A materia de Xeografía e Historia en 1º de ESO.... ver DOG
A materia de Xeografía e Historia en 1º de ESO.... ver DOG
CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN - ESO
CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN
A cualificación lograrase coa media ponderada das probas escritas (exames), a realización dos exercicios e actividades e a participación na clase. Para aprobar a avaliación os alumnos deben acadar cinco puntos.
Para a avaliación de actividades realizadas polos alumnos como exercicios, traballos de investigación, debates, exposicións orais, caderno de clase ou busca de información utilizaranse criterios que terán en conta a claridade, a boa argumentación nos textos presentados, a correcta dicción, a entrega no prazo indicado polo profesor, o traballo individual e a colaboración cos compañeiros, a correcta ortografía, a expresión e a limpeza na presentación de producións escritas. Para a cualificación desta actividades poderán empregarse as rúbricas do anexo da programación.
A probas escritas (exames) puntuaranse nunha escala de 1 a 10 e consistirán na contestación dunha serie de preguntas de diverso formato, por exemplo, poden ser tipo test; de desenvolver; de relacionar conceptos; de identificar e comentar imaxes; de definir termos; etc. Sempre se especificará o valor de cada pregunta, entendendo que se está contestada correctamente levará a puntuación máxima pero, de non ser así, a puntuación diminuirá en consecuencia cuns criterios obxectivos que o docente debe ter previamente fixados. Finalmente a cualificación do exame será o resultado da suma total da puntuación acadada en cada cuestión.
A nota da avaliación será o resultado de:
Exposicións orais dunha parte dos temas, resolucións de mapa políticos ou imaxes e exercicios do libro. Estas probas terán un valor dun 10 %.
Elaboración dun traballo trimestral e a súa posterior exposición oral 10 %.
Realización dun exame na metade do trimestre que terá un peso dun 40 % na nota final.
Realización dun exame a finais da avaliación que suporá un 40%
Unha vez realizadas as operacións, aplicarase o redondeo tendo en conta que cando o decimal é superior a 5 o redondeo irá á alza e, pola contra, se é inferior, irá á baixa. A avaliación estará aprobada cando a cualificación sexa 5 ou superior. Se o docente observa que o alumno ou alumna aprobou a avaliación pero ten algunha parte ou tema pouco afianzado, poderá poñerlle algún traballo de reforzo. No caso de resultar unha avaliación negativa levarase a cabo un examen de recuperación.
A nota final do curso será a media das tres avaliacións e se considerará aprobada a materia cando se acade 5 puntos na nota final.
Se o resultado final non chega a un 5 o/a alumno/a terá que presentarse a unha proba escrita de recuperación en xuño das avaliacións suspensas. Consistirá nunha proba escrita final no que se examinarán todos os criterios de avaliación de todas as unidades didácticas. Novamente, a cualificación deberá ser superior a 5 (nunha escala de 1-10) para ter a materia aprobada, en caso contrario quedaría pendente e, en canto ao redondeo, aplicaráselle o establecido para as avaliacións.
CRITERIOS DE RECUPERACIÓN
Farase unha proba escrita de recuperación por trimestre sobre as preguntas propostas polo docente e que foron previamente traballadas polo/a alumno/a que se cualificará nunha escala de 1 a 10 (especificando en cada pregunta o seu valor).
Levarase a cabo un redondeo da cualificación e este será á alza cando o decimal é superir a 5 ou á baixa cando o decimal sexa menor de 5. A avaliación considerarase aprobada cando se obtén 5 ou máis.
No caso de que non se recupere a avaliación, o alumnado poderá someterse a outra recuperación cando o docente o considere pertinente (fin de curso) consistente na realización dun exame escrito puntuado nunha escala de 1 a 10.
CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN - HISTORIA
CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN
A Avaliación realizarase igualmente a través dos Criterios de Avaliación e as Competencias clave que poderemos avaliar a través da Rúbrica de Avaliación.
