O Rubio de Xan

Biografía

Nome: Manuel Gutiérrez Fernández (O Rubio de Xan)

Nacemento: 1.927

Natural de: Maderne (A Fonsagrada)

Nacido en Maderne no ano 1.927.

Manuel Gutiérrez era coñecido como “ O Rubio de Xan de Maderne”.

Era o único gaiteiro que tiña carné de músico. Non sabemos que institución ou organismo lle concedeu este documento, pero é un feito probado que o tiña.

A súa gaita fíxolla un artesán que había en Grandas de Salime que se chamaba Fermín.

Manuel foi o gaiteiro do quinteto chamado “Os de Maderne” no que, ademais da gaita, tocaba o clarinete. Contan que este quinteto foi unha vez tocar as festas de Meira. Ao velos chegar cun aspecto tan pobre quixeron mandalos de volta para a casa, pero finalmente foron aclamados e venerados en votación popular para tocar no lugar da orquestra. Incluso quedaron emprazados para actuar ao ano seguinte , iso si, a condición de que fosen mellor vestidos.

Foi mestre de Modesto Arias, Modesto de Murias.

Morreu no ano 2.015.

Partitura

Muiñeira de Maderne.pdf