VOCABULARIO
1. REPOBOACIÓN. Ocupación por novos habitantes das terras que se mantiveran deshabitadas (val do Douro) ou que os reis cristiás lle arrebataran a Al-Andalus. Estas terras, que pertencían ao monarca, eran entregadas a nobres, para que as defendesen, ou a monxes, para que construísen mosteiros. Os campesiños que repoboaban estes novos territorios cristiáns procedían do norte (astures, galegos, vascóns). Este proceso levouse a cabo entre os séculos VIII e XV e foi facilitado por instrumentos oficiais como as chamadas cartas pobras.
2. PRESURA. Modalidade de repoboación libre que se caracteriza pola ocupación e cultivo, por grupos de labregos, das terras ermas situadas no val do Douro e nalgunhas zonas ao sur dos Perineos nos séculos IX ao XI. En Cataluña recibe o nome de aprisio. Os monarcas outorgaron aos campesiños a propiedade das terras (alodios).
3. MANSOS. Parcelas cultivadas polos campesiños na Alta Idade Media. O campesiño tiña que pagar unha renda fixa ao señor propietario das terras e traballar nas terras da reserva señorial (prestacións de traballo persoal).
4. PARIAS. Imposto que pagaban os reinos de taifas aos reis cristiáns para que non foran obxecto dun ataque dos reinos cristiáns ou para defendelos incluso doutra taifa inimiga. Grazas ao cobro das parias, os reis cristiáns construíron novos castelos, melloraron o armamento e organizaron grandes exércitos. Os reis cristiáns, en certos momentos, frearán a reconquista xa que prefiren o cobro das parias a ocupar novos territorios.
5. FORO. Contrato agrario mediante o cal os grandes propietarios lle ceden terras a una familia de campesiños a cambio dunha renda, normalmente una parte da colleita. A duración deste contrato era longa e fixaríase na vida de 3 foreiros (campesiños) ou na vida de 3 reis e 29 anos mais. Este tipo de contrato perduraría, con algunhas modificacións ata o século XX.
6. MARCA HISPÁNICA. Fronteira creada ao sur dos Perineos a finais do século VIII por Carlomagno, rei dos francos, para frear a expansión musulmá. Estendíase desde Pamplona a Barcelona. Estaba gobernada por condes dependentes dos reis francos e incluía territorios do norte de Cataluña e Aragón, divididos en condados.
7. TAIFAS. Cada un dos reinos musulmáns independentes que se formaron trala desaparición do Califato de Córdoba en 1031. Para evitar a conquista, pagaron parias aos reinos cristiáns. Configuráronse máis de vinte reinos de taifas independentes como Sevilla, Badaxoz ou Toledo. A última desapareceu en 1492 coa conquista do reino nazarí de Granada polos Reis Católicos.
8. MESNADAS. Conxunto de homes armados que na Idade Media estaba ás ordes dun rei ou señor. En Galicia o conde de Lemos tiña a mediados do s. XV cerca de 100 homes e o conde de Altamira 79.
9. FRESCO. Técnica artística que consiste en pintar sobre un muro cunha ou varias capas de argamasa sobre a que se colocaba unha fina capa de xeso.
10. REFECTORIO. Comedor dos mosteiros.
IMAXES
SAN MIGUEL DE LILLO
SANTA MARÍA DEL NARANCO (exterior)
SAN BAUDELIO DE BERLANGA
SANTA MARÍA DEL NARANCO (interior)
BEATO DO ESCORIAL.
CRUZ DA VITORIA
CRUZ DOS ANXOS
BEATO DE VALLADOLID
Escena: Os catro xinetes do Apocalipse.
SAETERA (dende o interior)
SAETERAS (dende o exterior)
SAN MIGUEL DE CELANOVA (interior)
SAN MIGUEL DE CELANOVA (exterior)
SAN MIGUEL DE LA ESCALADA (exterior)
SAN MIGUEL DE LA ESCALADA (interior)
ARCO DE FERRADURA
ARCOS XEMINADOS
COLUMNAS DE FUSTE SOGUEADO
ARCO DE MEDIO PUNTO
BÓVEDA DE CAÑON / ARCOS FAIXÓNS
ADARVE / AMEAS
ANEXO VOCABULARIO
CARTA DE POBOAMENTO. Documento polo que os reis concedían dereitos e privilexios (terras en propiedade, liberación de taxas e obrigas feudais) para atraer poboadores para os novos concello na loita fronte aos musulmáns. Permitiron a creación de vilas e cidades ao sur do val do Douro e do val do Ebro entre os séculos XI e XIII.
REPOBOACIÓN DE CONCELLOS. Tipo de repoboación desenvolvida entre os séculos XI e XII na zona comprendida entre o val do Douro e o val do Texo. Consistiu na creación de concellos, que eran comunidades de colonos asentadas en núcleos fortificados. Os reis concedíalles privilexios escritos nos foros ou cartas pobra.
FOROS/FUEROS. Dereitos, liberdades ou exencións de impostos que se lles outorgaban aos habitantes dunha cidade ou vila. Os reis pretendían, concedendo estes privilexios (os foros) impulsar o proceso repoboador durante a Reconquista.
BEATOS. Copias manuscritas decoradas con miniaturas, feitas por clérigos mozárabes, dunha obra moi divulgada naquela época: Comentario ao Apocalipse, do monxe Beato de Liébana.
REINO DE PORTUGAL. Territorio que formaba parte do reino de León ata comezos do século XII, cando por herdanza pasou a ser un condado dependente deste reino. Támen era parte sur da antiga provincia romana de Gallaecia. A independencia produciuse en 1128, en que o conde Afonso Enríquez se proclamou rei.
BATALLA DE RONCESVALLES. Batalla ocorrida no desfiladeiro de Roncesvalles (no Pireneo navarro) entre as tropas de Carlomagno e os vascóns. Estes últimos saíron vencedores e apoderándose do botín que transportaba o exército franco. O feito foi narrado na peza La Chanson de Roland, un poema épico en lingua francesa.
MESTA. Asociación de gandeiros de ovellas meiriñas transhumantes creada polo rei castelán Alfonso X en 1273. Tiña privilexios reais para o tránsito polas cañadas e para a utilización dos pastos debido a que a lá era un produto de exportación de Castela e proporcionaba ingresos á Coroa. A Mesta abólese definitivamente en 1837.
MOZÁRABE. Cristián que vivía en Al Ándalus entre os séculos VIII e XI conservando a súa relixión, os seus costumes e as súas leis. Pagaban impostos especiais aos musulmáns polo que algúns fuxiron cara aos reinos cristiáns nos séculos IX e X, participando na repoboación da zona do norte do Douro. Desenvolveron a arte prerrománica mozárabe.