1. SOL. Estrela máis próxima a Terra e centro do sistema solar. Formouse fai 4.600 millóns de anos. É a fonte de vida no noso planeta o transmitirnos luz, calor e permite a existencia de auga en estado líquido. O planeta Terra xira o redor do sol nun movemento chamado de translación que dura 365 días.
2. PARALELOS. Son círculos perpendiculares ao eixe terrestre e aos meridianos e non todos son de igual tamaño. O principal, é o Ecuador, que divide á Terra en dúas metades ou hemisferios, o norte e o sur. Se o Ecuador é o paralelo 0º, o resto dos paralelos numéranse ata 90º no hemisferio norte e outros 90º no hemisferio sur.
3. MERIDIANOS. Son semicírculos que van de polo a polo e teñen a mesma lonxitude. O principal, o meridiano 0º, é o que pasa por Greenwich, preto de Londres, dándolle tamén ese nome. En España pasa por Cataluña. Este meridiano divide a terra en dous hemisferios: o hemisferio occidental e o oriental.
4. LATITUDE. É a distancia desde calquera punto da Terra ao Ecuador. Pode ser Norte ou Sur. Mídese en graos, minutos e segundos. España atópase en latitude norte.
5. LONXITUDE. É a distancia desde calquera punto da Terra ao meridiano 0º ou de Greenwich. Mídese en graos, minutos e segundos e indica se este punto se atopa ao Leste ou ao Oeste do meridiano 0º.
6. ANO LUZ. Unidade de distancia que mide a lonxitude que percorre a luz durante un ano. A velocidade da luz é de 300 000 km por segundo. Exemplos: o Sol atópase a 8 minutos-luz da terra, Próxima Centauri (estrela máis próxima a nos, despois do Sol) a 4,22 anos luz.
7. CURVAS DE NIVEL. Son liñas que unen todos os puntos de igual altitude e emprégase no Mapa Topográfico Nacional. Neste mapa as liñas trázanse de 10 en 10 ou de 20 en 20 metros. Canto máis xuntas están as curvas de nivel, maior é a pendente do terreo.
8. PERFÍS TOPOGRÁFICOS. Son siluetas debuxadas do relevo que se obteñen de cortar transversalmente as liñas dun mapa de curvas de nivel, ou mapa topográfico. Para debuxar o perfil dun relevo utilízanse os datos das curvas de nivel, e representase como se fose un gráfico, onde o eixe vertical son al altitudes e o eixe horizontal as distancias.
a) A forma da terra. Completa as frases coas palabras ou datos axeitados:
Os primeiros que intentaron cuantificar a superficie da Terra foron os.......................................e os que estableceron as primeiras bases científicas sobre a forma do noso planeta foron os................................................
O primeiro mapa do mundo foi realizado pola ..................................... .......................
Ata o século.....................diversas civilizacións consideraron que a Terra era p................... e ..............................
A Terra non é unha ..................................... perfecta, porque está lixeiramente...........................polos...............................
O noso planeta divíddese de foma imaxinaria no ...................... .................. ou .......................... (porque reúne a meirande proporción de terras emerxidas) e no .......................... ........ ou........................................(porque alberga os grandes océanos).
O.................%, aproximadamente, da superficie do planeta está cuberta por auga e un ..............% corresponde a terras emerxidas.
b) Pero.... onde estamos? Como localizar un territorio no planeta?
Relaciona cada definición co seu concepto:
Cada grao de latitude..............................................................................
Cada grao de lonxitude..........................................................................
Distancia entre calquera punto da Terra e o Ecuador: ..............................................................
Distancia entre calquera punto da Terra e o meridiano de Greenwich: .............................................
Medida da Terra plasmada en graos, minutos e segundos; e ao Leste ou ao Oeste do meridiano 0º
Medida da Terra plasmada en graos, minutos e segundos; e ao Norte ou ao Sur do Ecuador: .....................................................
Meridiano 0º: ..................................................
Paralelo 0º.............................................
Representación da Terra na súa forma real, unha esfera: ........................................................
Representación da Terra nunha superficie plana:...................................................................
Tecnoloxías da información e da comunicación:
c) Cando é mediodía en Pontevedra (12 h.) , que hora solar será nas seguintes cidades? Santa Cruz de Tenerife, Nova York, Los Ángeles, Londres, Tokio, Teherán, Barcelona, Moscú.
d) A Terra tarda 365 días e seis horas en realizar unha volta completa arredor do sol. Cada catro anos esas 6 horas sobrantes forman un día que se lle engade ó mes de menor duración. Sabes a que mes nos referimos?. Cantos días terá dito mes nese ano particular?. Que nome reciben os anos que contan con 366 días? Sabes cal é o próximo ano en que sucederá isto?
e) Que é a rotación?. Cita as súas consecuencias.
f) Cando se formou a Terra? Como xurdiu a vida no noso planeta? Que elementos ou factores axudan a que se desenvolva a vida na terra?
PRÓXIMO CURSO 26-27
Satélite
Un satélite é un corpo celeste que xira arredor doutro de maior masa, como a Lúa ao redor da Terra. Pode ser natural ou artificial, creado polo ser humano. Mantense en órbita pola forza da gravidade. Os satélites artificiais utilízanse para comunicacións, observación e investigación. Hoxe en día, existen miles de satélites orbitando a Terra.
Planeta
Un planeta é un corpo celeste que orbita arredor dunha estrela, como a Terra ao redor do Sol. Ten suficiente masa para acadar unha forma case esférica e non produce luz propia, senón que reflicte a da súa estrela. Ademais. No noso sistema solar existen oito planetas principais. Cada planeta ten características propias, como atmosfera, superficie e satélites naturais.
Viking: As naves espaciais Viking foron dúas sondas lanzadas por NASA en 1975 para explorar Marte. Cada misión incluía un orbitador e un módulo de aterraxe. O obxectivo principal era estudar a superficie, atmosfera e buscar sinais de vida no planeta vermello. Viking 1 aterrizou o 20 de xullo de 1976, sendo a primeira sonda en tocar a superficie marciana. Viking 2 fo 3 de setembro de 1976. Ambas as misións enviaron máis de 16.000 imaxes e realizaron experimentos científicos que melloraron o coñecemento sobre Marte.
Voyager 1: A nave que máis lonxe chegou feita polo ser humano. Foi lanzada pola NASA en 1977 co obxectivo de estudar os planetas exteriores, como Xúpiter e Saturno. Tras completar esta misión, segue viaxando polo espazo interestelar. Actualmente atópase a máis de 23.000 millóns de quilómetros da Terra. É, por tanto, o obxecto fabricado polo ser humano que se atopa máis lonxe do noso planeta e continúa enviando datos á Terra.
Cráter: cavidade ou depresión situada na cima dun volcán pola que saen materiais volcánicos como lava, cinza e gases durante unha erupción. Ao redor do cráter atópanse outras partes importantes do volcán, como o cono volcánico, que é a elevación formada polas sucesivas emisións de lava e cinza; a chimenea, que é o conduto polo que ascende o magma desde o interior da Terra; e o manto de cinza e lava, que recobre as ladeiras do volcán.