1.- ACUICULTURA: Cría en catividade ou nun ambiente controlado de moluscos e crustáceos e peixes. Pódense empregar piscifactorías ou bateas. A acuicultura aparece restrinxida a un pequeno abano de especies, tanto de auga doce (troita arco iris) coma auga salgada (mexillón). En Galicia, a acuicultura representa aproximadamente a terceira parte da cifra do negocio da pesca.
2.- AGRICULTURA ECOLÓXICA: [gtx] sistema para cultivar unha explotación agrícola autónoma, baseada na utilización óptima dos recursos naturais e sen empregar produtos químicos de síntese ou organismos xeneticamente modificados – nin para abono nin para combater as pragas-, logrando deste xeito obter alimentos ecolóxicos á vez que se conserva a fertilidade da terra e se respecta o medio ambiente.
3.- SILVICULTURA:[GTX] actividade que trata do cultivo de montes e bosques. A práctica máis habitual da silvicultura é o aproveitamento forestal de espazos destinados á produción de madeira, leña ou resinas, mais tamén poden ter un efecto positivo na protección de cuncas hidrográficas, a conservación de hábitats naturais e o desenvolvemento de espazos recreativos.
4.- CULTIVO FORRAXEIRO: produto destinado a alimentación animal. Entre os máis importantes temos, a alfalfa, millo forraxeiro e veza. A súa área de cultivo atópase na metade septentrional da Península, polo seu medio físico máis húmido, e nos regadíos.
5.- CALADOIRO: zonas do mar onde a pesca é abundante. Os principais localízanse nos sectores onde abunda o plancton, como as plataformas continentais; nas zonas onde se poñen en contacto as correntes frías e cálidas; ou nas zonas costeiras próximas a correntes mariñas frías. Entre os caladoiros máis importantes para frota española temos: o "Gran Sol", NAFO, costa atlántica africana etc.
6.- INVERNADOIRO: construción cuberta onde se conservan as plantas, nun clima axeitado artificialmente ás mellores condicións, para que medren e produzan máis. Esta construción usa vidro ou plástico que permiten pasar os raios do sol, quentando as prantas que están dentro e non deixando fuxir a calor. Este tipo de cultivo intensivo dase en moitas partes de España, destacando pola súa extensión os existentes en El Ejido (o chamado "Mar de Plástico).
7.- ZONA ECONÓMICA EXCLUSIVA: augas situadas entre 12 e 200 millas da costa dun país, nas que este exerce o control dos seus recursos (incluída a pesca) e pode impedir ou limitar a explotación por buques doutros países, inda que non a súa libre circulación.
8.- CULTIVO TRANSXÉNICO: produto agrícola que foi manipulado xeneticamente (alterando os seus xenes ou transferíndolle outros de distintos organismos) para dotalo de certas propiedades como máis resistencia fronte a insectos ou fronte a xeadas e secas. Entre estes produtos, encóntranse certas variedades de tabaco, millo, soia, arroz, remolacha, trigo ou pataca.
9.- POLITICA PESQUEIRA COMUNITARIA: [GTX] Política da UE que defende: a) a protección das poboacións contra a sobrepesca; b) garantir unha renda digna para os pescadores; c) garantir o subministro regular dos consumidores e da industria de transformación a prezos razoables; d) a explotación sostible dos recursos mariños vivos desde os puntos de vista biolóxico, medioambiental e económico promocionando a acuicultura.
10.- DESAGRARIZACIÓN: [gtx-per] concepto que fai referencia á perda de poboación adicada á actividade agraria, así como á perda de importancia económica da actividade agrícola nun territorio, e o conseguinte debilitamento das institucións sociais vencelladas a esta actividade que organizan diferentes aspectos da vida social. En toda España tense producido este proceso dende os sesenta ante o maior dinamismo de outras actividades (industria, sector terciario) e a mecanización das tarefas do campo.
Nº1
Nº2
Nº3
AGRICULTURA DE ROZAS
ARROZAIS
GANDERÍA INTENSIVA
GANDERÍA INTENSIVA
GANDERÍA EXTENSIVA
SOCALCOS
I. Pesca
II. Agricultura e gandería