiando a construción doutros de diferente feitura e (…) crearon un taller de pitos cunha máquina para picar o tabaco. Como ambas operacións son novas, non se prestan nin acomodan a elas as cigarreiras, porque non saben facelos, tardando tanto en elaboralos que a penas sacan a terceira parte do xornal que adoitaban (…). Alporizáronse aquelas catro mil mulleres, arremetendo contra os xefes e empregados do establecemento, destruíndo todo o tabaco (…), racharon e fixeron anacos as máquinas novas (…), tirándoas ao mar, o mesmo que os mobles, papeis, libros de caixa e efectos que atoparon nas habitacións do director”.
Doc.2.-En setembro de 1855, El Eco de la Clase Obrera publicaba a seguinte petición ás Cortes: “Señores Deputados das Cortes Constituíntes: Hai anos que a nosa clase vai camiñando cara a súa ruína. Os salarios minguan. O prezo dos comestibles e dos cuartos é máis alto. As crises industriais sucédense. Temos que (...) mandar ao taller as nosas donas con prexuízo da educación dos nosos fillos, sacrificar a estes mesmos fillos a un traballo prematuro. É xa gravísimo o mal, urxe o remedio, e agardámolo de vosoutros. Non pretendemos que ataquedes a liberdade do individuo, porque é sagrada e inviolable; nin que matedes a concorrencia, porque é a vida das artes; nin que carguedes sobre o Estado a obriga de socorrernos, porque coñecemos os apuros do Tesouro. Pedímosvos unicamente o libre exercicio dun dereito: do dereito de ASOCIARNOS. Hoxe concédesenos só para favorecernos nos casos de enfermidade ou de falta de traballo; concédasenos en adiante para opoñernos ás desmedidas esixencias dos donos dos talleres, establecer de acordo con eles tarifas de salarios, procurarnos os artigos de primeira necesidade a baixo prezo, organizar o ensino profesional e fomentar o desenvolvemento da nosa intelixencia, atender a todos os nosos intereses”.
Doc.4.-En marzo de 1917, este Manifesto conxunto da UGT e a CNT propón a folga xeral, que sería definitivamente convocada en agosto: “O proletariado organizado chegou así ao convencemento da necesidade da unificación das súas forzas nunha loita común contra os amparadores da explotación erixida en sistema de goberno. E respondendo a este convencemento, os representantes da Unión General de Trabajadores e os da Confederación Nacional del Trabajo acordaron por unanimidade: Primeiro: (...) co fin de obrigar ás clases dominantes a aqueles cambios fundamentais de sistema que garantan ao pobo o mínimo das condicións decorosas de vida e de desenvolvemento das súas actividades emancipadoras, imponse que o proletariado empregue a folga xeral, sen prazo definido de terminación, como a arma máis poderosa que posúe para reivindicar os seus dereitos”.
Doc. 1. A AIT aos obreiros españois. Xenebra, 26 de decembro de 1868: “O pobo español expulsou a raíña Isabel; nós posuímos a convicción de que non sufrirá máis o restablecemento do realismo. […] Reivindicade por tanto as reformas que a revolución política por si soa é incapaz de producir para o ben do pobo, para o ben de todos. […] Irmáns de España: Vinde, adherídevos en masa á nosa obra; que as vosas sociedades obreiras veñan afiliarse á nosa asociación, que as seccións da Internacional se funden e multipliquen en todas as vosas cidades, en todas as vosas aldeas. O porvir é voso”.
Doc. 2. Proclama dirixida pola Comisión federal da Federación Rexional Española a todos os internacionais (Alcoi, 24 de febreiro de 1873): “[…] A base principal da revolución que anhelamos cremos que consiste na completa descentralización, ou mellor dito, na destrución total dos poderes autoritarios, eternos inimigos do progreso, da liberdade e da xustiza. […] É preciso ir adiante cara ao triunfo da Anarquía e do Colectivismo, é dicir, a destrución de todos os poderes autoritarios e dos monopolios de clase, onde NON HABERÁ NIN PAPAS, NIN REIS, NIN BURGUESES, NIN CURAS, NIN MILITARES, NIN AVOGADOS, NIN XUÍCES, NIN ESCRIBÁNS NIN POLÍTICOS; pero si unha libre federación universal de libres asociacións obreiras agrícolas e industriais […].”
