3º ESO
Material incluído nas publicacións de libros docentes de Editorial Anaya de Educación Secundaria Obrigatoria de Galicia.
Material incluído nas publicacións de libros docentes de Editorial Anaya de Educación Secundaria Obrigatoria de Galicia.
BIOGRAFÍAS E VOCABULARIO SIGLOS XV Y XVI (non entra curso 24/25. O vocabulario curso 24/25 atópase nos distintos temas)
INDUSTRIA PETROQUÍMICA: tipo de industria que se dedica a obter derivados químicos do petróleo e dos gases asociados. A industria petroquímica esixe importantes medidas de seguridade para evitar os danos ambientais
TTIP: posible acordo entre Estados Unidos e a Unión Europea que ten como obxectivo crear a maior zona de libre comercio do mundo. Deste xeito, as mercadorías circularían sen impedimentos a ambos lados do Atlántico. Non obstante, esta flexibilidade suscita algúns dúbidas entre unha parte da cidadanía europea.
MERCADO: é o conxunto formado polos produtores que ofrecen bens e os consumidores que os demandan, e tamén é o lugar onde se realizan as operacións de compravenda.
Erasmo de Rotterdam: pensador humanista nado en Rotterdam. En 1492 ordenouse sacerdote, aínda que amosaba o seu noxo polas malas prácticas e os erros das autoridades eclesiásticas, e pediu unha dispensa papal para vivir como un laico. Opúxose ao pensamento medieval, ao que cría cheo de ignorancia e superstición, e defendeu a liberdade de ler, reflexionar e investigar para coñecer a verdade.
Gutenberg: inventor alemán que a mediados do século XV creou a imprenta, grazas a ela, as obras dos humanistas e autores clásicos alcanzaron maior difusión, debido a que coa imprenta podíase realizar copias dos libros máis rapidamente.
Tomás Moro: político e humanista inglés que imaxinou unha sociedade ideal sen desigualdades sociais. A súa vida coincidiu coa Reforma protestante pero Moro mantívose fiel a doutrina católica inda que desexaba un retorno a Igrexa primitiva. Foi encarcerado e executado como traidor.
Copérnico: astrónomo polaco considerado o fundador da astronomía moderna que propuxo a teoría heliocéntrica, é dicir, que a Terra xiraba arredor do sol, en oposición o tradicional sistema tolemaico, no que os movementos de todos os corpos celestes tiñan como centro noso planeta. No entanto, o universo copernicano seguía sendo finito e limitado pola esfera das estrelas fixas da astronomía tradicional.
Medici: rica familia de comerciantes, artesáns e banqueiros que foron mecenas de grandes artistas e converteron a súa cidade, Florencia, no berce do Renacemento.
MIGUEL ANGELO BUONARROTI escultor , pintor e arquitecto florentino .Pertence ao Cinquecento italiano (S.XVI). As súas obras son colosais e maxestuosas, caracterizadas polo perfecto estudio anatómico e pescuda da beleza ideal. Entre as súas obras máis importantes: David, Moisés e a Piedade do Vaticano e a Bóveda da Capela Sixtina.
LEONARDO DA VINCI Foi un verdadeiro humanista (pintor, anatomista, arquitecto, científico, escultor, inventor,…) florentino. Pertence ao Cinquecento italiano (S.XVI). Foi o primeiro en utilizar técnicas como o Sfumato , o claroscuro e a perspectiva aérea. Entre as súas obras destacan A Gioconda (o retrato máis famoso do Renacemento) e A Virxe das Rocas .
RAFAEL DE SANZIO pintor e arquitecto nado en Urbino. Pertence ao Cinquecento italiano (S.XVI). A súa obra caracterizase pola delicadeza do seu pincel e a perfección do seu debuxo.Xunto con Buonarroti e Da vinci, forman o grupo dos grandes xenios do Renacemento italiano. Roma traballou para o Papa pintando uns dos frescos máis coñecidos A Escola de Atenas, tamén e coñecido polas súas Madonnas e os seus anxos.
