A MULLER DE VITRUVIO

Os alumnos de 2º ESO, a raíz do estudo da proporcionalidade, estiveron a investigar as medidas do corpo humano e as súas proporcións.

Descubriron o grabado de Leonardo da Vinci do Home de Vitruvio e a partires del pensaron en facelo a tamaño natural e como non, tamén facer a nosa "Muller de Vitruvio".

Asimesmo había que comprobar se tiñamos as medidas perfectas ou non, e para iso colleron o metro e foron medindo un a un...

Descubriron conceptos como o número de ouro, a sección áurea e a espiral áurea, que lles gustaron moito e elaboraron varias presentacións sobre estes temas.


COSPACES. Os alumnos crearon mundos virtuais onde traballaron, de diferente maneira, diversos conceptos de proporcionalidade, coa finalidade de crear un xogo que sirva de entreteñemento.