Doc. 3. Estatutos da UXT, aprobados en Barcelona en 1888: “Artigo 1º. A Unión Xeral de Traballadores de España ten por obxecto: 1º. Reunir no seu seo as Sociedades, Federacións e Unións de Resistencia. 2º. Crear novas Seccións de oficio e constituílas en Federacións Nacionais. 3º. Mellorar as condicións de traballo. 4º. Manter estreitas relacións coas organizacións obreiras dos demais países que persigan o mesmo fin ca esta Unión, e practicar con elas, sempre que sexa posible, o principio da solidariedade. Artigo 2º. A Unión Xeral de Traballadores de España proponse realizar o seu obxecto apelando á folga ben organizada e solicitando dos Poderes públicos cantas leis favorezan os intereses do traballo, tales como a xornada legal de oito horas, fixación dun salario mínimo, igualdade de salario para os obreiros dun e outro sexo, etc. […].”
Doc. 1 José RODRÍGUEZ MARTÍNEZ. Las reformas de la fábrica de tabacos 1. La Voz de Galicia, 20-VI-1899. Las cigarreras, que tanto y tanto trabajan y sufren, que tan generosas se mostraron siempre con todos los necesitados, que tanto y tanto merecen de la sociedad, del Estado o de la Arrendataria, viven peor que los obreros de las minas, mueren tantas como los operarios y las operarias de las industrias más nocivas; cobran menos que los últimos proletarios de todos los países, mandan al cementerio más del 40% de sus desdichados hijos; son especuladas villanamente por toda clase de industriales, y sirven de base para que los accionistas de la Arrendataria se repartan famosos dividendos corres- pondientes a las acciones que valen el 300%.
Doc. 2 P. NIETO RODRÍGUEZ. Memoria acerca de las condiciones higiénicas y estado sanitario de El Ferrol. 1895.Este barrio [de Esteiro, en Ferrol] cobija en su seno la clase más desventurada de la sociedad, como es la prostitución desvergonzada y callejera; barrio antiguo y no reformadas sus primitivas edificaciones, las casas son viejas, húmedas, con escasa luz y nula ventilación; de las ventanas cuelgan pingajos de toda especie, o bien prendas de vestir lavadas que se secan al aire extendidas sobre un bramante; sin letrinas en su mayoría, y con pozos negros, que de tales no tienen más que el nombre, o sin ellos, que también los hay, almacenando sus moradores los desperdicios y las deyecciones en receptáculos que conducen, a todas horas, a próximos huertos que generalmente cultivan, despidiendo un olor capaz de producir vómito al transeúnte que tenga la desgracia de pasar a su lado; barrio el más populoso, como antes dijimos, y el más pobre, como decimos ahora, y por esta causa el más descuidado en cultura social, educación, instrucción y moralidad; barrio en el que, por razón de su modo de ser, viven en repugnante consorcio, y como en familia, los padres, los hijos, los cerdos, las cabras (...). Barrio que tiene todas sus calles, excepción de una, sin empedrado, haciéndose imposible el tránsito en épocas lluviosas, por convertirse en baches y charcas. (...) Un barrio así tiene que ser forzosamente antihigiénico, y por lo tanto insalubre; tiene que ser, por su triste condición, el que mayor tributo paga a la mor- talidad, el del que las gentes medianamente acomodadas huyen como de la peste.
Doc. 3 Pompeu Gener, La Vanguardia, 26 de febreiro de 1889. En si mesma, a muller non è coma o home, un ser completo, é só o instrumento de reprodución, a destinada a perpetuar a especie, mentres que o home é o encargado de facela progresar, o xerador da intelixencia, á vez creador e demiurgo do mundo social.
Labradores. La condición de estos obreros no puede ser peor. No hablo del labrador rico, hablo del pobre colono de mi país; del infeliz labrador gallego, mezcla de obrero y propietario, mitad dueño y mitad esclavo, obligado unas veces a emigrar, otras a servir para todos los oficios, y no pocas a pedir limosna y siempre víctima de la carga foral que le abruma.
¿Cuánto trabaja un labrador en España? Con contestar que toda su vida, creo que no es exagera nada respecto de Galicia (...). El porvenir de la clase más numerosa de españoles se presenta tris- te y desconsolador. El jornalero del campo en Andalucía, Extremadura y La Mancha, y el labrador que en Galicia y Asturias cultiva una tierra que a medias le pertenece, son gente de pocas necesidades, decidida y trabajadora. Durante el día trabaja penosamente, al menos en Galicia, de diez a doce horas, y aún se cuida de que sus hijos sepan leer, de las prácticas de su religión, de servir a la patria y, sobre todo de pagar al dueño del dominio directo el foro que le pertenece.