Habsburgo: dinastía que reinou en Castela e Aragón nos séculos XVI e XVII. Iniciase co matrimonio de Juana de Castela e Felipe de Habsburgo (O Fermoso). Durante os reinados Carlos I e Felipe II (Austrias maiores), España é a potencia hexemónica en Europa, Mentres que durante o reinado de Felipe III, Felipe IV e Carlos II (Austrias menores) comeza a decadencia do imperio.
Tambor: corpo cilíndrico ou poliédrico onde descansa a cúpula. Inda que existe con anterioridade difúndese con forza dende o Renacemento.
Astrolabio: instrumento de navegación que serve para orientarse, medindo a altura dos astros e deducir a hora e a latitude. Foi inventado por Hiparco no século II a. C. Tivo gran importancia na época dos grandes descubrimentos xeográficos sendo substituído actualmente polo teolodito e o sextante.
Tratado de Alcaçovas: acordo entre os Reis Católicos e Alfonso V de Portugal. Neste documento recoñecíase a Castela a posesión das Canarias prohibíndolle navegar ao sur do Cabo Bojador, e a Portugal se lle concedía o dominio sobre as Azores, Madeira e todo o “descubierto y por descubrir” o sur do mencionado cabo.
Malos usos: excesos ou abusos señoriais sobre os vasalos cataláns. A Sentenza Arbitral de Guadalupe aboliu algúns destes abusos dos señores feudais. Entre estes malos usos temos, por exemplo, a confiscación dun terzo dos bens dun campesiño se morría sen facer testamento por parte do Señor; tamén recibía unha terceira parte da herdanza si o campesiño non tiña descendencia; os campesiños tiñan que pagar si querían abandonar a terra etc.
Especias: produtos utilizados para condimentar e conservar os alimentos, como a pementa, a noz moscada ou o cravo.
Imperio azteca: civilización que se desenvolveu no val de México tendo como capital a cidade de Tenochtitlán. A relixión azteca era politeísta e realizaban sacrificios humanos. Na súa cultura material destacan na construcción de pirámides que tiñan como función o culto aos deuses e a submisión ao emperador. O territorio azteca foi conquistado por Hernán Cortés que tomou como prisioneiro a Moctezuma, o seu emperador.
A hexemonía europea: supremacía dunha nación sobre o resto de Europa grazas ao seu maior potencial económico, militar ou político. España tivo esta supremacía durante o século XVI e parte do XVII. A Guerra dos Trinta Ano supuxo o relevo de España por parte de Francia, que pasa a ser a primeira pontencia continental.
Guerra das Comunidades de Castela: sublevación dos principais municipios casteláns entre os anos 1520 e 1522. Os insurrectos pertencían a nobreza, campesiñado e artesáns casteláns. A recadación de impostos destinados a sufragar a política imperial de Carlos I en Europa, así como a entrega dos principais cargos da Coroa aos conselleiros flamencos do rei foron as causas principais do levantamento. Os Comuneiros chegaron a reclamar que Xoana (nai do rei) se fixera co trono pero ela rexeitouno. A rebelión foi sofocada e os seus líderes (Padilla, Brabo e Maldonado) foron decapitados.
Leis de Indias: lexislación promulgada polos reis españois para regular a vida social, política e económica dos habitantes de América. Estas leis tomaban os novos territorios conquistados como provincias do reino, non como colonias, o tempo que os indios eran considerados súbditos da monarquía (as leis de Indias prohibiron a esclavización dos indíxenas americanos).
Imperio Inca: civilización que se desenvolveu en sudamérica desde o século XIII ata o século XVI aproximadamente. Fundaron a cidade Cuzco, que era considerada o centro do mundo. O imperio Inca foi conquistado polos españois ao mando de Francisco Pizarro e Diego de Almagro en 1532, cando o emperador Atahualpa foi tomado prisioneiro. Aínda que algúns focos de resistencia permaneceron ata 1572, non constituíron unha ameaza para nova orde colonial. Falaban Quechua que significa a “lingua do home”.
