SEIMEIRAS DE QUEIXOIRO

SEIMEIRAS DE QUEIXOIRO

Cerca de Queixoiro, no río, despois de pasar unha corripa de pedra encontramos a primeira seimeira que é un lugar moi tranquilo e rodeado de unha frondosa vexetación, segundo os visitantes é unha gran zona para desconectar.

Cerca da primeira temos unha segunda cun salto maior a anterior e esta tamén conta cunhas escaleiras que nos permiten ver a seimeira dende diferentes puntos.

Entre as dúas seimeiras e seguindo o percorrido do río atopamos un bonito paseo rodeado de bidueiros, amieiros, carballos, castañeiros...

Estas seimeiras son un punto que sempre se visita se fas a ruta de Queixoiro.