VILLEGAS [representante da Sociedade de Canteiros). Informe oral sobre el trabajo infantil a la Sociedad de Reformas Sociales. 1844.
R.P.M.Fr. MARCOS DA PORTELA [pseudónimo de Valentín Lamas Carvajal]. Catecismo do labrego. Ourense, 1889. Home acabadiño de traballos, caste de besta de carga na que tanguen a rabea-los que gober nan, ser a quen fan paga-la cédula como ás persoas para facelo traballar coma ós cans, que leva faldriqueira no traxe por fantasia, boca na cara por burla, que anda de arrastro como as cobras, que fura na terra como as toupeiras, que traballa moito e come pouco, que a semellanza do burro do arrieiro, leva viño e bebe auga, procura o trigo para come-lo millo (...) e que ven a ser considerado polos seus semellantes coma un ninguén que a todo chamar chámanlle Xan Paisano.
L ANER. Informe sobre el trabajo infantil presentado ante la Comisión de Reformas Sociales. 1883. La edad de seis años para comenzar a trabajar es la general, no sólo en Cataluña, sino en los es muy mal (...). Estas infelices criaturas de seis años, para ir al trabajo deben recorrer largas distancias y se Estas indada instante en las fábricas de la alta montaña de Cataluña, instaladas en las m nes de los rios y en las que se trabaja día y noche, alternando por grupos.
Doc. 1 Armando PALACIO VALDÉS: El señorito Octavio, 1881 (tradución e adaptación). O CONSERVADORISMO DA CLASE MEDIA Canto sinto que papá figure nun partido tan avanzado [liberal]. Non sei por que tivo a desgraciada ocorrencia de se namorar desa chusma insolente que escarnece todo o grande e elevado. A igualdade que esa xente pide é a igualdade na grosaría e na baixeza. Moléstalles o brillo nos salóns e senten envexa e piden que todo o mundo habite nos faiados; séntense molestados pola superioridade dos nobres, pola súa cultura, polo seu valor, pola súa exquisita educación, e pretenden que sexan torpes e covardes coma eles (...).
Doc. 2 Informe de Luis Aner, Comisión de Reformas sociales, Madrid, 1883 (tradución e adaptación). En Reus traballan os nenos sesenta e seis horas semanais; en- Eran nas fábricas aos seis anos de idade, e desde esta á de catorce gañan de 6 a 16 reais por semana (...). En Barcelona gañan algo máis; traballan sesenta e nove horas á semana e entran tamén a traballar aos seis anos (...).
A idade de seis anos para empezar a traballar é a xeral, non só en Cataluña, senón tamén nos demais centros fabrís de España, como Alcoy, Granada, Antequera, Valencia e Valladolid. Hai fábricas onde non se deixa entrar os nenos de peito para que a súa nai lles dea de mamar, e deuse o caso de despedir unha obreira por atreverse a facelo (...).
Doc. 3 Sixto CÁMARA: La cuestión social, 1849 (tradución e adaptación). Non é verdadeiramente un insulto dicirlle ao home que pasa un día e outro día, un mes e outro mes, un ano e outro ano, xee, chova, neve ou o sol do estío abrase, sempre inclinado cara á terra, (...) e ao que (...) condenades ao suplicio de oír os berros penetrantes da súa esposa e dos seus fillos que piden vestido ou alimento; non é un insulto, repito, dicirlle a este desgraciado: "Podes cocer o pan onde che pete, matar a caza que viva das túas terras, aspirar coma outro calquera aos altos pos- tos do Estado; xa todos somos iguais..."?
Doc. 1 José F. PRAT: As mulleres, 1903. Como viven as mulleres hoxe? (...). Se pertence á clase alta é un sinxelo obxecto de luxo cuns dereitos moi restrinxidos. Lectura, escritura, un pouco de historia, un par de idiomas, música, bailes, unhas nocións de costura e unha gran dose de relixión. Com is to ten abondo para lucir os salóns de contratación de matrimonio. (...)
Tristisima é a condición da obreira (...). En canto saíu do berce xa se ocupa das ta refas domésticas ou de ir ao obradoiro (...), onde cose, tece, sofre, se esgota, súa sangue e auga, e o seu corpo vaise debilitando durante dez horas ou máis para achegarlle a familia algunhas moedas semanais (...).
Engadidelles a todas estas miserias económicas as amarguras da súa condición moral e o abandono intelectual que sofre, tanto se é pobre coma rica, e non digamos se a muller é escrava dun escravo.
