Florencio dos Vilares

Biografía

Nome: Florencio López Fernández (Florencio dos Vilares)

Nacemento: 13/04/1.914

Natural de: Pin, Parroquia de Bruicedo (A Fonsagrada)

As primeiras contradicións que se poden referir da súa biografía comezan pola súa propia cegueira: de nacemento para uns, motivo de ser atacado pola variola na infancia, para outros. Nos seus primeiros anos de vida sufriu ademais unha parálise infantil que lle perduraría durante toda a súa vida e que o obrigaría a ter que valerse de bastóns para camiñar.

Ata finais de 1.927 viviu cos seus pais e irmáns na súa aldea natal. Nese momento, a familia trasládase aos Vilares de Piñeira, na parroquia de Cubilledo, no veciño concello de Baleira. Cando Florencio conta con 14 anos os pais envíano onda Xosé Santamaría, coñecido como O Cego de Baleira, para que poida aprender a cantar e tocar o violín e así asegurarse un medio de vida. Algúns din que para Florencio foi o seu grande mestre, e outros din que esta relación foi fallida e Florencio iniciou e desenvolveu, el só, unha formación autodidacta.

Tras a morte do seu irmán Pascasio foi acollido por Lucita e Manuel, un matrimonio de labregos da Fontaneira (Baleira) cos que viviu os seus últimos dezaseis anos de vida, o que lle fixo ser coñecido por moitos como O Cego da Fontaneira.

Morreu con setenta e dous anos no 1.986. O seu violín foi custodiado por este matrimonio, ata que finalmente acabaría onde hoxe se conserva: Museo Etnográfico Comarcal da Fonsagrada.

Partitura

Muiñeira de Florencio.pdf

Vídeos

A filla de Bartolo

Muiñeira

Audios

Muiñeira

Muiñeira.mp3

O cura de Freixo

O cura de Freixo.mp3

Xota

Xota.mp3