LENDAS

Presentámovos aquí un documento onde aparecen recollidas lendas da nosa contorna, do concello da Fonsagrada, pero tamén da comarca máis próxima, sobre todo da zona de Asturias máis cercana dos concellos galegos limítrofes. A tradición popular é un nexo de unión e un selo importante da nosa identidade que non debemos esquecer. Aínda que sabemos que estas lendas se transmitiron oralmente ao longo do tempo, aquí queremos deixalas por escrito para que se conserven e poidan seguir sendo contadas e que haxa para elas un futuro.

Ademais, baseándose nunha destas lendas, a da Fonte Sacra (quizais a máis coñecida e representativa da Fonsagrada). o alumnado de 2º ESO creou un texto dramático breve que logo levaron a escena. Aquí vos mostramos a nosa breve peza de teatro tal e como foi redactada.En todos os obradoiros e na representación de teatro tivemos a inestimable axuda de Dennis Leurink, autor e actor (e pai dunha alumna de 2ª ESO)

LENDAS DA FONSAGRADA..pdf
OBRA TEATRO LENDA_ESCENA NENOS.pdf