Igualmente poderemos levar a cabo unha Avaliación Competencial a partir da rúbrica proposta:
Avaliación das Competencias Clave.
O nivel de cumprimento destes obxectivos en relación cos criterios de avaliación fixados non debe ser medido de forma mecánica, senón con flexibilidade, e tendo en conta a situación do alumnado, o curso en que se atopa, ademais das súas propias características e posibilidades. Á súa vez, a avaliación, cumpre, fundamentalmente, unha función formativa, porque lle ofrece ao profesorado uns indicadores da evolución dos sucesivos niveis de aprendizaxe do seu alumnado, coa conseguinte posibilidade de aplicar mecanismos correctores das insuficiencias
- A avaliación formativa ou orientadora faise durante o proceso a aprendizaxe, observando sistematicamente o progreso, dificultades,... do alumnado en dito proceso.
- A avaliación sumativa ou final faise ó remate do proceso de aprendizaxe determinando se o alumnado adquiriu as capacidades requiridas e en qué grao.
A avaliación ordinaria:
Farase en tres avaliacións, de tal xeito que os contidos mínimos das primeiras avaliacións poden estar presentes nas seguintes e segundo os criterios de cualificación que se explicitan.
Os instrumentos de avaliación a utilizar co fin de coñecer o grado de comprensión dos conceptos e procesos, son:
- A realización de sínteses mediante esquemas, resumos ou gráficos.
- A cantidade e calidade dos coñecementos adquiridos.
- A comprensión dos mesmos.
- A capacidade de síntese e análise.
- A comprensión e desenvolvemento das actividades.
- A utilización das fontes de información.
- Probas escritas, orais e traballos individuais e en grupos.
Nos traballos( composicións) avaliarase a calidade, exposición, coordinación, interese e participación.Procedimental (análise e comentario de documentos específicos da materia). Esta proba pode referirse ao comentario de textos relacionados cos contidos tratados, termos, textos, comentarios e táboas estadísticas, gráficos, pirámides de poboación, cartografía (localización e análise de mapas políticos ou temáticos, planos).
É importante realizar ó remate de cada unidade didáctica algún repaso de actividades representativas que nos informen do grao de comprensión da unidade.
Sempre adecuándose ás modalidades citadas de ensino presencial, semipresencial e non presencial utilizarase medios electrónicos, telemáticos e semellantes como:
Preferentemente a Aula virtual do centro, Libro dixital EnRed e Edubook da editorial X, Google Classroom, Podcast, Abalar, Google Forms, GMail, Kahoot, Edmodo e aplicacións de vídeoconferencia e similares como Webex, Teams ou Zoom.
As probas escritas serven para que o alumno se dea conta dos seus avances e dificultades, o tempo que nos permiten detectar qué conceptos, procedementos ou actitudes deben ser reforzados.
Os criterios para cualificar ao alumnado serán os seguintes:
- Probas escritas (exames) ou dixitais nas que os alumnos deberán contestar a preguntas tanto teóricas como prácticas.
- No caso de ter cadernos do traballo en papel ou dixital. O alumnado deberá ter a o día o seu caderno cos diferentes exercicios e esquemas que se van realizando na aula.
- A ponderación dos exames escritos, dixitais ou traballos específicos na nota de avaliación será como mínimo do 90%, dependendo do número de exámes feitos, en cada avaliación haberá como mínimo dous exames.
- A ponderación de outros traballos escritos, dixitais ou traballos específicos, exposicións oráis, cuestións, tests e as actividades diarias da clase que se realicen durante a avaliación será como máximo do 10%, dependendo do número de traballos feitos.
- Para poder aprobar cada avaliación será imprescindible obter unha calificación de 5 ou superior na nota ponderada dos exames feitos en dita avaliación.
- Ter unha avaliación suspensa implica a obrigación de recuperala, non a recupera facendo media coas demáis avaliacións.
- Para aprobar o curso e ter a materia superada é necesario ter aprobadas as tres avaliacións. Neste caso a nota final será a media aritmética das tres.
- Cada exame sinalará o valor de cada unha das preguntas.