Casa de Contratación: institución fundada polos Reis Católicos, destinada a organizar e controlar todas as operacións relacionadas co tráfico comercial entre as Indias e España. A súa sede atopábase en Sevilla pero en 1717 trasladaríase a cidade de Cádiz. A institución e o seu monopolio desapareceron en 1778, cando unha pragmática de Carlos III estableceu o libre comercio dos portos españois con América.
1. Unión de Armas: organismo militar ofensivo-defensivo, instaurado por decreto do Conde-Duque de Olivares, que trataba de repartir os costos do exército de forma proporcional a riqueza, poboación e posibilidades de cada reino. O proxecto foi rexeitado nos reino da Coroa de Aragón e deu lugar a revolta de 1640.
2. Rexicidio: morte do rei de forma violenta. Algúns pensadores mantiñan que o asasinato do rei podía estar xustificado si chegou pola forza o poder e sen o consentimento dos cidadáns.
3. Mourisco : musulmáns de Al-Andalus bautizados tras a pragmática dos Reis Católicos del 14 de febreiro de 1502. Sufriron a desconfianza das autoridades cristiás xa que en ocasións eran acusados de practicar a súa antiga relixión (o Islam). Reveláronse nas Alpujarras durante o reinado de Filipe II e a principios do XVII, o rei Filipe III, decretou a súa expulsión.
4. Valido: ministro que tiña plenos poderes nos asuntos do Estado. Foi unha figura habitual na política española do século XVII, durante os reinados dos chamados Austrias menores. Alguns historiadores sosteñen que o validismo foi unha das causas da decadencia do Imperio español. Foron validos famosos o duque de Lerma e o conde-duque de Olivares.
5. Fidalgo: estamento máis baixo da nobreza na coroa de Castela. En ocasións achábanse no límite da pobreza. A súa única solución era posuír un cargo público, servir no exército ou emigrar ás Indias.
6. Venalidade: Entrega de cargos ou oficios públicos a cambio de diñeiro e fidelidade. A venalidade nos oficios deuse dun xeito bastante xeneralizada nos estados europeos do século XVII .
7. Vellón: moeda de prata e cobre de Castela e Aragón. No século XVII xa non tiña prata. As fortes emisións da Coroa xunto ao descenso da calidade (contido metálico) das acuñaciones motivou o rexeitamento e depreciación da moeda de vellón, constituíndo iso un dos principais factores da inestabilidade monetaria castelá ao longo do século XVII.
8. MONARQUÍA ABSOLUTA: sistema de goberno característico do século XVII. Este sistema supuxo a concentración de todos os poderes do estado no rei, que gobernou sen ningunha limitación e sen contar coas institucións tradicionais, como os parlamentos. A monarquía era hereditaria e de dereito divino, é dicir, a autoridade do rei proviña directamente de Deus, en cuxo nome exercía o poder. En Francia, o mellor exemplo de monarquía absoluta representouno Louis XIV, coñecido como o “Rei Sol”.
9. MERCANTILISMO: sistema económico que preconiza o desenvolvemento do comercio, sobre todo, das exportacións, e considera a posesión de metais preciosos como fonte de riqueza. En algúns países incluso chegouse a prohibir a saída destes metais preciosos e a importación de manufacturas. O mercantilismo consolidouse como doutrina oficial nos principais estados europeos a partir dos ss. XVI e XVII, e a intervención dos mesmos na economía.
10. PARLAMENTARISMO: sistema político no que o poder do rei estaba controlado polo parlamento. Este sistema instaurouse en Inglaterra no século XVII en dura competencia coa ideoloxía absolutista de Carlos I e Xacobe II.
11. PAZ DE WESTFALIA: tratado de paz firmado en 1648 por os países participantes na guerra dos Trinta anos. Como consecuencia desta paz podemos destacar a independencia das Provincias Unidas de España ou a independencia da Confederación Helvética (Suíza) do Sacro Imperio Xermánico. Tamén supuxo a consolidación de Francia como nova potencia hexemónica europea.
