Ovidio de Cartea

Biografía

Nome: Ovidio Fernández Fernández (Ovidio de Cartea)

Nacemento: 1.931

Natural de: Cartea, Os Baos (Ribeira de Piquín)

Ovidio Fernández naceu e criouse en Cartea en 1.931, parroquia dos Baos, hoxe Concello de Ribeira de Piquín pero por aqueles tempos da Fonsagrada. Finou en Burela aos 77 anos de idade en 2.008.

Aprendeu a tocar de neno e, máis tarde, facíao como solista nas mallegas, bailes, polavilas e magostos. Pero chegou un momento, ao igual que lles pasou a tantos gaiteiros da zona, que tivo que emigrar. Marchou para Bilbao e alí continuou tocando no Centro Galego.

Ao xubilarse decide vivir en Burela, na mariña lucense. Como era coñecido de Modesto Arias e demais gaiteiros da Fonsagrada, empezou a xuntarse con eles para tocar.

Na súa honra gravou nun disco Nela de Brés unha muiñeira que leva o seu nome, Muiñeira de Ovidio, un tema descoñecido para el ata que, un día, a escoitor tocar por Nela. Con este , coincidiría en moitas gaitadas e tocarían a dúo, porque Ovidio ía a estas reunións de moi boa gana, desprazándose dende Burela, acercándose a Taramundi no seu coche sen carné.