- Nas notas da avaliación, que só admiten números enteiros, aplicarase o seguinte criterio:
- Si o alumno ou alumna obtivo como promedio unha cifra enteira, transcribirase esta sen alteracións nas actas.
- Si o alumno ou alumna obtivo como promedio unha nota con décimas, na súa transcrición nas actas de avaliación:
- Redondearase ao enteiro superior no caso de que tales décimas teñan un valor igual ou maior de seis (exemplo: 7,6 se transcribirían nas actas como un 8), sempre que a nota chegue ou supere o 5.
- Redondearase ao enteiro inferior no caso de que estas teñan un valor inferior a seis (exemplo: 6,4 ou 7,3 se transcribirían como un 6 ou un 7).
- Se un aumno ou alumna é descuberta copiando nun exame, falando con compañeiros ou utilizando sistemas electrónicos para copiar, cualificaráselle con un 0, e suspenderá dita avaliación.
- No final de curso ofreceráselle a posobilidade de mellorar a súa nota final cunha proba escrita de estructura similar cos contidos totais da PAU
CRITERIOS DE RECUPERACIÓN
O alumnado que ao longo do curso non acaden os obxectivos reflectidos nesta programación poderán realizar exames de recuperación. Estes exames realizaranse segundo o criterio do Departamento que imparte a materia, ainda que preferentemente ao final da terceira avaliación, tendo dereito á realización dos mesmos o alumnado que teña unha ou como máximo dúas avaliacións suspensas.
- A nota que obteña na recuperación será a que computa para a final da avaliación ordinaria.
- Poderán facer voluntariamente o exame de recuperación o alumnado que desexe obter máis nota da obtida na avaliación ordinaria, no caso de non superala mantense a obtida na avaliación.
- O exame da avaliación extraordinaria será o mesmo para todos os grupos co fin de homoxeneizar os niveis e coordinar a materia impartida polos diferentes profesores.
- Actividades de reforzo e de ampliación: Despois da realización das probas da avaliación ordinaria (datas indicadas no calendario escolar) e durante o tempo entre elas e a proba extraordinaria, realizaránse actividades de reforzo e ampliación segundo o caso. O profesorado poderá ofrecer explicacións dos contidos e diferentes tipos de exercicios ou actividades que intenten solucionar o déficit do alumnado na materia.
- O alumnado e as súas familias serán informados destes criterios de cualificación. Na cortiza da aula, na web do centro e na aula virtual de cada grupo, o profesorado engadirá os criterios. Tamén explicaránse de viva voz nas aulas ao inicio do curso e procurarase que o alumnado os comprendan. En canto ás familias poderan acudir a páxina web do centro ónde se publicará esta programación.
CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN. XEOGRAFÍA 2º BACH.
CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN
A avaliación formativa ou orientadora faise durante o proceso a aprendizaxe, observando sistematicamente o progreso, dificultades,... do alumno en dito proceso.
A avaliación sumativa ou final faise ó remate do proceso de aprendizaxe determinando se o alumno adquiriu as capacidades requiridas e en qué grao.
A avaliación ordinaria:
Farase en tres avaliacións, de tal xeito que os contidos mínimos das primeiras avaliacións poden estar presentes nas seguintes e segundo os criterios de cualificación que se explicitan.
Os posibles instrumentos de avaliación a utilizar co fin de coñecer o grado de comprensión dos conceptos e procesos, son:
- A participación no traballo de grupo.
- A participación en debates e exposicións.
- A realización de sínteses mediante esquemas, resumos ou gráficos.
- A cantidade e calidade dos coñecementos adquiridos.
- A comprensión dos mesmos.
- A capacidade de síntese e análise.
- A comprensión e desenvolvemento das actividades.
- A utilización das fontes de información.
- Probas escritas, orais e traballos individuais e en grupos.
Nos traballos avaliarase a calidade, exposición, coordinación e participación.
Avaliación procedimental (análise e comentario de documentos específicos da materia).
