Secundino Castro

Biografía

Nome: Secundino Castro López (Secundino de Tioxán)

Nacemento: 1.910

Natural de: Llencias, San Martín de Suarna (A Fonsagrada).

Naceu en San Martín de Suarna (A Fonsagrada) no ano 1.910, na Casa do Caseiro. Xunto cos seus irmáns, Elvira e Amancio, tivo unha infancia moi dura. Isto obrigouno a pasar a maior parte da súa nenez como criado en distintas casas, recibindo a cambio pouco máis que a comida. Andivo así uns anos, pero como o traballo da labranza non lle gustaba nada, dende o servizo militar aproveitou para meterse na Garda Civil, que daquela tiña unha paga ben pequena.

Non hai coñecemento certo de cando, nin como, nin con quen aprendeu a tocar a gaita, pero si se sabe que foi o gaiteiro que tiña a Banda da Garda Civil en Asturias. Tódolos destino que tivo foron nesa comunidade, ata que no 1.969 se xubilou e voltou para San Martín de Suarna coa súa dona, Guillermina do Tioxán.

Parece ser que esa xubilación tan temperá se debeu a que lle tiña medo a un novo Director Xeral da Garda Civil, que tiña fama de moi duro e disciplinado, o Tenente Coronel Carlos Iniesta Cano.

Como gaiteiro era do mellorciño (ás veces algo asturianizado), cunha precisión dixital incrible. Da súa creación propia deixounos a Muiñeira de Secundino, peza que varios gaiteiros afamados teñen no seu repertorio.

Finou en San Martín de Suarna no ano 1.995.

Partitura

MUIÑEIRA DE SECUNDINO.pdf

Audios

Estes audios, gravados fai anos, están recollidos no Cancioneiro Popular Galego, recollido e ordenado por Dorothé Schubarth e Antón Santamarina.

Muiñeira de Secundino

Muiñeira 1.mp3

Xota de Secundino

Xota 3.mp3