Sergio da Veiga

Biografía

Nome: Sergio Fernández Enríquez (Sergio da Veiga)

Nacemento: 1.936

Natural de: Veiga de Logares (A Fonsagrada)

Naceu na Veiga de Logares en 1.936.

Aprendeu a tocar de moi pequeno con xipros de castiñeiro que el mesmo facía cando ía coas ovellas e cabras ao monte.

Tiña un irmán máis maior (Jesús), que era todo o contrario a el nos gustos. A Sergio gustáballe tocar a gaita e o seu irmán non facía máis que poñerlle trabas para que non tocara. Pero a afección de Sergio pola gaita era tan grande, que se encargou de convencer a Suso para que lle mercara unha e así deixar de tocar ás agachadas.

Era tan bo gaiteiro que o chamaban para todas as festas e polavilas da contorna, para os xogos de mazás e castañas e para as esfollas do millo, de tal maneira que o seu talento se foi impoñendo á negativa do seu irmán.

Sergio foi un dos gaiteiros máis populares do concello e da bisbarra e moi querido por todo o mundo, sobre todo pola xente nova.

Sempre foi un grande afeccionado ao folclore galego, en particular do noso mestre Pepe Vaamonde.

Era un grande fumador e algo bebedor. Morreu no 2.010 dunha fibrose pulmonar.

Partitura

XOTA DA VEIGA DE LOGARES.pdf

Vídeos

Sergio interpretando unha peza mistura de muñeira e pasodoble.

Tacando no museo da Fonsagrada.