o noso proxecto

Benvidos á Web do Proxecto Piteas do IES Plurilingüe Fontem Albei neste curso 2018/19.

Fonsixgrada é un proxecto educativo en activo que se está a levar a cabo, por parte do alumnado e profesorado do IESP Fontem Albei da Fonsagrada (Lugo), dentro do Proxecto Piteas, programa promovido pola Fundación Barrié coa colaboración da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a participación da Unidade de Altas Capacidades da Universidade de Santiago de Compostela.

No noso centro traballouse, durante este curso , sobre o territorio do propio Concello. Estudáronse as lendas da zona, receitas das nosas avoas e nais, as nosas heroínas, a vida dos nosos gaiteiros, o número áureo, xeomorfoloxía, guía de empresas... fíxose unha caixa de realidade aumentada, unha maqueta de curvas de nivel... Todo isto e moito máis xeolocalizouse nun mapa do noso Concello (de aí o nome do proxecto Fonsixgrada), e pódese ver neste site, e tamén na páxina web do Concello da Fonsagrada.

xeolocalización