HEROÍnAS DA FONSAGRADA

Como parte do Proxecto Piteas e o Plan Proxecta sobre Igualdade nos que participa o IES Plurilingüe Fontem Albei, os alumnos fixeron unha serie de retratos en acrílico sobre lenzo de 40 x 40 cm, en homenaxe ás mulleres de Fonsagrada, acompañados dun texto sobre a labor que levan a cabo cada unha delas.

Esta actividade está inspirada no proxecto "Heroínas De Tódolos Días" de Camino Casabella, artista e profesora de Debuxo do centro. Os alumnos realizaron as súas propias pinturas nun obradoiro impartido pola artista, que lles presentou o sitio web do seu proxecto e lles explicou o proceso de elaboración dun retrato.

En palabras de Camino,

"O noso obxectivo é poñer no centro de atención a contribución que fan as mulleres ó progreso social, económico e político do mundo, pois en numerosas ocasións pasa desapercibida, e tamén desmenti-la crenza de que as mulleres non saben liderar.

A miúdo, pretenden que creamos que os heroes son as figuras da política, do deporte, da música ou do cine, que típicamente son homes. Nembargantes, nós pensamos que as heroínas de verdade son moito máis interesantes: médicas, enfermeiras, nais, profesoras, bombeiras… Mulleres ordinarias que fan cousas extraordinarias tódolos días. Todas elas teñen unha meta en común: queren traballar para contribuír a mellora-la súa contorna.

Son mulleres abrindo camiño para que máis mulleres se adiquen a profesións tradicionalmente dominadas polos homes. Mulleres pioneiras, que rachan estereotipos de xénero, e adoitan roles de liderado. Mulleres que axudan a outras a acada-las súas metas. Mulleres e nenas que alzan a voz polos seus dereitos e loitan por eles.

O noso proxecto é para todas elas."

Para máis información, visitade o sitio web de Camino Casabella:

https://www.sites.google.com/view/caminocasabella