12. ESTUARDO: Dinastía real de orixe escocés, que reinou en Escocia (dende 1372) e Inglaterra. En 1603, Jacobo I (VI de Escocia) herdou o trono inglés, desde entón, todos os monarcas británicos reuniron na súa persoa as coroas de Inglaterra e Escocia. A dinastía extinguiuse coa raíña María II, esposa de Guillermo de Orange, falecida en 1695.
13. BORBÓNS: dinastía francesa que reinou en Francia desde o século XVI. En España instálase a principios do século XVIII, trala Guerra de Sucesión, substituíndo á Casa dos Habsburgo. É a actual Casa reinante no noso país.
14. Tenebrismo: técnica que consiste en contrastar zonas moi escuras con outras fortemente iluminadas. Caravaggio é un dos principais pintores tenebristas.
15. Corrales de Comedia: Lugares onde se representaban as obras de teatro.
16. Baldaquino: estrutura en forma de dosel sustentado por catro columnas para cubrir un obxecto de culto -un altar- ou unha estatua. Un dos máis famosos é o baldaquino de da Basílica de San Pedro, obra de Bernini.
17. Atlante: soporte de arquitrabe con forma humana.
18. Volutas: elemento decorativo en forma de curva ou de espiral utilizado na ornamentación de columnas ou frontóns.
19. Bodegón: pintura que representa una composición a base de objetos inanimados o animales muertos. En el barroco español destaca como pintor de bodegones, Zurbarán. En ocasiones se emplea el término "natureza morta"
REPERCUSIÓNS AMBIENTAIS DA ACCION HUMANA
- CONTAMINACIÓN - CAMBIO CLIMÁTICO - PEGADA ECOLÓXICA
As sociedades humanas aproveitaron sempre o medio natural para obter recursos. Non obstante, o impacto das actividades humanas sobre o medio evolucionou ao longo do tempo debido ao incremento da capacidade técnica dos seres humanos.
Na actualidade moitas actividades humanas levan consigo grandes e graves consecuencias, sobre o medio, non desexadas: a contaminación e o cambio climático. A estes problemas deberíamos engadir a deforestación a desertización ou a perda de biodiversidade.
CONTAMINACIÓN
A contaminación supón a presenza no medio de elementos nocivos nunha cantidade ou concentración que non pode asimilar, ás veces nin a longo prazo, e que poden ser prexudiciais para a saúde, para a seguridade ou o benestar da poboación ou para a vida vexetal ou animal.
A contaminación clasificase segundo os medios aos que afecta:
A) CONTAMINACIÓN ATMOSFÉRICA. Prodúcese pola emisión á atmosfera de gases e partículas en suspensión, provenientes de industrias, automóbiles, centrais termoeléctricas, calefaccións, etc. As áreas con maior contaminación atmosférica son as grandes cidades: Madrid, Barcelona, Bilbao, Valencia, Sevilla e Zaragoza.
A CHUVIA ÁCIDA. É unha precipitación cun grao de acidez superior ao normal. Prodúcese cando as emisións de dióxido de xofre e óxido de nitróxeno se mesturan co vapor de auga contido no aire e se transforman en solucións ácidas, que caen á superficie terrestre coa auga de chuvia. Provoca alteracións nas augas, na vexetación, nos solos e nos edificios. En España entre as zonas máis afectas atópanse as áreas próximas ás centrais térmicas da Coruña, León e Teruel. España asinou o Convenio de Xenebra que a compromete a reducir as súas emisións de xofre. Ademais procederá á mellora tecnolóxica das centrais térmicas e ao peche dalgunhas.