Esta proba pode referirse ao comentario de textos relacionados cos contidos tratados, comentarios e táboas estadísticas, gráficos (diagramas ombrotérmicos, hidrogramas, perfís topográficos, cliseries, pirámides de poboación).
Cartografía (localización e análise de mapas físicos, políticos ou temáticos, planos). O material cartográfico deste exercicio pode referirse a calquera dos contidos recollidos no currículo da materia: mapas topográficos, mapas xeolóxicos, mapas meteorolóxicos, mapas de coropletas nos que se representen fenómenos físicos, económicos ou demográficos, mapas políticos de división administrativas, de transportes e vías de comunicación. Tamén incluímos neste apartado o comentario de planos urbanos.
Nos exercicios de localización, as respostas deberán ter un grado de precisión suficiente para seren valoradas de forma positiva, polo que o alumnado situará de forma inequívoca (mediante punto, liña ou contorno) aquelo que se lle requira no enunciado.
É importante realizar ó remate de cada unidade didáctica algún repaso de actividades representativas que nos informen do grao de comprensión da unidade.
Sempre adecuándose ás modalidades citadas de ensino presencial, semipresencial e non presencial utilizarase medios electrónicos, telemáticos e semellantes como:
· Preferentemente a Aula virtual do centro, Libro dixital EnRed e Edubook da editorial X, Google Classroom, Podcast, Abalar, Google Forms, GMail, Kahoot, Edmodo e aplicacións de vídeoconferencia e similares como Webex ou Teams.
Ademais, o profesorado poderá concertar entrevistas individuais co alumnado a través de videochamada como parte dos procedementos e instrumentos de avaliación nos casos que estime oportunos.
As probas escritas serven para que o alumno se dea conta dos seus avances e dificultades, o tempo que nos permiten detectar qué conceptos, procedementos ou actitudes deben ser reforzados.
Os criterios para cualificar ao alumnado serán os seguintes:
- Probas escritas (exames), orais ou dixitais nas que o alumnado debe contestar a preguntas tanto teóricas como prácticas.
- No caso de ter cadernos do traballo en papel ou dixital. O alumnado debe ter ao día o seu caderno cos diferentes exercicios e esquemas que se van realizando na aula.
- A ponderación dos exames escritos, dixitais ou traballos específicos na nota de avaliación será como mínimo do 90%, dependendo do número de exámes feitos, en cada avaliación haberá como mínimo dous exames.
- A ponderación de outros traballos escritos, dixitais ou traballos específicos, exposicións oráis, cuestións, tests e as actividades diarias da clase que se realicen durante a avaliación será como máximo do 10%, dependendo do número de traballos feitos.
Para poder aprobar cada avaliación será imprescindible:
· obter unha calificación de 5 ou superior na nota ponderada dos exames feitos en dita avaliación.
· Ter unha avaliación suspensa implica a obrigación de recuperala, non a recupera facendo media coas demáis avaliacións.
· Para aprobar o curso e ter a materia superada é necesario ter aprobadas as tres avaliacións. Neste caso a nota final do alumno será a media aritmética das tres.
Nas notas da avaliación, que só admiten números enteiros, aplicarase o seguinte criterio:
- Si un alumno ou alumna obtivo como promedio unha cifra enteira, transcribirase esta sen alteracións nas actas.
- Se un alumno ou alumna obtivo como promedio unha nota con décimas, na súa transcrición nas actas de avaliación:
- Redondearase ao enteiro superior no caso de que tales décimas teñan un valor igual ou maior de seis (exemplo: 7,6 se transcribirían nas actas como un 8), sempre que a nota chegue ou supere o 5.
- Redondearase ao enteiro inferior no caso de que estas teñan un valor inferior a seis (exemplo: 6,4 ou 7,3 se transcribirían como un 6 ou un 7).
- Se algún alumno ou alumna é descuberto copiando nun exame, falando con compañeiros ou utilizando sistemas electrónicos para copiar, cualificaráselle con un 0, e suspenderá dita avaliación.
