Ruta de Liñares de Bidul a Vilabol

Fonte: Google Earth

Comezamos por un bo camiño monte abaixo o cal ten bastante pendente. Atoparémonos cas ruinas do pobo de Ludeiro dando entrada a unha paraxe de rochas e fraga autóctona e poderemos apreciar os restos das antigas adegas e dos fornos de fundición de ferro.

Dirixirémonos cara Asturias, contemplando as fabulosas vistas do comezo do encoro de Grandas de Salime, dende alí poderemos ver os restos das minas de ferro que había ali antigamente e tamén podemos contemplar a ponte colgante que comunica os dous pobos, pouco recomendable para a xente con pánico as alturas, pero paga a pena, as vistas son realmente increíbles.

Dende aquí camiñarenos polo Camiño da República ata chegar aos restos da antiga ferrería de Vilar de Cuíña, onde teremos unha área recreativa para descansar e poder seguir adiante coa nosa ruta, a partir da cal nos meteremos no río Lamas por un sendeiro espectacular que rematará na ponte de Vilabol.

Xeolocalización