O PROBLEMA DO OZONO. O problema atópase na redución do espesor da capa de ozono que filtra as daniñas radiacións ultravioletas do Sol. A súa diminución débese principalmente ao cloro contido nos CFC (clorofluorocaburos) empregados en aerosois, escumas e refrixerantes. Este problema afecta á vida vexetal animal e humana; neste último caso, aumentando a incidencia do cancro de pel e das cataratas oculares. Fronte a este problema, España conta con estacións de vixilancia da capa de ozono. Ademais, en virtude dun acordo internacional subscrito pola UE, o Protocolo de Montreal, prohibiu a produción, comercialización e uso de CFC.
A CAMPÁ DE CONTAMINACIÓN URBANA. É unha néboa formada por partículas de po e fume en suspensión emitidas polo tráfico e as calefaccións. Fórmase sobre as grandes cidades, sobre todo no inverno e con situación anticiclónica, provocando alteracións nas plantas e nos edificios, e enfermidades respiratorias e cardíacas nas persoas. Para combater este problema, promóvense o uso do transporte colectivo e o aforro enerxético.
B) CONTAMINACIÓN DA AUGA. As causas da contaminación das augas superficiais e subterráneas son a evacuación de refugallos nun volume excesivo que impide a súa osixenación e repurificación natural.
A actividade agraria abusa dos fertilizantes ou produce zurros gandeiros; a industria achega produtos tóxicos e metais pesados, que poden acumularse no tecido graxo dos peixes e introducirse na cadea alimentaria; o transporte de petróleo ocasiona verteduras nos mares, e as cidades, evacúan augas fecais sen depurar e botan lixo en vertedoiros incontrolados onde, ao se mesturaren coa auga da chuvia, xeran un líquido tóxico (lixiviado) que contamina as augas superficiais e os acuíferos.
As consecuencias da contaminación son unha perda de calidade da auga que lles afecta negativamente aos ecosistemas acuáticos e ao seu uso humano para beber, para o baño e para outras actividades. Fronte á contaminación da auga, España conta con redes automáticas de información e alerta sobre a calidade das augas superficiais e subterráneas. Ademais, para cumprir coas esixencias da U. Europea, vanse construír máis de mil novas depuradoras.
En canto as costas mais afectadas son as próximas ás grandes cidades e aos complexos industriais, e as situadas na ruta dos grandes petroleiros, como as do estreito de Gibraltar e Galicia.
C) CONTAMINACIÓN DO SOLO. Debese aos vertidos químicos, agrícolas (insecticidas) e industriais (metais pesados, disolventes, etc.), e ao lixo urbano. Este problema afecta aos solos próximos as grandes áreas industriais e aos solos utilizados como vertedoiros de lixo, se carecen da axeitada protección. En España hai máis de 4.500 lugares contaminados.
Fronte a este problema, o Plan Nacional de Recuperación de Solos contaminados leva a cabo actuacións de descontaminación. Tamén se está a obrigar as empresas a descontaminar o solo que empregan, e se está fomentando, para reducir a contaminación agraria, a agricultura ecolóxica.
A contaminación tamén se pode clasificar en función do método contaminante ambiental. Así podemos distinguir entre:
- Contaminación química. Significa a introdución de substancias potencialmente perigosas (insecticidas etc) para a saúde e para o ámbito da terra, nos alimentos, no aire ou na auga.
- Contaminación radiactiva. Derivada da dispersión de materiais radioactivos, como o uranio enriquecido, usados en instalacións médicas ou de investigación e en reactores nucleares de centrais enerxéticas.
- Contaminación acústica. É debida ao ruído de fábricas, medios de transporte ou certas actividades de lecer. Pode provocar irritabilidade, insomnio e xordeira parcial. España é un dos países da UE e da OCDE con maior nivel de ruído.
- Contaminación térmica. Como a vertedura de auga quente nun río: o incremento da temperatura diminúe a solubilidade do osíxeno na auga, polo que pode provocar unha gran mortaldade de peixes.
- Contaminación electromagnética. É a producida a partir das radiacións xeradas por equipos electrónicos e por instalacións eléctricas e poden afectar a saúde humana (polémicas coas antenas de telefonía móbil).
