VIVAMOS COMA FONSAGRADINOS

Vivamos coma fonsagradinos é unha actividade na que o alumnado de 3º de ESO, na materia de Música, elaborou un vídeo con expresións típicas e vocabulario da Fonsagrada, facendo unha comparación entre a vida actual e a vida dos nosos maiores.

Os rapaces e rapazas organizáronse en grupos nos que traballaron distintos aspectos para a realización do curto: creación dun guión para facer a escenografía, gravación de imaxes estudando a posición da cámara en cada unha das esceas, preparación da música que acompaña ao vídeo e a montaxe das imaxes, inclusión de escéas en branco e negro, créditos, música, etc.

O vídeo foi gravado polas rúas da Fonsagrada utilizando para iso: roupa antiga, cámara de vídeo, teléfonos móbiles, balóns, chapas, corda, periódicos,...

Con este traballo pretendeuse que o alumnado desenvolvese actitudes de curiosidade e interese respecto a súa contorna, aprendendo dos seus maiores e observándoos. Tamén se quixo, entre outras cousas, potenciar o traballo e cooperación en equipo e a solidariedade.

Nesta páxina ensinamos o traballo final deste grupo de alumnos e alumnas. Agardamos que vos guste.....

Vídeo

VIVAMOS COMO FONSAGRADINOS.mp4