Se un alumno desexa subir a nota final poderá facer un exame tipo abau cos contidos totais do curso.
CRITERIOS DE RECUPERACIÓN
O alumnado que ao longo do curso non acaden os obxectivos reflectidos nesta programación poderán realizar exames de recuperación ao final de cada avaliación. Ademáis haberá un examen de recuperación final despois das notas da terceira avaliación. A nota que obteña na recuperación será a que computa para a final da avaliación ordinaria.
- O exame da avaliación extraordinaria será o mesmo para todos os grupos co fin de homoxeneizar os niveis e coordinar a materia impartida polos diferentes profesores.
- Actividades de reforzo e de ampliación: Despois da realización das probas da avaliación ordinaria (datas indicadas no calendario escolar) e durante o tempo entre elas e a proba extraordinaria, realizaránse actividades de reforzo e ampliación segundo o caso. O profesorado poderá ofrecer explicacións dos contidos e diferentes tipos de exercicios ou actividades que intenten solucionar o déficit do alumnado na materia.
- O alumnado e as súas familias serán informados destes criterios de cualificación. Na cortiza da aula, na web do centro e na aula virtual de cada grupo, o profesorado engadirá os criterios. Tamén explicaránse de viva voz nas aulas ao inicio do curso e procurarase que o alumnado os comprendan. En canto ás familias poderan acudir a páxina web do centro ónde se publicará esta programación.
CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN ARTE. 2ºBACH.
CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN
Nas unidades didácticas establecese o peso orientativo que se lle da aos instrumentos de avaliación e en todas elas o peso da cualificación recae maiormente nas probas escritas( semellanntes á PAU), nunha porcentaxe do 90 por cento.
En canto as táboas de indicadores (tratamento de textos e imaxes pondéranse cun dez por cento.
Nas probas escritas irá indicado o valor de cada pregunta e puntuarase sobre 10, semellante ao expemplo dea PAU. No tocante á cualificación dos textos e imaxes do alumnado empregaranse as rúbricas facéndose a media do valor dado ás categorías da rúbrica.
Desta maneira os criterios de cualificación quedarían da seguinte maneira:
- probas escritas un 90%
- outros indicadores 10%
CRITERIOS DE RECUPERACIÓN
En canto aos criterios de recuperación determínase un 90% para as probas escritas ao que se lle aplicará, en consecuencia, e sumará o 10% dos outros indicadores xa valorados nas diferentes avaliacións.
Se o profesorado o considera oportuno deberá presentar, obrigatoriamente as actividades de reforzo que se lle entreguen.
As probas escritas faranse 2 por trimestre, e puntuaranse sobre dez e figurando o seu valor en cada pregunta.
Se o alumnado ten cualificadas negativamente dúas avaliacións, realizará ao final de curso unha proba global que incluirá toda a materia do curso, aplicándolle os mesmos criterios de recuperación xa aplicados en cada trimestre.
HISTORIA CONTEMPORÁNEA 1º BACH.
CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN
Nas unidades didácticas establecese o peso orientativo que se lle da aos instrumentos de avaliación e en todas elas o peso da cualificación recae maiormente nas probas escritas, nunha porcentaxe entre corenta e sesenta por cento, dependendo da unidade.
En canto as táboas de indicadores (tratamento de textos, traballos, portfolio do alumno, exposicións orais, debates) pondéranse 15-20% , segundo cada unidade.
Nas probas escritas irá indicado o valor de cada pregunta e puntuarase sobre 10: vocabulario, tema a desenvolver e cuestións abertase pechadas(test)
No tocante á cualificación dos traballos e demais elaboracións de comentario de texto, imaxe gráfico ou mapas a profesora entrega o guión .
Desta maneira os criterios de cualificación quedarían da seguinte maneira:
- probas escritas un 90%
- outros indicadores 10%
CRITERIOS DE RECUPERACIÓN
En canto aos criterios de recuperación determínase un 90% para as probas escritas ao que se lle aplicará, en consecuencia, e sumará o 10% dos outros indicadores xa valorados nas diferentes avaliacións.