- Contaminación luminosa. Refírese ao resplandor de luz difundido no ceo nocturno e producido pola luz artificial procedente das cidades, dos vehículos e doutras infraestruturas. Obriga a moitas especies animais e vexetais a cambiar os seus hábitos nocturnos.
- Contaminación visual. Prodúcese cando a abundancia, a desorde ou o tipo de elementos que se achan na paisaxe deterioran a súa estética. De forma consciente ou non, esta contaminación créanos malestar e afecta a nosa calidade de vida.
A contaminación atenta contra a vida das persoas, animais e plantas e deteriora o noso planeta cada vez con máis intensidade. A delimitación e limpeza das zonas contaminadas adoitan ser tarefas que consumen moito tempo e diñeiro. A actual lexislación española incorpora o delito ecolóxico a través do que se pode condenar (mesmo con prisión) aos que contaminen de xeito reiterado e consciente.
Segundo un estudo de Greenpeace, en España a contaminación ten unha relación coa incidencia de enfermidades e a mortalidade: no noso país morren prematuramente 16.000 persoas ao ano por efecto da contaminación atmosférica. Ademais, nas zonas máis industrializadas determinadas enfermidades coma o cancro, inciden de forma de forma máis intensa.
QUECEMENTO GLOBAL
O cambio climático é a modificación que sofre o clima en relación ao paso do tempo e a nivel global. Ao longo da historia do noso planeta estes fenómenos foron variando de forma natural, así que, certamente, sempre existiron cambios climáticos.
Os seres humanos son un máis dos axentes que poden influír no cambio climático. Se ben durante moitos séculos a súa influencia foi reducida, nos últimos anos a cantidade e a intensidade das accións humanas sobre o planeta son tantas que están a inducir a notables transformacións das condicións climáticas e a unha gran velocidade, o que impide a adaptación da natureza ás novas circunstancias.
O efecto invernadoiro e o quentamento global. A enerxía solar quenta o solo terrestre, que devolve unha parte (un 37,5%) desa enerxía ao espazo exterior mentres que o resto é retido polos gases das capas superiores da atmosfera, producindo o seu quentamento. É o que se chama efecto invernadoiro xa que funciona igual que os cristais dun invernadoiro de xardinaría pero esta vez desenvolvéndose de forma natural. De feito, sen este efecto a temperatura media na Terra sería duns -22ºC: os océanos poderían conxelarse e a vida humana sería imposible tal como a coñecemos agora. Grazas ao efecto invernadoiro, a temperatura media é de 14ºC.
O preocupante é que nos últimos tempos a proporción dos gases que provocan este efecto (CO2, metano e clorofluorcarbonatos ou CFC, entre outros) se elevou enormemente de xeito que impide que saia ao espazo exterior parte da enerxía que emite a superficie da Terra. Como consecuencia, elévase a temperatura da atmosfera, empezando así un proceso de quentamento global e de cambio climático antropoxénico.
O quentamento global e os océanos. O aumento global da temperatura ten un efecto directo nos océanos. Desde o ano 1960 a temperatura media dos océanos aumentou 0,1ºC, pero as augas do océano Antártico fixérono en 0,2ºC. Iso, unido ao aumento da temperatura do aire, fai que se provoque o desxeo de grandes placas xeadas nas zonas ártica e antártica, así como tamén a dos glaciares terrestres. O ascenso da temperatura da auga pode afectar ecosistemas básicos como o das algas, que están na base da cadea trófica dos animais mariños, transformar de xeito total non soamente o ritmo e forza das correntes senón a súa influencia non continentes. Algúns científicos aseguran que o incremento na forza de furacáns, tifóns e a virulencia de certas tormentas tamén é debido a estas alteracións térmicas.
Alcance do cambio climático. Hai quen minimiza as causas e os efectos do quentamento global e do cambio climático, argumentando que a natureza, por ela mesma, provoca tamén episodios de quentamento global (debido ás erupcións volcánicas que lanzan á atmosfera millóns de toneladas de carbón e gases) e de cambio climático (a Terra observou períodos glaciares con anterioridade). Pero a diferenza é que agora a causa esencial é a acción humana.
