Modesto de murias

Biografía

Nome: Modesto Arias (Modesto de Murias)

Nacemento: 1.937

Natural de: Murias dos Vaos (A Fonsagrada)

A día de hoxe segue exercendo a súa tarefa musical.

Conseguiu a súa primeira gaita aos 13 anos, vendeulla un amigo do seu pai e custoulle 250 pesetas.

Conta que cando era novo tocar a gaita tiña moi mala fama. Ser gaiteiro estaba asociado a ser pobre, un folgazán, ou mesmo un borracho, porque ían polas festas animando os bailes.

Ao seu pai non lle parecía ben que Modesto se dedicase á gaita, el quería que o seu fillo traballase no pan, no centeo...

A partir de aí comezou a súa carreira musical polas aldeas da Fonsagrada, Os Oscos, Taramundi, Navia de Suarna, Cangas de Narcea ou calquera punto da provincia onde o reclamasen a el e aos seus diferentes grupos.

Tivo como mestres a Aquilino Fernández e a Manuel Gutiérrez (O Rubio de Xan). Tocou en moitas festas, pero chegou o momento da emigración masiva e as bandas foron desfacéndose. El mesmo tivo que marchar para Barcelona, onde traballou na Deputación durante 30 anos, seguiu tocando a gaita e ensinándolle a novas xeracións que se acercaban ao Centro Galego de Saudade, no barrio de Horta, do que foi un dos seus fundadores.

En 1.997 xubilouse e volveu para A Fonsagrada, retomou as súas tradicionais bandas de gaitas, xunto a outros compañeiros que volvían de Asturias, País Vasco ou Cataluña. Son un grupo de xubilados das comarcas que limitan coa Fonsagrada e Asturias, estes son tamén acompañados por algún músico novo.

Vídeos

Modesto tocando con Nela nunha festa na casa de Constante

Interpretando unha xota

Tocando a Muiñeira de Chantada