Se o profesorado o considera oportuno o alumno deberá presentar, obrigatoriamente as actividades de reforzo que se lle entreguen.
Os traballos propostos serán titorizados polo docente para aclarar as dúbidas que se lle presenten ao alumnado e para facer o seguimento da realización do mesmo.
As probas escritas serán 2 por trimestre, e puntuaranse sobre dez e figurando o seu valor en cada pregunta.
Se o alumnado ten cualificadas negativamente dúas avaliacións, realizará ao final de curso unha proba que incluirá a parte da materia do curso, aplicándolle os mesmos criterios de recuperación xa aplicados en cada trimestre.
Para establece-la cualificación teranse en conta os seguintes instrumentos de avaliación:
1. Observación e análise de tarefas:
• Participación nas actividades de aula, como debates, postas en común, traballos de grupo. É requisito indispensable dispor en todo momento do caderno e dos materiais de texto facilitados polo profesor para cada unidade. Valorarase a atención prestada na clase, o esforzo por responder ás preguntas formuladas, a colaboración no traballo da aula (intervencións e preguntas pertinentes, orde nas quendas de intervención…); a cooperación cos compañeiros e o respecto polos mesmos.
• No caderno de clase, o alumno/a anotará os datos das explicacións, as actividades e exercicios propostos. A súa actualización e corrección formal permitirá avalia-lo traballo, interese e grado de seguimento das tarefas do curso. O seguimento do caderno polo profesor poderá realizarse durante as clases mediante unha observación rutineira ou ben, poderá ser solicitada para a súa revisión pormenorizada.
2. Probas orais e escritas (exames), que poderán ser:
• Probas de elaboración propostas na programación. Poñerán de manifesto a capacidade do alumno/a para estruturar con coherencia a información, establecer relacións entre factores diversos, argumentar loxicamente (serían probas de resposta longa, comentarios de texto, localizacións nos mapas, recoñecemento de imaxes).
• Probas obxectivas (de resposta curta, vocabulario, localización de accidentes xeográficos nun mapa).
Na cualificación das mesmas valoraranse os seguintes conceptos:
• Adecuación pregunta/resposta.
• Corrección formal e ortográfica.
• Capacidade de síntese.
• Capacidade de definición.
• Capacidade de argumentación e razoamento.
Os alumnos da ESO realizarán dúas probas escritas (exames) nas avaliacións, que terán un valor dun 40% cada unha. O 20% restante, en cada avaliación, cualificarase a partir do seguimento do traballo diario, realización de exercicios, exposicións orais e correcta presentación do caderno.
Nos exames e producións dos alumnos terase en conta a redacción correcta e precisa, ausencia de faltas de ortografía e o uso do vocabulario específico. Os textos elaborados polos alumnos deben estar ben argumentados.
A cualificación lograrase coa media aritmética das probas escritas (exames) e a realización dos exercicios e actividades, a participación na clase, a atención na aula e o interese pola materia. Para aprobar a avaliación os alumnos deben acadar cinco puntos.
Para a avaliación de actividades realizadas polos alumnos como exercicios , debates, exposicións orais, caderno de clase ou busca de información utilizaranse criterios que terán en conta a claridade , a correcta dicción, a entrega no prazo indicado polo profesor, o traballo individual e a colaboración cos compañeiros , a correcta ortografía , a expresión escrita e a limpeza na presentación de producións escritas. Para a cualificación desta actividades poderán empregarse as rúbricas do anexo da programación.
BACHARELATO - HISTORIA DO MUNDO CONTEMPORÁNEO
Os alumnos realizarán dúas probas escritas (exames) nas avaliacións, que terán un valor dun 40% cada unha. O 20% restante, en cada avaliación, cualificarase a partir do seguimento do traballo diario, realización de exercicios, exposicións orais e correcta presentación do caderno.