No caso de España, afectará sobre todo á área mediterránea e ao sur peninsular. Corenta e seis observatorios de entre os cincuenta situados nas capitais provinciais detectaron un aumento de 1,63ºC de media anual no período 1971-2008. No que se refire á precipitación invernal, neste mesmo período, amosa un descenso do 34,3%, mentres que o número de días de neve baixa nun 41%. Pola contra, dáse unha alza sen excepción no número de días con temperatura media maior de 15ºC, o que indica unha tendencia ao aumento das vagas de calor, tanto en frecuencia coma en severidade. España firmou o Protocolo de Kioto polo que se comprometeu a redución de gases de efecto invernadoiro.
PEGADA ECOLÓXICA
A chamada pegada ecolóxica é un indicador de sustentabilidade que resume, para cada individuo, cal é a área necesaria para producir os recursos que utiliza e para asimilar os refugallos que xera. O seu obxectivo consiste en avaliar o impacto sobre o planeta nun determinado modo de vida.
A biocapacidade do planeta por cada habitante estimouse en 1,8 ha, ou o que é o mesmo, se tivésemos que repartir o terreo produtivo da Terra en partes iguais, a cada uno dos máis de 6.500 millóns de habitantes, corresponderíanlles 1,8 ha para satisfacer todas as súas necesidades durante un ano. Malia o anterior, cada ser humano está gastando a cantidade de 2,23 ha, polo que, a nivel global, se consomen máis recursos e se xeran máis refugallos dos que o planeta pode xerar e admitir.
Segundo os datos da última análise da pegada ecolóxica dos españois, cada habitante necesita como media 6,4 ha de territorio para satisfacer os seus consumos e absorber os seus residuos, que é case o triplo do que España se pode permitir.
En definitiva, estes indicadores deixan en evidencia que o modo de vida dos países desenvolvidos, como España, non pode continuar da mesma forma e moito menos estenderse ao resto do planeta. Por iso, unha economía mundial sostible, esixe unha redución do consumo destes países na medida que non poida compensarse cun aumento equivalente na eficiencia produtiva.
La huella humana en los gases de efecto invernadero. Los gases de efecto invernadero (GEI) se producen de manera natural y son esenciales para la supervivencia de los seres humanos y de millones de otros seres vivos ya que, al impedir que parte del calor del sol se propague hacia el espacio, hacen la Tierra habitable.Después de más de un siglo y medio de industrialización, deforestación y agricultura a gran escala, las cantidades de gases de efecto invernadero en la atmósfera se han incrementado en niveles nunca antes vistos en tres millones de años.A medida que la población, las economías y el nivel de vida – con el asociado incremento del consumo— crecen, también lo hace el nivel acumulado de emisiones de ese tipo de gases.
Existen tres hechos en que los científicos inciden y que son de enorme utilidad para entender mejor la raíz y la escala del problema:
La concentración de GEI en la atmósfera terrestre está directamente relacionada con la temperatura media mundial de la Tierra.
Esta concentración ha ido aumentando progresivamente desde la Revolución Industrial y, con ella, la temperatura del planeta.
El GEI más abundante, alrededor de dos tercios de todos los tipos de GEI, es el dióxido de carbono (CO2) que resulta de la quema de combustibles fósiles.
Este Informe proporciona una evaluación exhaustiva del aumento del nivel del mar y sus causas a lo largo de las últimas décadas. También calcula las emisiones acumuladas de CO2 desde la época preindustrial y ofrece una estimación sobre la cantidad máxima de CO2 – cuya mitad del límite ya se alcanzó en 2011 - si se quiere restringir el calentamiento a menos de 2 ˚C. Otras de las conclusiones de este estudio son las siguientes:
De 1880 a 2012 la temperatura media mundial aumentó 0,85 °C.