Doc. 2 Informe de Luis ANER, Comisión de Reformas Sociais, Madrid, 1883. En Reus traballan o nenos sesenta e seis horas semanais; entran nas fábricas aos seis anos de idade, e desde esta á de catorce gañan de 6 a 16 reais por semana (...). En Barcelona gañan algo máis; traballan sesenta e nove horas á semana e entran tamén a traballar aos seis anos (...). A idade de seis anos para empezar a traballar é a xeral, non só en Cataluña, senón tamén nos demais centros fabrís de España, como Alcoy, Selecta, Antequera, Valencia e Valladolid.
Hai fábricas onde non se deixa entrar aos nenos de peito para que a súa nai lles dea de mamar, e deuse o caso de despedir a unha obreira por atreverse a facelo (...).
Doc. 3 Recensión histórica de Chamberí, Madrid, 1852. É preciso entrar nestas habitacións para formarse unha idea da súa insalubridade (...) Apenas se atopa unha destas chozas con ventilación, con embaldosado, con fogóns nin fogares, nin aínda con chemineas para a saída dos fumes, nin localidade senón para un matrimonio cos seus dous fillos pequenos: pois ben, nestes cortellos adoitan habitar 3, 4, 5 familias, con 18 ou 24 persoas de ambos os sexos (...). Se conforme a ordenanza municipal non se consentisen nestes cortellos máis persoas que in que permiten os corenta pés su-perficiais por cada unha, non poderían esixir os propietarios o exorbitante alugueiro que sacan. (...)
Doc. 1. Santiago Carrillo rememora a figura de Manuel Azaña e o seu papel na Segunda República: “Manuel Azaña era o líder republicano menos coñecido polas masas o 14 de abril cando o Comité Revolucionario se fixo cargo do Goberno, pero era tamén o que tiña un coñecemento máis exacto dos grandes problemas nacionais do momento. Entre estes atopábanse a gran propiedade latifundista, o control da Igrexa católica sobre a política e a cultura [...] e a existencia dun Exército colonialista [...].[...] Como digo, seguramente Azaña tiña conciencia destes problemas coma ninguén, pero carecía de suficiente forza propia, dun partido forte que o sustentase, do apoio dunha burguesía emprendedora inexistente, como recoñeceron moitos, do carácter e a coraxe que esixía a empresa [...].
Doc. 2. Beneficios da reforma agraria, segundo o enxeñeiro agrario Pascual Carrión, integrante da Comisión Técnica encargada de elaborar o anteproxecto de Lei de Reforma Agraria:“[...] O custo da reforma, xa o apreciamos, é duns 500 millóns de pesetas anuais durante un decenio, pero estas cantidades seranlle devoltas ao Estado polos mesmos cultivadores, e, canto ás melloras sociais, camiños, poboados, obras de rega, etc., tamén serán amortizadas co aumento de contribucións e impostos. [...] A respecto dos beneficios sociais, non hai que ponderar o que supón que teñan ocupación todos os obreiros agrícolas desas provincias e que poidan levar unha vida modesta, pero que cubra as súas necesidades e lles permita ser verdadeiramente libres [...].
Doc. 3. A reforma educativa. Decreto de 24 de xuño de 1931:“O Goberno provisional da República sitúa no primeiro plano das súas preocupacións os problemas que fan referencia á educación do pobo. A República aspira a transformar fundamentalmente a realidade española ata lograr que España sexa unha auténtica democracia. E Españanon será unha auténtica democracia mentres a inmensa maioría dos seus fillos, por falta de escolas, se vexan condenados a perpetua ignorancia. [...] Fundado nestas razóns, e a proposta do Ministro de Instrución Pública e Belas Artes, o Goberno provisional da República decreta: Artigo 1.º Autorízase o Ministerio de Instrución pública para crear, a partir do 1º de Xullo, 7.000 prazas de Mestres e Mestras con destino ás Escolas nacionais [...].”
DOC 4 A reforma militar Gaceta de Madrid, 27 de abril de 1931
Artigo 1. Concédese o pase á situación de segunda reserva, co mesmo soldo que gocen no seu emprego da escala activa, a todos os oficiais xerais do Estado Maior Xeneral, aos da Garda Civil e Carabineiros e á dos Corpos de Alabarderos, Xurídico Militar, Intendencia, Intervención e Sanidade, nas súas dúas seccións de Medicina e Farmacia, que o soliciten do Ministerio de Guerra dentro dos trinta días seguintes ao da publicación deste decreto.