Nos exames e producións dos alumnos terase en conta a redacción correcta e precisa, ausencia de faltas de ortografía e o uso do vocabulario específico. Os textos elaborados polos alumnos deben estar ben argumentados.
BACHARELATO - XEOGRAFÍA
Os alumnos realizarán dúas probas escritas (exames) que terán un valor dun 45% cada un e o 10% restante, en cada avaliación e cualificarase a partir do seguimento do traballo diario, realización de exercicios, exposicións orais, e correcta presentación do caderno.
Nos exames e producións dos alumnos terase en conta a redacción correcta e precisa, ausencia de faltas de ortografía e o uso do vocabulario específico. Os textos elaborados polos alumnos deben estar ben argumentados.
BACHARELATO - HISTORIA DA ARTE
Para a avaliación de esta materia, terase en consideración os criterios de corrección, orientacións e recomendacións propostos polo grupo de traballo da CIUG. Esta materia, neste curso en 2º Bacharelato está orientada a superar as probas ABAU, así como a selección de vocabulario de conceptos e termos artístico e das obras de arte. Faranse dúas probas específicas escritas por avaliación cun peso dun 45%. Darase un valor dun 10% ás entrevistas orais diarias mencionadas nas concrecións metodolóxicas. A forma das probas específicas escritas serán similares ás que os alumnos se enfrontarán nas ABAU.
Formado por dúas partes:
1. Dúas fotos, cun valor de 4 puntos cada unha
A) A importancia de diferenciar claramente os estilos de épocas ou os diferentes movementos artísticos como base non só para unha perfecta clasificación das obras senón como o punto de partida indispensable para a súa análise e comprensión. Fixando a súa cronoloxía, polo menos nos ámbitos máximos de cada un dos estilos ou dos movementos.
B) O contexto histórico-artístico debe explicárselles aos alumnos non quedándose exclusivamente nun relatorio dos feitos históricos, senón, sobre todo, facendo fincapé na cuestión das mentalidades e da cultura, que son as que van achegar máis luz na comprensión da obra de arte. (Débense centrar ao facer o comentario exclusivamente na obra proposta, na foto que se presenta. No caso de que se trate dunha obra dun artista coñecido, pódese facer referencia á súa evolución estilística, encadrándoa na etapa correspondente.)
C) O comentario ou análise, deberá afrontarse dende:
Unha perspectiva formal (recoñecer e valorar a materialidade das formas artísticas como unha linguaxe específica, descubrir os seus procesos e as técnicas de creación, a función ou as funcións para as que foron creadas, así como as concepcións estéticas que manifestan). Unha perspectiva sociolóxica (relación entre os/as artistas e a os/as clientes, as persoas destinatarias da obra, as formas de patrocinio, a consideración social do/da artista, ou a demanda e o consumo de arte). Unha perspectiva e análise iconográfica para indagar no significado último que o/a autor/a da obra pretende transmitir).
2. Nun texto elixir catro termos dos 8 escritos en negriña, cun valor de 0,5 cada un.
BACHARELATO - HISTORIA DE ESPAÑA
Para a avaliación de esta materia, terase en consideración os criterios de corrección, orientacións e recomendacións propostos polo grupo de traballo da CIUG. A cualificación lograrase coa media aritmética das probas escritas (exames) e a realización dos exercicios e actividades, a participación na clase, a atención na aula e o interese pola materia. Para aprobar a avaliación os alumnos deben acadar 5 puntos.
Os alumnos realizarán dous exames que terán un valor dun 45% cada un e o 10% restante cualificarase a partir da realización dos exercicios e comentarios de texto.
Na terceira avaliación os alumnos realizarán dous exames cos contidos da materia explicada ao longo de todo o curso. Ao final de curso, superará a materia o alumno que acade unha media de 5 puntos.
Nos exames e producións dos alumnos terase en conta a redacción correcta e precisa, ausencia de faltas de ortografía e o uso do vocabulario específico. Os textos elaborados polos alumnos deben estar ben argumentados.
ACTIVIDADES DE RECUPERACIÓN
O alumno que non alcanzase as aprendizaxes deberá volver a traballar os estándares.