Los océanos se han calentado, las cantidades de nieve y hielo han disminuido y el nivel del mar ha subido. De 1901 a 2010 el nivel medio mundial del mar ascendió 19 cm, ya que los océanos se expandieron debido al hielo derretido por el calentamiento. La extensión del hielo marino en el Ártico ha disminuido en cada década desde 1979, con una pérdida de 1,07 × 106 km2 de hielo cada diez años.
Debido a la concentración actual y a las continuas emisiones de gases de efecto invernadero, es probable que el final de este siglo la temperatura media mundial continúe creciendo por encima del nivel preindustrial. Como resultado, los océanos se calentarán y el deshielo continuará.
Se estima que el aumento del nivel medio del mar será de entre 24 y 30 centímetros para 2065 y de 40 a 63 centímetros para 2100 en relación al periodo de referencia de 1986-2005. La mayoría de los efectos del cambio climático persistirán durante muchos siglos, incluso si se detienen las emisiones. Existen pruebas alarmantes de que ya se pueden haber alcanzado - o sobrepasado – varios puntos de inflexión que darían lugar a cambios irreversibles en importantes ecosistemas, así como también en el sistema climático del planeta. Ecosistemas tan diversos como la selva amazónica y la tundra antártica pueden estar llegando a umbrales de cambio drástico debido a su calentamiento y a la pérdida de humedad. Los glaciares de montaña también están retrocediendo de manera muy preocupante. Además, los efectos producidos por el menor abastecimiento de agua en los meses secos tendrán repercusiones a muy largo plazo en estos ecosistemas
En 2018 el IPCC publicó un informe especial sobre los impactos del calentamiento global a 1,5°C. Una de las principales conclusiones de este informe destaca que limitar el calentamiento global a este nivel requerirá cambios rápidos, de gran alcance y sin precedentes en todos los aspectos de la sociedad. Este informe subraya que la limitación del calentamiento global a 1.5ºC, comparado con 2ºC, debe de ir unida al compromiso de construir una sociedad más sostenible y equitativa. Mientras que estimaciones previas se enfocaban en determinar el daño que se ocasionaría si la temperatura media llegara a los 2°C, este informe indica que gran parte del impacto del cambio climático ya se produciría con 1,5°C de aumento.
Además, el informe destaca una serie de daños ocasionados por el cambio climático que podrían evitarse si el límite de calentamiento global se estableciera en 1,5ºC en lugar de 2ºC, o más. Por ejemplo, para 2100 el aumento del nivel del mar a nivel global sería 10 cm más bajo con un calentamiento global de 1,5°C. Las probabilidades de tener un Océano Ártico sin hielo durante el verano disminuirán a una vez por siglo, en lugar de una vez por década, con el máximo en 1,5ºC si el límite se establece en los 2ºC. Los arrecifes de coral disminuirían entre un 70 y 90% con un calentamiento global de 1,5 °C mientras que con 2ºC se perderían prácticamente todos (el 99%).
Este informe también indica que limitar el calentamiento global a 1,5°C requeriría transiciones "rápidas y de gran calado" en la tierra, la energía, la industria, los edificios, el transporte y las ciudades. Las emisiones netas mundiales de CO2 de origen humano tendrían que reducirse en un 45% para 2030 con respecto a los niveles de 2010, y seguir disminuyendo hasta alcanzar el "cero neto" aproximadamente en 2050
En 1995 la comunidad internacional inició negociaciones para fortalecer la respuesta mundial al cambio climático. Dos años después, en 1997, 83 países firmaron y 46 ratificaron el Protocolo de Kyoto –hoy son 192 los países parte. Este obliga jurídicamente a los países desarrollados que son Parte a cumplir unas metas de reducción de emisiones. El primer período de compromiso del Protocolo comenzó en 2008 y finalizó en 2012. El segundo período de compromiso empezó el 1 de enero de 2013 y terminará en 2020
FONTE: NACIONES UNIDAS
TOMADO de: noespazoenotempo/ANAYA, VICENS VIVES,RODEIRA
NOTA: más información anaya