Artigo 2. Concédese o pase á situación de retirado, co mesmo soldo que gocen actualmente no seu emprego e calquera que sexan os seus anos de servizos, a todos os Xefes, Oficiais e asimilados, así en situación de actividade como na de reserva retribuída das distintas Armas e Corpos do Exército. Incluso os Oficiais menores de Gardas de Alabarderos, que o soliciten do Ministerio da Guerra dentro do prazo sinalado no artigo anterior (…)”
DOC. 5. ” Os Latifundios en España", Pascual Carrión, Madrid 1932.
o problema dos latifundios en España non é unha entelequia inventada por uns cuantos descontentos ou idealistas, senón unha cuestión grave de enorme transcendencia económica e social para nosa patria. Non se trata só do feito de que uns 7000 propietarios posúan máis de 6 millóns de hectáreas nas rexións manchega, estremeña e andaluza, senón tamén de que gozan a maior parte da riqueza que nelas reproduce, deixado ao resto dos seus habitantes en situación precaria, e, sobre todo, impedindo que se intensifique a produción e poidan progresar esas provincias (…). Consecuencia deles son: o despoboamento dos campos, o deficiente cultivo, os xornais baixos, os arrendamentos caros, a escasa e raquítica gandería, e, en xeral, a situación precaria en que se atopa a terceira parte do territorio nacional (…). Ante estes feitos, é suicida e criminal pechar os ollos para non velos e deixar que pasen os anos e aínda séculos, como ata o de agora ocorreu, sen poñerlles remedio. Hai, pois, que afrontar a súa solución con serenidade pero con enerxía (…)
DOC6 .LEI DA REFORMA AGRARIA: A execución desta lei quedará encomendada ao Instituto de Reforma Agraria que... promoverá a formación de organismos de crédito a fin de facilitar aos campesiños asentados o capital necesario para os gastos de explotación... Serán susceptibles de expropiación as terras incluídas nos seguintes apartados: 1. As ofrecidas voluntariamente polos seus donos, sempre que a súa adquisición considérese de interese para o Instituto de Reforma Agraria. 2. As que se transmitan contractual mente a título oneroso sobre as cales e a este só efecto, poderá exercitar o Estado o dereito de retracto nas mesmas condicións que determine a lexislación civil vixente. 3. As adxudicadas ao Estado, Rexión, provincia ou Municipio, por razón de débito, herdanza ou legado e calquera outras que posúan con carácter de propiedade privada.
Gaceta de Madrid, 21 de setembro de 1932.
Doc.1.-“Fundamentos y directrices de un Plan de saneamiento de nuestra economía, armónico con nuestra reconstrucción nacional” (1939), por Francisco Franco: “O problema máis grande que se lle presenta á economía española é o desnivel desfavorable da nosa balanza de pagos co estranxeiro (...). Suprimilo ten que constituír a directriz principal da nosa política económica, xa que, doutra maneira, se produciría o fenómeno de que a riqueza nacional continúa a esgotarse nesta sangría de centos de millóns que anualmente vai vigorizar a economía dos países exportadores (...). Imponse á nosa política comercial no exterior: 1º. Suprimir importacións que non sexan indispensables. 2º. Reducir aquelas que poidan ter un substitutivo ou permitan esta redución. 3º. Implantación de novas industrias e regadíos que nos faciliten os produtos que hoxe importamos. 4º. Intensificar as nosas exportacións, mesmo primándoas”.
Doc.2.-O historiador J. L. García Delgado valora así a política autárquica: “O significado último desa pobreza de resultados durante a etapa inicial do franquismo ten unha dobre dimensión: por unha banda, supón o remate do proceso de crecemento moderado pero mantido que se prolonga en España durante o último terzo do século XIX e o primeiro do XX; por outra banda, ocasiona o ancheamento da fenda que separa a traxectoria de España respecto á doutros países europeos; unha diferenza que, en ritmos de crecemento e de produto real por habitante, se amplía enormemente durante eses anos. Non se esaxera, por conseguinte, cando se sitúa nese decenio dos anos corenta a pasaxe máis negativa da nosa historia económica e contemporánea, coa cruenta eliminación dos partidos políticos e organizacións de clase, con ríxida disciplina laboral e drástica fixación de salarios, con mutilación das liberdades individuais e a perda, nuns casos, e marxinación noutros, dun capital humano irrecuperable. En suma, o fracaso económico correu entón paralelo á regresión política e social”.
