Manuel do Juano

Biografía

Nome: Manuel Fernández Díaz (Manuel do Juano)

Nacemento: 1.935

Natural de: San Martín de Suarna (A Fonsagrada)

Manuel naceu en San Martín de Suarna en 1.935. A súa familia dispoñía de escasos recursos económicos polo que, tanto el como as súas dúas irmás, tiveron que traballar dende ben pequenos. El coidaba as ovellas dos seus veciños.

Dende sempre se sentiu atraído polo mundo da gaita e por todo aquel que tocara pola zona. Así, de maneira autodidacta, foi aprendendo a técnica da súa zona ao lado de grandes gaiteiros da Fonsagrada.

A primeira gaita, con once anos, fíxoa el mesmo de madeira de vinteiro e con un fol de vexiga de porco. As xuntas do ronco estaban seladas con cera, polo que sempre tiña que tocar á sombra para que non se lle derretera. Como percusionista acompañábao o seu cuñado Hortensio do Perico, que fixera o parche do tambor co estómago dunha ovella, cuxa dureza lle facía tocar ao sol para que estirase. No seu pobo, San Martín de Suarna, lembran velos aos dous tocando, encima da casa do Blanco, Manuel á sombra dunha maceira e a 10 metros Hortensio ao sol facendo malabares para facerlle soar ao tambor.

Pasado o tempo e coa venda de dúas ovellas, que lle deran como pago polos seus servizos, comprou por 18 pesos unha gaita que tiña o Rebordelo de Vilarín de Baixo.

Aos 18 anos marchou gañarse a vida a Barcelona, entrando a traballar nas rotativas do xornal La Vanguardia, traballo no que estivo ata que se xubilou. Durante todo este tempo tamén foi gaiteiro maior da agrupación Toxos e Xestas, percorrendo amaior parte da xeografía catalana de festa en festa, verbenas e xuntanzas.

No seu amplo repertorio temos de todo: xotas, muiñeiras, pasodobles, polcas, ... que se poden escoitar nun dos CDs que ten editado (Galicia Enxebre).

Dende que se xubilou vive no seu pobo natala e dedica grande parte do seu tempo a recopilar pezas antigas da zona da Fonsagrada.

Manuel é coñecido, ademais de por ser gaiteiro, por ser unha grande persoa. Axudou a moita xenta da contorna da Fonsagrada a atopar traballo en Bacelona.

Recibiu o Butelo de Ouro no 2.015.

Partitura

Pasodoble da Puebla.pdf

Vídeos

Manuel interpretando unha xota

Tocando unha muiñeira

Audios

Aqui deixamos dúas muiñeiras e dúas xotas interpretadas por Manuel. Están incluídos no Cancioneiro Popular Galego, recollido e ordenado por Dorothé Schubarth e Antón Santamarina.

Muiñeira 1

Muiñeira 1.mp3

Muiñeira das Mariñas

Muiñeira das Mariñas.mp3

Xota 1

Xota 1.mp3

Xota 3

Xota 3.mp3