A recuperación das avaliacións suspensas farase cando un alumno obteña menos de 5 na nota da avaliación.
Trala entrega de notas da avaliación determinarase a data na que se realizará o exame de recuperación.
Na convocatoria de xuño examinarase das avaliación suspensas.
Na convocatoria extraordinaria de setembro o alumno debe superar un exame da materia e entregar o traballo ou actividades propostas polo profesor, escritas a man, que puntuará ata un 2 da cualificación (nos cursos da ESO).
En 1º e 2º de Bacharelato, a nota final na convocatoria ordinaria será a media das tres avaliacións. No caso de non aprobar a materia o alumno realizará un exame na convocatoria extraordinaria e superará a materia se acada unha cualificación mínima de 5.
Nos exames e producións dos alumnos terase en conta a redacción correcta e precisa, ausencia de faltas de ortografía e o uso do vocabulario específico. Os textos elaborados polos alumnos deben estar ben argumentados.
Procedementos: análise das producións dos alumnos/as. As producións deben ser manuscritas en 1º 2º 3º 4º ESO e 1º e 2º Bacharelato.
Instrumentos: proba escrita ou oral( exames) vía telemática. No caso da docencia semipresencial o exame podería facerse no centro.
Envío de traballos e actividades vía telemática á plataforma Educamos.
Na avaliación de actividades realizadas polos alumnos da ESO e do Bacharelato, como exercicios, comentarios de texto ou busca de información, utilizaranse criterios que terán en conta claridade, lexibilidade, entrega no prazo indicado polo profesor, correcta ortografía, corrección na expresión escrita e limpeza na presentación das producións escritas.
1º-2º- 3- 4º ESO
Non presencial
Respecto á forma de cualificar as avaliacións establecemos as seguintes porcentaxes:
1ª Avaliación: probas escritas ou orais(exames) 30%, producións dos alumnos 70%.
2ª Avaliación : probas escritas ou orais 30% (exames), producións dos alumnos 70%.
3ª Avaliación: probas escritas ou orais 30% (exames), producións dos alumnos 70%.
Se realizarán exames ou entrega de traballos para a recuperación das avaliacións suspensas.
Semipresencial
Consultar o apartado 7 da programación. Modificarase segundo as necesidades requiridas pola evolución da pandemia.
1º-2º BACHARELATO
Non presencial
Respecto á forma de cualificar as avaliacións establecemos as seguintes porcentaxes:
1ª Avaliación: probas escritas ou orais 40% (exames), producións dos alumnos 60%.
2ª Avaliación : probas escritas ou orais 40% (exames), producións dos alumnos 60%.
3ª Avaliación: probas escritas ou orais 40% (exames), producións dos alumnos 60%.
Se realizarán exames ou entrega de traballos para a recuperación das avaliacións suspensas.
Semipresencial
Consultar o apartado 7 da programación. Modificarase segundo as necesidades requiridas pola evolución da pandemia.
Proba extraordinaria de setembro
Na convocatoria extraordinaria de setembro o alumno debe superar un exame da materia e entregar o traballo ou actividades propostas polo profesor, escritas a man, que puntuará ata un 1,5 da cualificación de setembro (nos cursos da ESO).
Nos cursos de Bacharelato o alumno debe superar un exame da materia.
CUALIFICACIÓN DA MATERIA PENDENTE DE 1º, 2º E 3º DA ESO.
Non presencial
Os alumnos coa materia pendente deberán entregar traballos manuscritos podendo utilizar todos os sistemas de pescuda para completalos (libro de texto, internet...) atendendo así ás competencias clave. Faranse exames por vía telemática en febreiro e maio.
O traballo suporá o 60% da nota e a proba escrita será o 40% restante.
Semipresencial
Consultar o apartado 9 da programación. Modificarase segundo as necesidades requiridas pola evolución da pandemia.
En 2º de bacharelato non hai alumnos coa materia pendente de 1º bacharelato.