Doc.3.-Decreto-Lei de 20 de xullo de 1959, coñecido como Plan de Estabilización: “Ao remate da Guerra de Liberación, a economía española tivo que se enfrontar co problema da súa reconstrución, que se vía retardada naqueles momentos pola insuficiencia dos recursos (...) como consecuencia da contenda. A guerra mundial e as repercusións que trouxo consigo aumentaron estas dificultades e pecharon gran parte dos mercados e fontes de aprovisionamento normais (...). Superadas aquelas circunstancias, chegou o momento de iniciar unha nova etapa que permita colocar a nosa economía nunha situación de máis ampla liberdade, de acordo coas obrigas asumidas por España como membro de pleno dereito da OECE. A maior flexibilidade económica que se establecerá gradualmente non supón en ningún caso que o Estado abdique do dereito e da obriga de vixiar e fomentar o desenvolvemento económico do país”.
Doc.1.-“Fundamentos E directrices dun Plan de saneamento da economía, harmónico con nosa reconstrución nacional” (1939), por Francisco Franco: “O problema máis grande que se lle presenta á economía española é o desnivel desfavorable da nosa balanza de pagos co estranxeiro (...). Suprimilo ten que constituír a directriz principal da nosa política económica, xa que, doutra maneira, se produciría o fenómeno de que a riqueza nacional continúa a esgotarse nesta sangría de centos de millóns que anualmente vai vigorizar a economía dos países exportadores (...). Imponse á nosa política comercial no exterior: 1º. Suprimir importacións que non sexan indispensables. 2º. Reducir aquelas que poidan ter un substitutivo ou permitan esta redución. 3º. Implantación de novas industrias e regadíos que nos faciliten os produtos que hoxe importamos. 4º. Intensificar as nosas exportacións, mesmo primándoas”.
Doc 3. CONVENIO DEFENSIVO, DE MUTUA DEFENSA e AXUDA ECONÓMICA ENTRE EEUU e ESPAÑA. Madrid, 26 de setembro de 1953
Art. 10 O Goberno dos Estados Unidos de América facilitará ao goberno español [...] a asistencia técnica e económica que se pida polo Goberno español e apróbese polo de Estados Unidos de América conforme ás estipulacións convidas no presente convenio
Doc.2.-Decreto-Lei de 20 de xullo de 1959, coñecido como Plan de Estabilización:
“Ao remate da Guerra de Liberación, a economía española tivo que se enfrontar co problema da súa reconstrución, que se vía retardada naqueles momentos pola insuficiencia dos recursos (...) como consecuencia da contenda. A guerra mundial e as repercusións que trouxo consigo aumentaron estas dificultades e pecharon gran parte dos mercados e fontes de aprovisionamento normais (...). Superadas aquelas circunstancias, chegou o momento de iniciar unha nova etapa que permita colocar a nosa economía nunha situación de máis ampla liberdade, de acordo coas obrigas asumidas por España como membro de pleno dereito da OECE. A maior flexibilidade económica que se establecerá gradualmente non supón en ningún caso que o Estado abdique do dereito e da obriga de vixiar e fomentar o desenvolvemento económico do país”
Doc. 1. Preámbulo da Lei do 24 de outubro de 1939 de protección ás novas industrias de interese nacional “Con motivo da gloriosa Cruzada en que España tivo que superar a crise máis grave da súa historia, púxose de relevo a capital importancia que para a vida da Nación ten contar no territorio patrio coas industrias necesarias para a guerra e as primeiras materias indispensables para a súa vida. A situación da nosa economía esixe, por outra banda, esforzos considerables para redimir España da importación de produtos exóticos. O non lograr ata hoxe, non obstante as posibilidades do mercado interior, que a iniciativa particular satisfaga esas necesidades, aconsella estimular a implantación de tales industrias de acusado interese nacional, concedéndolles certas garantías e beneficios”.
Doc. 2. Preámbulo do Decreto-Lei do 20 de xullo de 1959, coñecido como «Plan de Estabilización» “É indubidable que as medidas restritivas de emerxencia implicaban un carácter transitorio. Superadas aquelas circunstancias, chegou o momento de iniciar unha nova etapa que permita colocar a nosa economía nunha situación de máis ampla liberdade, de acordo coas obrigacións asumidas por España como membro de pleno dereito da OECE. A maior flexibilidade económica que se establecerá gradualmente non supón en ningún caso que o Estado abdique do dereito e da obrigación de vixiar e fomentar o desenvolvemento económico do país. Pola contra, esta función poderase exercer con maior axilidade suprimindo intervencións hoxe innecesarias”.